Curso Cuadrimestral de Portugués 2º C - 2011/12

Información do curso

AVISO: Os cursos de idiomas organizados polo Centro de Linguas no curso 2013/2014 están dispoñibles nova web do Centro de Linguas.

Curso Cuadrimestral de Portugués 2º C - 2011/12


Tipo Curso de idiomas
Código 919
Nome Curso Cuadrimestral de Portugués 2º C - 2011/12
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 55
Descrición

Curso de portugués impartido nos seguintes niveis:

  • elemental (A2)
  • intermedio baixo (B1)
  • intermedio alto (B2)
  • avanzado (C1)- cancelado
Información de contacto:  
 · Teléfono 986 81 22 50
 · Fax 986 81 86 49
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 02/01/2012 08:30 - 31/01/2012 14:30
Período de docencia A partir do 13/02/2012

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 20
Créditos ECTS 1
Validación de libre elección 2

Obxectivos

Nivel elemental (A2):

Este nivel destínase a alumnos non portugueses que pretendan iniciarse na aprendizaxe da lingua portuguesa, e ten como obxectivos xerais a adquisición de coñecementos que permitan desenvolver as competencias orais e escritas nun nivel básico (correspondencia co nivel A2 estabelecido polo Marco Común Europeo de Referencia).

Nivel intermedio baixo (B1):

Este nivel destínase a alumnos non portugueses que pretendan  continuar, reforzar e ampliar os seus coñecementos básicos da lingua portuguesa, desenvolvendo as competencias orais e escritas que corresponden ao nivel B1 estabelecido polo Marco Común Europeo de Referencia e axustándose ás competencias linguísticas reais, inseridas en diferentes contextos e situacións comunicativas.

Nivel intermedio alto (B2):

Este nivel prepara aos estudantes para o Diploma Intermédio de Português Língua Estrangeira (DIPLE). Este curso correspóndese co nivel B2 do Marco Europeo Común de Referencia,  que debe conferir ao alumno un grado de independencia que lle permita interactuar nun conxunto variado de situacións comunicativas.

Nivel avanzado (C1):

Neste nivel os alumnos profundizarán o aprendido nos cursos anteriores e tomarán consciencia da relación intrínseca da lingua coa cultura, a través de formas idiomáticas, da literatura, do cinema, dos medios de comunicación, de cuestións políticas e sociais, etc. Este nivel correspóndese co nivel C1 do Marco Común Europeo.

Condicións de acceso

Todos aqueles alumnos que non cursaran o nivel anterior no Centro de Linguas (excepto os matriculados no nivel A2), terán que facer una proba de nivel o día 1 y 2 de febrero ás 18.00 horas no Instituto Camões .

Calendario

CAMPUS DE VIGO

  • Nivel A2:
    • Grupo 1: luns e mércores de 16.30 a 18.30
    • Grupo 2: martes e xoves de 18.30 a 20.30
  • Nivel B1:
    • Grupo 1: luns e mércores de 18.30 a 20.30 
    • Grupo 2: martes e xoves de 16.30 a 18.30
  • Nivel B2:
    • Grupo 1: luns e mércores de 16.30 a 18.30
    • Grupo 2: martes e xoves de 18.30 a 20.30- Grupo Cancelado
  • Nivel C1: luns e mércores de 18.30 a 20.30- Grupo Cancelado

Programa

Ao final do curso, os alumnos serán capaces de:

NIVEL ELEMENTAL (A2) 

- Interactuar de forma comprensible en situacións de comunicación cotiás, utilizando frases simples, usuais e adecuadas á situación de comunicación.

- Adquirir as competencias básicas para poder comprender textos simples, orais e escritos, sobre temas cotiáns e familiares, como por exemplo, informacións persoais, traballo, familia, compras.

- Adquirir e utilizar coñecementos básicos relativos ás características fonéticas, estructurais e funcionais da lingua portuguesa para poder producir mensaxes simples e usuais en situacións de comunicación cotiás sobre asuntos prioritarios, como por exemplo, describir unha persoa, un local, un obxecto, falar da sua formación, do seu entorno, da súa rutina diaria e intereses persoais.

 NIVEL INTERMEDIO BAIXO (B1)

- Desenvolver estratexias persoais de comunicación e aprendizaxe que permitan interactuar cos medios dos que se dispón, adecuando o nivel de lingua a diferentes tipos de situacións comunicativas e contextos discursivos.

- Consolidar e ampliar a competencia discursiva, a fin de favorecer a comprensión e producción de mensaxes.

- Consolidar e ampliar os coñecementos básicos adquiridos no primeiro nivel sobre as características fonéticas, estructurais e funcionais da lingua portuguesa para producir mesaxes comprensibles, interpretar correctamente as mensaxes recibidas e adquirir novos coñecementos a partir de documentos auténticos, lidos ou ouvidos, en lingua portuguesa.

- Ampliar os coñecementos básicos sobre aspectos da cultura e da sociedade da lusofonia, e en especial de Portugal, para interactuar de forma adecuada en situacións comunicativas cotiás.

 NIVEL INTERMEDIO ALTO (B2)

-Desenvolver mecanismos lingüístico-comunicativos, nomeadamente de recoñecemento e uso das principais estructuras léxico-sintáticas e sintático-semánticas da lingua, que lle permite ter unha maior flexibilidade e capacidade para usar a lingua en situacións menos previsibles

-Recorrer a estratexias de comunicación e posuír unha maior consciencia de rexistros (formal/informal) e convencións sociais, o que permite desenvolver mecanismos de adecuación sociocultural, ampliando, consequentemente, a súa competencia comunicativa.

-Recoñecer e comezar a usar os xiros idiomáticos máis comúns, desde que o núcleo sexa coñecido.

-A comprensión dos textos orais e escritos vai alén da mera comprensión da información factual, sendo capaz de distinguir elementos principais de secundarios. Ser capaz de producir textos de varios tipos.

-Traballar en contextos nos que o portugués é a lingua de traballo. Nos contextos nos que o portugués é asemade lingua de traballo e de comunicación, pode haber aínda moitas dificultades.  

-Poder frecuentar cursos académicos en portugués (por exemplo, no ámbito de intercambios universitarios) ou outros.

NIVEL AVANZADO (C1)

-Comprender exposicións longas ou conferencias.

-Comprender textos longos e complexos, literarios ou non literarios.

-Comprender artigos especializados e instruccións técnicas longas.

-Conversar con fluidez e espontaneidade.

-Utilizar a lingua portuguesa de maneira flexible e eficaz para fins sociais ou en contextos públicos, de educación ou profesionais.

-Escribir textos de forma clara e pormenorizada.

-Escribir relatorios e textos ensaísticos.

-Desenvolver a competencia comunicativa na lingua portuguesa.

Modo de pagamento

Prezo:

  • Membros da comunidade universitaria de Vigo: 155€
  • Público xeral: 200€

O pagamento realizarase no Banco Santander, no número de conta 0049 6141 98 2510007984 indicando o código do curso: 919

Impartido en

  • Vigo: Instituto Camões (Praza do Tenente Almeida – Casco Vello)

Observacións

Pasos para matricularse nos cursos do Centro de Linguas:

1. Darse de alta como usuario en https://bubela.uvigo.es . Se xa es usuario, só é necesario facer a inscrición online.
2. Facer a inscrición online seguindo os pasos que se indican.
3. Pagar as taxas no Banco Santander, indicando o código do curso no que se matricula. O número de conta é 0049 6141 98 2510007984 .
4. Facer chegar ao Centro de Linguas a documentación requirida (véxase máis abaixo) de tres maneiras: vía fax ao número 986 818649, escaneado ao correo electrónico centrodelinguas@uvigo.es ou ben en persoa na oficina do Centro de Linguas na Facultade de Filoloxía e Tradución (no Pavillón Central).
5. A matrícula confírmase a través dunha mensaxe de correo electrónico. Se non se recibe antes da finalización do período de preinscrición e matrícula recomendamos poñerse en contacto co Centro de Linguas.

*Documentación requirida:

  • Impreso de matrícula xerado unha vez feita a inscripción online.
  • Fotocopia do DNI.
  • Xustificante de ingreso bancario.
  • No seu caso, xustificante de ser membro da comunidade universitaria (impreso de matrícula universitaria ou copia de contrato).
  • Os alumnos de intercambio terán que entregar, ademais, un documento que xustifique a súa participación nun programa de intercambio da ORI o vindeiro curso.

As prazas asignaranse por estricta orde de matrícula (momento en que se faga chegar a documentación ao Centro de Linguas).

Devolución de matrícula(descargar impreso aquí)

Para a devolución de matrícula séguense os seguintes criterios:

  1. Procederá devolución do importe íntegro da matrícula cando, por causas non imputables aos usuarios, non se realice a actividade.
  2. Non obstante o declarado no punto anterior, o Centro pode devolver o importe en casos especiais que considere xustificados, sempre que se solicite por escrito á Fundación Universidade de Vigo, alo menos tres días antes da data de inicio dos cursos. Cando se considere xustificada a devolución, o Centro reterá 12 euros en concepto de gastos de xestión.
  3. Considérase que procede a devolución nos casos seguintes, sempre que os mesmos se produzan coa antelación especificada no punto anterior e se xustifiquen debidamente:
  • Cando se produza a sinatura dun contrato laboral que implique incompatibilidade horaria co curso matriculado, sempre que non resulte posible a adscripción a outro curso similar. Debe adxuntarse copia do contrato de traballo.
  • Por causa de accidente ou enfermidade que imposibilite seguir con regularidade o desenvolvemento do curso. Debe aportarse xustificante médico.

4. En ningún caso se devolverá o importe da matrícula unha vez iniciadas as clases.

Titulación

Diploma acreditativo de nivel para aqueles alumnos que superen o exame ao final do primeiro cuadrimestre. Diploma de asistencia para aqueles alumnos que non superen o exame final pero asistan a un 85% das clases como mínimo.

Profesorado

Nativo, titulado e cunha grande experiencia docente.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos