Curso de reciclaxe de lingua galega

Información do curso

Curso de reciclaxe de lingua galega


Tipo Curso de idiomas
Código ANL00023
Nome Curso de reciclaxe de lingua galega
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Mixta (Presencial e virtual)
Horas 20
Descrición

O curso vai dirixido a todas as persoas que desexen mellorar os seus coñecementos lingüísticos ou repasar cuestións que adoitan resultar máis problemáticas.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986 813 574
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 11/06/2012 00:01 - 07/09/2012 20:00
Período de docencia 17/09/2012 - 08/11/2012

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 15
Número máximo de participantes 35
Créditos ECTS 0
Validación de libre elección 1

Destinatarios/as

Membros da comunidade universitaria e público en xeral.

Criterios de selección

Por rigorosa orde de entrega de documentación.

Calendario

Este curso é semipresencial. Haberá catro clases presenciais que se impartirán os xoves 27 de setembro, 11 de outubro, 25 de outubro e 8 de novembro (de 18.00 a 20.00 h) na Facultade de Filoloxía e Tradución do Campus de Vigo (aula B1).

Programa

PROGRAMA DO CURSO DE RECICLAXE DA LINGUA GALEGA

 

1   O alfabeto

2   A acentuación

     2.1  O acento gráfico

     2.2  O acento diacrítico

3   Os signos de puntuación e outros signos ortográficos

     3.1  Nocións básicas

     3.2  Usos especiais

4   Algunhas cuestións de ortografía

     4.1  O uso das grafías b e v

     4.2  O uso das grafías s e x

     4.3  O uso da grafía h

O tempo estimado para explicar os contidos dos temas anteriores, asimilalos e realizar os exercicios e actividades será de 4 horas. 

5   O xénero e o número

     5.1  O xénero

     5.2  O número

6   Os determinantes

     6.1  O artigo

     6.2  Os indefinidos

     6.3  Os demostrativos

     6.4  Os posesivos

7   Os pronomes

     7.1 Os pronomes persoais

     7.2  Os pronomes relativos, interrogativos e exclamativos

O tempo estimado para explicar os contidos dos temas anteriores, asimilalos e realizar os exercicios e actividades será de 6 horas.

 

8   O verbo

     8.1  Os paradigmas regulares das tres conxugacións

     8.2  Os paradigmas irregulares

     8.3  As diferenzas básicas entre o castelán e o galego

     8.4  O infinitivo conxugado

     8.5  As perífrases verbais

O tempo estimado para explicar os contidos do tema anterior, asimilalos e realizar os exercicios e actividades será de 5 horas. 

9   Os adverbios e as conxuncións

     9.1  Os adverbios

     9.2  As conxuncións

10 As preposicións

11 Os grupos cultos e terminacións de palabras

     11.1  -cia e -cio; -za e -zo

     11.2  -ble e -bel

     11.3  -ería e -aría

     11.4  Outras terminacións e sufixos

O tempo estimado para explicar os contidos dos temas anteriores, asimilalos e realizar os exercicios e actividades será de 5 horas. 

 

 

 

 

 

Modo de pagamento

Gratis para os membros da comunidade universitaria e 40 euros para o público en xeral

Os membros da comunidade universitaria deberán acreditar a súa pertenza á Universidade presentando na Área de Normalización Lingüística, ben persoalmente, ben por correo postal ou electrónico (anl@uvigo.es), unha copia do resgardo de matrícula do curso 2012/2013 ou o xustificante de ser membro do cadro de persoal (cabeceira da nómina).

As persoas que non pertenzan á Universidade deberán pagar e enviar por correo postal ou electrónico o correspondente xustificante. Realizarase en NovaGalicia Banco, no número de conta 2080 0501 12 3110000112:

  • Concepto: código do curso (ANL00023)
  • Importe: 40 euros

As matrículas aceptaranse por orde rigorosa a medida que recibamos a citada documentación.

No caso de cancelación de matrícula, só se devolverán as taxas se se solicita por escrito como mínimo tres días hábiles antes do inicio do curso.

 

Impartido en

Facultade de Filoloxía e Tradución do Campus de Vigo (aula B1).

Sistema de avaliación

É obrigatorio realizar o 100 % das actividades propostas polo profesorado e segundo as normas que este estableza, das cales é necesario superar o 80 %. Ademais, para obter o diploma correspondente cómpre superar o exame final, que será presencial.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos