II Xornada de Innovación en Xénero. Docencia e Investigación

Información do curso

II Xornada de Innovación en Xénero. Docencia e Investigación


Tipo Actividade de formación
Código UI00102
Nome II Xornada de Innovación en Xénero. Docencia e Investigación
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Descrición

II XORNADA DE INNOVACIÓN EN XÉNERO. DOCENCIA E INVESTIGACIÓN

Información de contacto:  
 · Teléfono 986813419
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

A II Xornada de Innovación en Xénero. Docencia e Investigación terá lugar na Universidade de Vigo o 14 de decembro de 2012 para impulsar o intercambio de experiencias innovadoras en materia de xénero no campo da docencia e a investigación universitarias.

Os posibles temas de interese inclúen a:

  • Novos métodos de docencia con perspectiva de xénero
  • A investigación en calquera ámbito de coñecemento con perspectiva de xénero.
  • Investigacións novidosas en xénero.
  • Experiencias na aula.
  • Integración da perspectiva de xénero no ensino virtual.
  • Incorporación da dimensión de xénero na titorización.
  • Inclusión da perspectiva de xénero en materias científicas e tecnolóxicas.
  • Linguaxe non sexista aplicada á docencia e á investigación.
  • Visibilización das achegas das mulleres.

Entidades organizadoras

A Unidade de Igualdade en colaboración coa Área de Formación e Innovación Docente da Universidade de Vigo.

Información sobre o calendario (datas)

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 0
Número máximo de participantes 0

Destinatarios/as

Todo o persoal docente e investigador das universidades españolas.

Obxectivos

OBXECTIVOS

Os obxectivos da Xornada son:

  • Servir como punto de encontro e intercambio de experiencias entre persoal docente e investigador das universidades españolas que desenvolve o seu traballo con perspectiva de xénero.
  • Potenciar experiencias innovadoras que inclúan a perspectiva de xénero como un eixe de traballo.
  • Difundir as investigacións en xénero e con perspectiva de xénero.
  • Impulsar a aplicación da transversalidade de xénero como un criterio de excelencia universitaria.
  • Contribuír á transferencia do coñecemento no eido da igualdade.
  • Reflexionar sobre as posibilidades que a innovación en xénero ofrece á docencia e á investigación universitarias.

Criterios de selección

Os traballos que se presenten terán unha extensión máxima de 10 páxinas e deben adecuarse ao formato facilitado pola Unidade de Igualdade.

Todos os relatorios serán revisados por un mínimo de dúas revisoras ou revisores do Comité de Programa.

Na redacción de traballos deberá empregarse unha linguaxe non sexista. As linguas da xornada son o galego e o castelán.

Calendario

A II Xornada de Innovación en Xénero. Docencia e Investigación terá lugar o 14 de decembro de 2012, durante todo o día.

Datas importantes:

Data límite envío de datos da comunicación e traballo completos: 30 de setembro de 2012

Notificación de aceptación/rexeitamento: 05 de novembro de 2012

Envío de traballos revisados: 20 de novembro de 2012

Realización da xornada: 14 de decembro de 2012

Programa

En construción

Modo de pagamento

A inscrición na Xornada é gratuíta.

Impartido en

Salón de graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais e 

Seminario A da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.

Observacións

Tanto a asistencia como a presentación de experiencias recibirán recoñecemento mediante a correspondente acreditación pola Unidade de Igualdade e a Vicerreitoría de Alumnado, Docencia e Calidade da Universidade de Vigo.

Pasaranse dúas follas de sinaturas en cada unha das sesións ( mañá e  tarde). Para ter dereito ao certificado será necesario asinar en 3 das 4 follas.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos