Libreoffice Writer, unha alternativa libre a Word. ( Vigo)

Información do curso

Libreoffice Writer, unha alternativa libre a Word. ( Vigo)


Tipo Curso de formación do PAS
Código 53-2012
Nome Libreoffice Writer, unha alternativa libre a Word. ( Vigo)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 10
Información de contacto:  
 · Teléfono 986 818606
 · Fax 986 813903
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 06/09/2012 12:30 - 16/11/2012 23:59
Período de docencia 26/11/2012 - 30/11/2012

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 15

Destinatarios/as

Persoal de administración e servizos incluído no cadro de persoal da Universidade de Vigo tendo preferencia o destinado naquelas unidades, áreas ou postos que utilicen o procesador de texto no seu traballo habitual (deberán facelo constar na solicitude do curso: anexo II).

Obxectivos

Téntase que as persoas asistentes aprendan a usar un procesador de textos correctamente: estruturar un documento, usar estilos,crear e usar modelos, e que poidan portar os coñecementos que teñen en Word á alternativa libre para procesadores de texto de LibreOffice.

Criterios de selección

De existir máis candidatos/as que prazas ofertadas, seguirase a orde alfabética a partir da letra Z vixente para os procesos selectivos na Comunidade Autónoma de Galicia segundo a resolución da Consellería de Facenda de 7 de febreiro de 2012 (DOG do 14 de febreiro) e terase en conta ao persoal que, nos últimos anos, estea gozando ou gozase dunha licenza de maternidade, dun permiso de paternidade, dunha redución de xornada ou dunha excedencia para o coidado de fillas/os ou familiares (Lei 7/2004, do 16 de xullo-DOG 3/08/04). En todo caso terá preferencia o persoal funcionario/fixo sobre o interino/temporal

Calendario

Datas: 26 ao 30 de novembro de 2012.

Horario: 08:30 a 10:30

Lugar: Sala III do Edificio Miralles Campus de Vigo

Programa

  1. A interface do Writer.
  2. A estrutura dun documento.
  3. Os estilos.
  4. Índices e táboas.
  5. Crear e usar modelos.
  6. Extensións de corrección ortográfica.

Observacións

O prazo de inscrición rematará o 16 de novembro de 2012. A inscrición debe efectuarse a través do sitio web da Área de Posgrao Virtual (APV). Para iso, a persoa interesada terá que acceder á páxina de Bubela http://bubela.uvigo.es, introducir o seu nome de usuario/a e clave (de non selo deberá darse de alta), premer no enlace “Catálogo de cursos”, dentro dos cursos ofertados polo Servizo de PAS deberá seleccionar o curso “LibreOffice Writer, unha alternativa libre a Word” e, por último, premer no botón “Preinscribir” na edición correspondente.

No caso de que o horario do curso coincida coa quenda de traballo do/a solicitante, cómpre, o informe favorable do/a xefe/a ou responsable da unidade correspondente a cumprimentar na solicitude do curso (anexo II) que deberá enviarse no prazo de inscrición ao Servizo de PAS a través do fax 986 813903 ou correo electrónico negociadopas03@uvigo.es

Profesorado

Enrique Estévez Fernández e Antón Gómez Méixome, Oficina do Software libre do CIXG.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos