Curso de extensión cultural
Información do curso
Curso de extensión cultural
Tipo | Curso de idiomas | ||||
Código | ANL00007 | ||||
Nome | Curso de extensión cultural |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Horas | 75 | ||||
Descrición | Curso presencial dirixido a estudantes de programas de intercambio validable por 2 créditos (ECTS). |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986 813 574 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
|
Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 01/09/2011 00:01 - 30/09/2011 14:00 |
---|---|
Período de docencia | 27/09/2011 - 19/01/2012 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 10 |
---|---|
Número máximo de participantes | 35 |
Créditos ECTS | 2 |
Destinatarios/as
Estudantes de programas de intercambio.
Criterios de selección
Por rigorosa orde de matriculación.
Programa
CURSO DE EXTENSIÓN CULTURAL
Unidade 1
1. Galicia, un país atlántico
2. Audición: “Galicia” (letra: Manuel María/ música: Suso Vaamonde)
3. Situación
4. A paisaxe. O clima
5. Relevo e xeoloxía
6. Comarcas, parroquias e aldeas
7. A aldea no cine. Proxección: “Mamasunción” de Chano Piñeiro
8. Saudar e presentarse. Fórmulas usuais de saúdo e despedida
O tempo estimado para a explicar os contidos, asimilaren e realizaren os exercicios e actividades propostas polo docente será de cinco horas.
Unidade 2
1. País e nacionalidade. A entrevista
2. O abecedario
3. Pronuncia de N e NH
4. O artigo
5. O presente de indicativo
6. Os numerais
7. Léxico. Estados de ánimo
8. A literatura galega na Idade Media
9. Audición: poemas medievais cantados por Amancio Prada e polo grupo de música antiga Martín Códax
10. Audición: “Quen poidera namorala”, cantado por Luís Emilio Batallán.
O tempo estimado para a explicar os contidos, asimilaren e realizaren os exercicios e actividades propostas polo docente será de sete horas.
Unidade 3
1. A lingua galega. Territorios nos que se fala
2. Orixe e breve historia
3. Competencia e usos
4. As contraccións do artigo
5. Os pronomes persoais de suxeito
6. O futuro de indicativo
7. A idade e o estado civil
8. Léxico: as profesións e os lugares de traballo
9. Proxección: “Contar”
10. A literatura galega durante os Séculos Escuros e o Prerrexurdimento
O tempo estimado para a explicar os contidos, asimilaren e realizaren os exercicios e actividades propostas polo docente será de seis horas.
Unidade 4
1. As tradicións ligadas ao outono
2. A vendima
3. A matanza
4. Proxección: “Amor serrano”
5. O magosto
6. A formación do plural
7. A expresión dos gustos e preferencias
8. Léxico: as partes do corpo
9. A literatura galega do Rexurdimento
10. Rosalía de Castro
11. Audición: poemas de Rosalía de Castro cantados por Amancio Prada e Luís Emilio Batallán
O tempo estimado para a explicar os contidos, asimilaren e realizaren os exercicios e actividades propostas polo docente será de cinco horas.
Unidade 5
1. O cine en Galicia. Breve historia
2. O cinema actual
3. Proxección: “Entre bateas”
4. O xénero
5. A expresión do tempo. As horas
6. Días da semana
7. Meses do ano
8. Estación do ano
9. Adverbios de tempo
10. Léxico: as prendas de vestir
O tempo estimado para a explicar os contidos, asimilaren e realizaren os exercicios e actividades propostas polo docente será de sete horas.
Unidade 6
1. A arquitectura galega
2. Proxección. Proxecto Terra: “A arquitectura popular en Galicia”
3. Proxección. Proxecto Terra: “Identidade territorial”
4. Proxección. Proxecto Terra: “Arquitectura para a fin dun século”
5. Os determinantes demostrativos
6. A expresión do lugar
7. Adverbios de lugar
8. Léxico: a casa
9. As construcións anexas. A palleira, o alpendre, etc.
10. Manuel Curros Enríquez
11. Audición: “Aí vén o maio”, cantado por Luís Emilio Batallán
O tempo estimado para a explicar os contidos, asimilaren e realizaren os exercicios e actividades propostas polo docente será de cinco horas.
Unidade 7
1. As tradicións ligadas ao Nadal
2. O tizón de Nadal
3. O acivro
4. As rondallas, as panxoliñas e os cantos de Reis
5. As comidas do Nadal
6. Audición: cantigas de Nadal
7. Os posesivos
8. Léxico: diferentes tipos de vivendas
9. Eduardo Pondal
10. O himno galego
11. Audición: himno galego
O tempo estimado para a explicar os contidos, asimilaren e realizaren os exercicios e actividades propostas polo docente será de seis horas.
Unidade 8
1. As tradicións ligadas ao San Xoán
2. O lume purificador. Cacharelas e meigas
3. A queimada. O esconxuro
4. As herbas máxicas e o cacho
5. Baños de fertilidade e auga purificadora
6. Falcatruadas de San Xoán
7. O pretérito e copretérito de indicativo
8. Léxico da casa: a cociña, o aseo e o cuarto de baño
9. A literatura do século XX
10. Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
O tempo estimado para a explicar os contidos, asimilaren e realizaren os exercicios e actividades propostas polo docente será de seis horas.
Unidade 9
1. As tradicións ligadas ao maio
2. Maios e coroas
3. Cantigas do maio
4. Os curros ou rapas
5. Principais curros galegos
6. O pospretérito e o antepretérito de indicativo
7. A gastronomía galega
8. Léxico: os alimentos vexetais
9. Peixes, mariscos e carnes
10. A literatura actual
11. Xosé Luís Méndez Ferrín
O tempo estimado para a explicar os contidos, asimilaren e realizaren os exercicios e actividades propostas polo docente será de seis horas.
Unidade 10
1. As tradicións ligadas ao Entroido
2. Os peliqueiros de Laza
3. Os cigarróns de Verín
4. As pantallas de Xinzo
5. Os boteiros de Viana do Bolo e Vilariño de Conso
6. Os volantes de Chantada e o oso da Pobra de Brollón
7. Outros entroidos: os xenerais do Ulla, as madamas e galáns de Cobres, o Urco e o Ravachol de Pontevedra…
8. O presente e o pretérito de subxuntivo
9. A literatura actual: Manuel Rivas
10. Proxección: “O lapis do carpinteiro” de Antón Reixa
11. A música galega: de Martín Codax a Dios Ke te Crew
12. Audicións: Aires da Terra, Andrés do Barro, Fuxan os ventos, A Quenlla, Milladoiro, Marful, The Homens, Fanny & Alexander, Narf, Nordestinas, Loretta Martin, Mercedes Peón, Dios Ke te Crew
O tempo estimado para a explicar os contidos, asimilaren e realizaren os exercicios e actividades propostas polo docente será de seis horas.
O curso ten carácter presencial. As clases, que se impartirán os martes e os xoves de 16.00 a 18.30, comezarán o día 27 de setembro de 2011 e rematarán o 19 de xaneiro de 2012.
Ademais realizaranse as seguintes visitas culturais (15 horas restantes):
1) Vigo–San Cibrao de Las (citania)–Celanova/Bande (arte prerromana)–Allariz (museos) –Oseira (mosteiro e Museo Liste).
2) Vigo–Pontevedra (gótico e barroco urbanos)–Santiago (Museo do Pobo Galego, Televisión Galega, zona histórica).
3) Vigo-Catoira-Ribeira-Porto do Son-Noia-Muros-Costa da Morte.
4) Visitas curtas polos arredores de Vigo para coñeceren arte prerromana, románica e gótica, adegas de viño albariño, museos, furanchos tradicionais, paisaxes, arquitectura popular, festas e romaxes etc.
Concertos de música galega, contacontos, encontros con escritores en lingua galega, conversas con persoeiros da cultura galega etc.
Calendario
As clases impartiranse os martes e os xoves, do 27 de setembro de 2011 ao 19 de xaneiro de 2012, de 16.00 a 18.30 horas.
Modo de pagamento
Gratuíto para todos os membros da comunidade universitaria.
Impartido en
Facultade de Filoloxía e Tradución (Campus de Vigo). Poderán realizarse no Campus de Pontevedra e Ourense de se reunir un número mínimo de dez persoas.
- Campus de Vigo: Facultade de Filoloxía e Tradución, aula A3, de 16.00 a 18.30 h (martes e xoves)
- Campus de Ourense: Facultade de Dereito, seminario 0.1, de 16.00 a 19.00 h (luns e mércores). Data de comezo: 10 de outubro
Sistema de avaliación
Para obter o diploma correspondente, requírese a asistencia ao 80 % das clases presenciais, ademais de superar a proba de avaliación establecida polo profesor/a.