OBRADOIRO: VOLUNTARIADO E EVENTOS DEPORTIVOS

Información do curso

OBRADOIRO: VOLUNTARIADO E EVENTOS DEPORTIVOS


Tipo Outros cursos
Código 2011730
Nome OBRADOIRO: VOLUNTARIADO E EVENTOS DEPORTIVOS
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Mixta (Presencial e virtual)
Descrición

O curso pretende proporcionar unha formación básica e habilidades para desenvolver unha acción voluntaria dentro dun evento deportivo. Consistirá en 20 horas de formación on-line e 10 horas presenciais, 5 teóricas e 5 prácticas.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986-812182
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Entidades organizadoras

Servizo de Deportes e Vicerreitoría Campus Pontevedra

Información sobre o calendario (datas)

Período de preinscrición 26/09/2011 19:46 - 21/10/2011 14:00
Período de matrícula 26/09/2011 19:46 - 20/10/2011 14:00

Destinatarios/as

Persoas interesadas na organización, preparación e participación en eventos deportivos

Obxectivos

1.-Afondar nas vías de participación do voluntariado no ambito da actividade deportiva e o deporte en xeral

2.-Desenvolver habilidades e actitudes para o traballo en equipo e o trato con persoas e colectivos

3.-Presentar as pautas básicas para a organización e o desenvolvemento de actividades e eventos deportivos

Calendario

A PARTE TEÓRICA DO CURSO DESENVOLVESE DE FORMA ON LINE A TRAVÉS DA PLATAFORMA TEMA, MEDIANTE O ACCESO AOS TEMAS E Á RESOLUCIÓN DOS EXERCICIOS PLANTEXADOS PARA CADA TEMA NO PRAZO ESTABLECIDO.

 A MAIORES, HABERÁ UNHA SESIÓN TEÓRICA PRESENCIAL CONCENTRADA NUN UNICO DIA . A PARTE PRÁCTICA DO CURSO CONSISTIRÁ NA PARTICIPACIÓN COMO VOLUNTARIO NUN EVENTO DEPORTIVO, A ELIXIR ENTRE VARIAS DATAS POR PARTE DO ALUMNO.

Programa

 Tema 1: Introdución ao voluntariado: concepto e perfil, dereitos e deberes, motivacións. (Carmen Veleiro)

  Tema 2: Formación en aspectos de seguridade, emerxencias e primeiros auxilios. (Diego Alonso)

  Tema 3: Organizacións deportivas e áreas organizativas en eventos deportivos. (Javier Rial)

  Tema 4: Ferramentas para o voluntariado: habilidades sociais e de comunicación, traballo en equipo. (Carmen Veleiro)

  Tema 5: Formación básica en protocolo deportivo.(Carmen Veleiro)

  Tema 6: Espazos e instalacións deportivas. (Diego Alonso)

  Tema 7: Voluntariado e intervención social a través do deporte: discapacidade, terceira idade, menores, inserción social. (Javier Rial)

Modo de pagamento

 UNHA VEZ FEITA A PREINSCRICIÓN  NO OBRADOIRO A TRAVÉS DA PLATAFOMA BUBELA, CHEGARÁ AO ALUMNADO ADMITIDO UN MAIL DE CONFIRMACIÓN, NO QUE SE LLE INDICARÁN AS DATAS NAS QUE DEBE FACER A SÚA MATRÍCULA DEFINITIVA. PARA ISO, DEBERÁ PAGAR O IMPORTE ESIXIDO (50  euros, 25% de desconto para membros da comunidade universitaria). NA ENTIDADE BANCARIA NOVACAIXAGALICIA, INDICANDO O CÓDIGO DO OBRADOIRO (2011730).

UNHA VEZ FEITO O PAGO, DEBERÁ REMITIR AO MAIL CARMEN.VELEIRO@UVIGO.ES COPIA DO ANTERIOR PAGAMENTO NO BANCO, COPIA DE DNI E, DE SER O CASO, DOCUMENTO QUE ACREDITE A SÚA CONDICIÓN (membros da comunidade universitaria).

RECIBIDA E EXAMINADA A DOCUMENTACIÓN, SERÁ ENVIADO UN MAIL NO QUE SE CONFIRMARÁ QUE A SÚA MATRÍCULA É DEFINITIVA E DARÁSELLE ACCESO Á PLATAFORMA TEMA, ONDE SE DESENVOLVERÁ O CURSO.

Impartido en

PLATAFORMA TEMA

Profesorado

PERSOAL DO SERVIZO DE DEPORTES

Sistema de avaliación

RESOLUCIÓN DE EXERCICIOS A TRAVÉS DA PLATAFORMA TEMA NOS PRAZOS INDICADOS POLA COORDINACIÓN DO CURSO

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos