I Xornada de Innovación Educativa en Xénero

Información do curso

I Xornada de Innovación Educativa en Xénero


Tipo Actividade de formación
Código UI00101
Nome I Xornada de Innovación Educativa en Xénero
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Descrición

I XORNADA DE INNOVACIÓN EDUCATIVA EN XÉNERO

Información de contacto:  
 · Teléfono 986813419
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

A I Xornada de Innovación Educativa en Xénero organízase para impulsar o principio de transversalidade da igualdade de xénero na docencia universitaria.

Entidades organizadoras

Unidade de Igualdade en colaboración coa Área de Innovación Educativa da Vicerreitoría de Alumnado, Docencia e Calidade.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 17/11/2011 16:00 - 11/12/2011 00:00
Período de docencia 16/12/2011 - 16/12/2011

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 0
Número máximo de participantes 100

Destinatarios/as

Todo o persoal docente e investigador de calquera universidade.

Obxectivos

 

Servir como punto de encontro e intercambio de experiencias de persoal docente e investigador da Universidade de Vigo que xa ten introducido a perspectiva de xénero na súa docencia, sexa cal sexa o seu ámbito de coñecemento, e o que teña pensado incorporala proximamente.

Aproveitaranse os exemplos de programas de materias que xa ten incorporada a perspectiva de xénero e servirá para reflexionar sobre as boas prácticas a seguir.

Calendario

A Xornada terá lugar durante o día 16 de decembro na sala de graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.

Programa

9.30 - 9.45 Inauguración oficial da Xornada polo vicerreitor de Alumnado, Docencia e Calidade

9.45-11.00  Lección inaugural a cargo de Eulalia Pérez Sedeño, investigadora do CSIC,  titulada Innovación educativa, xénero e innovación oculta

11.00-11.30 Pausa para café

11.30- 14.30 Presentación das comunicacións do Ámbito Humanístico na aula seminario 8

-11.30 A intérprete en primeira persoa, Lara Domínguez Araújo.

-12.00 A adecuación da perspectiva de xénero na aprendizaxe de segundas linguas (L2) ,Mónica Novegil Souto, María Montserrat Cruz González e Francisco Javier Sánchez Sellero.

-12.30 A formación en xénero e o xénero na formación: unha achega feminista sobre a elaboración do plano de estudos do Grao en Linguas Estranxeiras, Belén Martín Lucas.

-13.00 O rol da muller a través da fraseoloxía galega, Rebeca Lema Martínez.

- 13.30 Expectativas profesionais e laborais das alumnas de Belas Artes, estereotipos e prexuízos, Silvia García González.

-14.00 Da teoría á práctica: aulas con perspectiva feminista, María Jesús Fariña Busto.

11.30 - 14.30 Presentación de comunicacións do Ámbito Xurídico-Social na sala de graos

-11.30 A igualdade e non discriminación por razón de xénero na docencia de Dereito Constitucional: unha aprendizaxe e actitud para toda a vida, Noemí García Gestoso

-12.00 Aplicación dunha perspectiva de xénero ás prácticas das asignaturas Dirección de Recursos Humanos e Fundamentos de Administración do Grao en Administración e Direccion de Empresas, María Montserrat Cruz González, Mónica Novegil Souto e Francisco Javier Sánchez Sellero.

- 12.30 A introdución da perspectiva de xénero na docencia a través da asignatura: Gobernos locais do Grao de Dirección e Xestión da Administración Pública, Rosa María Ricoy Casas.

-13.00 Xénero e argumentación xurídica, Pablo Raúl Bonorino Ramírez

- 13.30 Psicoloxía, xénero e educación, F. Javier Álvarez Lires

-14.00 Incorporación da perspectiva de xénero na docencia de Socioloxía, Luz Varela Caruncho e Amada Traba Díaz.

16.00 - 18.00 Presentación das restantes comunicacións do Ámbito Xurídico-Social e dunha do Ámbito Científico  na sala de graos

-16.00 Introdución da perspectiva de xénero na Área de Didáctica das Ciencias Experimentais, María M. Álvarez Lires, Azucena Arias Correa e Mercedes Varela Losada.

- 16.30 Os Gender and Science Studies e achegas das mulleres á ciencia e ás tecnoloxías, María M. Álvarez Lires, Uxío Pérez Rodríguez e José Francisco Serrallé Marzoa.

-17.00 Xénero e educación social. Experiencias singulares na introdución da perspectiva de xénero en materias de Filosofía, Carmen Armada Olleros e Purificación Mayobre Rodríguez

-17.30 Matemáticas na historia das Matemáticas e no teatro científico: experiencias docentes, Miguel Ángel Mirás Calvo e Carmen Quinteiro Sandomingo.

18.00- 18.30 Conclusións da Xornada por Mar F. Cendón 

18.30 Clausura

 

Modo de pagamento

A inscrición é gratuíta

Impartido en

Facultade de Ciencias Económicas e Empresarias do campus vigués.

Observacións

Certificado de asistencia:

A asistencia recibirá recoñecemento mediante a correspondente acreditación pola Vicerreitoría de Alumnado, Docencia e Calidade.

Pasaranse dúas follas de sinaturas en cada unha das sesións ( mañá e  tarde). Para ter dereito ao certificado será necesario asinar en 3 das 4 follas.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos