Curso Cuadrimestral de Alemán para Estudantes de Enxeñaría 2º C - 2011/12

Información do curso

AVISO: Os cursos de idiomas organizados polo Centro de Linguas no curso 2013/2014 están dispoñibles nova web do Centro de Linguas.

Curso Cuadrimestral de Alemán para Estudantes de Enxeñaría 2º C - 2011/12


Tipo Curso de idiomas
Código 964
Nome Curso Cuadrimestral de Alemán para Estudantes de Enxeñaría 2º C - 2011/12
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 45
Descrición

Curso de alemán impartido na Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo

Información de contacto:  
 · Teléfono 986 81 22 50
 · Fax 986 81 86 49
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

O obxectivo xeral consiste en que o alumno alcance, unha vez feitos os cursos A1.1 e A1.2, unha competencia comunicativa correspondente ao nivel A1 definido no Marco Europeo de Referencia para las Lenguas. Para lograr tal obxectivo, nas clases traballaranse as catro destrezas (comprensión y expresión oral e escrita), facendo especial énfase na comprensión e expresión oral (falar, conversar e escoitar).

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 02/01/2012 08:00 - 31/01/2012 14:30
Período de docencia 13/02/2012 - 15/05/2012

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 20
Créditos ECTS 1
Validación de libre elección 2

Destinatarios/as

Este curso está especialmente deseñado para enxeñeiros ou estudantes de enxeñería que queiran iniciarse na aprendizaxe da lingua alemana.

Condicións de acceso

O requisito para acceder ao curso deste nivel é uqe os solicitantes teñan un nivel correspondente ao nivel anterior, esto é, o nivel A1/1. Aquelas/es que non cursaran o nivel anterior (A1/1) no Centro de Linguas farán unha proba de acceso para acreditar os seus coñecementos da lingua. A devandita proba realizaranse o primeiro día do curso e constará das seguintes partes:

  1. Test (elección múltiple) de gramática e vocabulario.
  2. Exercicio de expresión escrita.

Quedarán exentos da realización da proba aqueles solicitantes que posúan algunha das seguintes ceritificacións obtidas nos últimos 3 anos. Os estudantes deberán entregar copia delas aos docentes do curso o primeiro día do curso:

  • Curso do Goethe Institut correspondente ao nivel A1/1
  • Materias cursadas de alemán (6 créditos)
  • Curso intensivo de alemán A1.1 para alumnos de intercambio e outros interesados do Centro de Linguas.

Obxectivos

Niveis A1.2:

O obxectivo xeral consiste en que o alumno alcance, unha vez feitos os cursos A1.1 e A1.2, unha competencia comunicativa correspondente ao nivel A1 definido no Marco Europeo de Referencia para las Lenguas. Para lograr tal obxectivo, nas clases traballaranse as catro destrezas (comprensión y expresión oral e escrita).

Programa

NIVEL A1.2:

-Beruf und Arbeit. O traballo e as profesións. Falar das profesións, dar formación académica e profesional, comprender ofertas de emprego nun periódico.

-In einer fremden Stadt. Nunha cidade estranxeira. Obter información nunha oficina de turismo e na recepción de un hotel, expresar obriga, dar unha orde.

-Gesundheit. A saúde. Falar das miñas doenzas, concertar unha cita no médico, dar consellos e recomendacións.

-In der Stadt unterwegs. Na cidade. Describir o camino para chegar a un sitio, localizar no espacio, identificar medios de transporte, comprender horarios dos transportes.

-Der Kunde ist König. Servizos. Describir os problemas de algún aparato e chamar ó servicio técnico, facer peticións formais, expresións temporais.

-Neue Kleider. A vestimenta. Compra roupa, expresar posesión, expresar gustos e preferencias, pedir axuda nos grandes almacéns.

-Feste. Celebracións. Coñecer festas típicas en Alemania, felicitar a alguén, comprender unha invitación a aceptala ou rechazala, expresar causa, informar da data.

Calendario

HORARIO: martes e xoves de 14.00 a 16.00 horas: Seminario Ciencias Mater. (S.C.M.)

  • Febreiro: 14, 16, 23, 28
  • Marzo: 1, 6, 8, 13, 15, 20, 22, 27, 29
  • Abril: 10, 12 17, 19, 24, 26
  • Maio: 3, 8, 10, 15

Modo de pagamento

Prezo:

  • Membros da comunidade universitaria de Vigo: 135€
  • Público xeral: 180€
  •  

O pagamento realizarase no Banco Santander, no número de conta 0049 6141 98 2510007984 indicando o código do curso: 964

Impartido en

Escola Universitaria de Enxeñería Industrial (Sede Campus): Seminario S.C.M.

Observacións

Pasos para matricularse nos cursos do Centro de Linguas:

1. Darse de alta como usuario en https://bubela.uvigo.es . Se xa es usuario, só é necesario facer a inscrición online.
2. Facer a inscrición online seguindo os pasos que se indican.
3. Pagar as taxas no Banco Santander, indicando o código do curso no que se matricula. O número de conta é 0049 6141 98 2510007984 .
4. Facer chegar ao Centro de Linguas a documentación requirida (véxase máis abaixo) de tres maneiras: vía fax ao número 986 818649, escaneado ao correo electrónico centrodelinguas@uvigo.es ou ben en persoa na oficina do Centro de Linguas na Facultade de Filoloxía e Tradución (no Pavillón Central).
5. A matrícula confírmase a través dunha mensaxe de correo electrónico. Se non se recibe antes da finalización do período de preinscrición e matrícula recomendamos poñerse en contacto co Centro de Linguas.

*Documentación requirida:

  • Impreso de matrícula xerado unha vez feita a inscripción online.
  • Fotocopia do DNI.
  • Xustificante de ingreso bancario.
  • No seu caso, xustificante de ser membro da comunidade universitaria (impreso de matrícula universitaria ou copia de contrato).
  • Os alumnos de intercambio terán que entregar, ademais, un documento que xustifique a súa participación nun programa de intercambio da ORI o vindeiro curso.

As prazas asignaranse por estricta orde de matrícula (momento en que se faga chegar a documentación ao Centro de Linguas).

Devolución de matrícula(descargar impreso aquí)

Para a devolución de matrícula séguense os seguintes criterios:

  1. Procederá devolución do importe íntegro da matrícula cando, por causas non imputables aos usuarios, non se realice a actividade.
  2. Non obstante o declarado no punto anterior, o Centro pode devolver o importe en casos especiais que considere xustificados, sempre que se solicite por escrito á Fundación Universidade de Vigo, alo menos tres días antes da data de inicio dos cursos. Cando se considere xustificada a devolución, o Centro reterá 12 euros en concepto de gastos de xestión.
  3. Considérase que procede a devolución nos casos seguintes, sempre que os mesmos se produzan coa antelación especificada no punto anterior e se xustifiquen debidamente:
  • Cando se produza a sinatura dun contrato laboral que implique incompatibilidade horaria co curso matriculado, sempre que non resulte posible a adscripción a outro curso similar. Debe adxuntarse copia do contrato de traballo.
  • Por causa de accidente ou enfermidade que imposibilite seguir con regularidade o desenvolvemento do curso. Debe aportarse xustificante médico.

4. En ningún caso se devolverá o importe da matrícula unha vez iniciadas as clases.

Titulación

Diploma de asistencia no que se especifica o número de horas e créditos. Para a súa obtención, é necesario asistir a un 85% das clases como mínimo.

Diploma acreditativo de nivel A1 acadarase ao final do segundo cuadrimestre tras superar o exame correspondente.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos