"Máis alá de Google. Como buscar e xestionar información para un traballo académico"
Información do curso
"Máis alá de Google. Como buscar e xestionar información para un traballo académico"
Tipo | Outros cursos | ||||
Código | BIB0103 | ||||
Nome | "Máis alá de Google. Como buscar e xestionar información para un traballo académico" |
|
|||
Modalidade | Virtual asíncrona | ||||
Horas | 30 | ||||
Descrición | O curso pretende dar a coñecer as fontes de información, as técnicas e estratexias axeitadas para a realización dun traballo académico. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986813843 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Descrición
O curso proporcionará aos estudantes as competencias informacionais básicas no acceso, uso e xestión da información, permitíndolle:
- Ser autónomo na busca de información para a realización de traballos.
- Coñecer e usar un maior número de recursos de información fiables e pertinentes.
- Desenvolver a capacidade de crítica e análise fronte a sobreabundancia de información.
- Mellorar a súa capacidade de xestión e organización da información recuperada.
- Facer un uso ético e legal da información, evitando o plaxio nos traballos académicos.
Entidades organizadoras
Biblioteca Universitaria de Vigo
Páxina web do curso
http://webs.uvigo.es/servicios/biblioteca/referencia/cursovirtual.htmlInformación sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 01/10/2012 15:00 - 05/10/2012 23:59 |
---|---|
Período de docencia | 29/10/2012 - 30/11/2012 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 0 |
---|---|
Número máximo de participantes | 25 |
Créditos ECTS | 1 |
Validación de libre elección | 2 |
Destinatarios/as
O curso está aberto ao alumnado matriculado actualmente en estudos oficiais da Universidade de Vigo, aínda que orientado, especialmente, ao alumnado dos últimos cursos (que teñen que realizar traballos de fin de carreira ou fin de grao).
Obxectivos
- Recoñecer a necesidade de información.
- Distinguir tipos de documentos.
- Distinguir fontes de información.
- Identificar os principais recursos de información da Biblioteca Universitaria de Vigo, as súas características e modo de acceso.
- Identificar outros recursos de información na rede de interese académico.
- Elaborar estratexias de busca axeitadas.
- Desenvolver a capacidade de avaliar a información e as fontes.
- Identificar os distintos tipos de xestores bibliográficos e coñecer as súas funcionalidades.
- Elaborar e interpretar citas bibliográficas.
- Usar legal e eticamente a información.
- Crear alertas por correo-e e RSS en distintos recursos de información.
- Identificar e aplicar as funcionalidades da Web social á busca e xestión da información.
Condicións de acceso
Alumnado matriculado en estudos oficiais da Universidade de Vigo.
Criterios de selección
Por orde de inscrición.
Calendario
Do 29 de outubro ao 30 de novembro de 2012
Programa
- A información
- Como buscar información
- Recursos de información na Biblioteca:
- Catálogo
- Bases de datos
- Pórtico
- Revistas-e / SFX
- Libros electrónicos - Outros recursos en internet:
- Dialnet
- Acceso aberto á información científica
- Buscadores científicos - Avaliar a información e as súas fontes
- Como manterse actualizado: Alertas e RSS
- Usar e comunicar a información:
- O uso ético e legal da información
- Citas e referencias bibliográficas: normas e estilos
- Os xestores bibliográficos - A web social
Modo de pagamento
Gratuíto
Impartido en
Faitic
Profesorado
Persoal da Biblioteca Universitaria de Vigo
Sistema de avaliación
No curso hai dous tipos de actividades: obrigatorias e voluntarias, ambas puntúan pero en distinta proporción. É preciso realizar as actividades obrigatorias para superar o curso. A nota final calcularase sobre un máximo de 10, sendo preciso acadar un mínimo de 5 para obter a cualificación de apto.