Curso Cuadrimestral de Inglés 1º C - 2011/12
Información do curso
AVISO: Os cursos de idiomas organizados polo Centro de Linguas no curso 2013/2014 están dispoñibles nova web do Centro de Linguas.
Curso Cuadrimestral de Inglés 1º C - 2011/12
Tipo | Curso de idiomas | ||||
Código | 906 | ||||
Nome | Curso Cuadrimestral de Inglés 1º C - 2011/12 |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Horas | 55 | ||||
Descrición | Curso de inglés impartido en Vigo, Pontevedra e Ourense |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986 81 22 50 | ||||
· Fax | 986 81 86 49 | ||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
|
Descrición
Neste curso traballaranse as catro destrezas comunicativas: listening, speaking, reading e writing. Ofrécense catro niveis:
- A2.1 (elemental)
- B1.1 (intermedio baixo)
- B2.1 (intermedio alto)
- C1.1 (avanzado)
Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 11/07/2011 08:30 - 23/09/2011 14:30 |
---|---|
Período de docencia | A partir do 26/09/2011 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 10 |
---|---|
Número máximo de participantes | 20 |
Créditos ECTS | 1 |
Validación de libre elección | 2 |
Destinatarios/as
Persoas maiores de 16 anos interesadas en mellorar a súa competencia en lingua inglesa.
Obxectivos
Nivel A2 (elemental)
Curso dirixido ao público con coñecementos básicos de inglés. O obxectivo final é que o alumnado sexa capaz de comprender e expresar, tanto oralmente como por escrito, opinións e necesidades sinxelas en contextos coñecidos (e.g. cumplimentar formularios, escribir cartas ou postais con mensaxes breves; entender información sobre temas coñecidos contida en productos, anuncios, libros de texto e informes sinxelos; expresar oralmente preferencias, opinións e necesidades sinxelas).
Nivel B1 (intermedio baixo)
Curso de inglés dirixido ao público con nivel elemental interesado en mellorar a súa competencia na lingua inglesa. O obxectivo final é defenderse na mayoría das situacións comunicativas cotiás. O curso consistirá en clases prácticas onde se integren a comprensión e expresión orais, a comprensión e expresión escritas, a gramática e o léxico nunha variedade de ejercicios e tarefas que simularán situacións comunicativas dos ámbitos cotián e profesional. A práctica gramatical complementarase coas explicacións teóricas necesarias.
Nivel B2 (intermedio alto)
Curso de inglés dirixido ao público con nivel intermedio interesado en mellorar a súa competencia na lingua inglesa. O obxectivo final é que o alumnado sexa capaz de comprender diferentes tipos de discurso oral e escrito referentes a temas de actualidade (e.g. películas en dialecto estándar, noticiarios, artículos de prensa, informes), manter unha conversa cotiá con falantes nativos, e expresar con relativa soltura opinións e experiencias persoais, tanto oralmente como por escrito. O curso consistirá en clases prácticas onde se integren a comprensión e expresión orais, a comprensión e expresión escritas, a gramática e o léxico nunha variedade de exercicios e tarefas que simularán situacións comunicativas dos ámbitos cotián e profesional. A práctica gramatical complementarase coas explicacións teóricas necesarias.
Nivel C1 (avanzado)
Curso de inglés dirixido ao público con nivel intermedio alto interesado en mellorar a súa competencia na lingua inglesa. O obxectivo final é que o alumnado sexa capaz de:
- entender discurso oral extenso aínda que non estea perfectamente estruturado nen as relacións marcadas explícitamente (programas de televisión, películas, etc.);
- entender textos escritos longos e complexos, facendo distinción de estilo (como artigos especializados, instrucións técnicas longas, etc.);
- expresarse oralmente con fluidez e eficacia en contextos cotiáns e profesionais;
- producir textos escritos ben estruturados sobre temas complexos seleccionando o estilo apropiado a cada situación comunicativa.
A práctica gramatical complementarase coas explicacións teóricas necesarias.
Condicións de acceso
PROBA DE ACCESO (TIPO TEST):
-
VIGO: 21/09/2011 ás 10.00 horas na Facultade de Filoloxía e Tradución, pavillón A, aulas A2 e A3
- OURENSE: 21/09/2011 ás 19.30 horas na Facultade de Dereito, aula 2.1
Para o nivel A2.1:
O requisito para acceder a este nivel é que os solicitantes teñan coñecementos básicos de inglés. Aqueles que non cursaran o nivel anterior (A1) no Centro de Linguas farán terán que facer a proba de acceso. Quedarán exentos da realización da devandita proba aqueles solicitantes que posúan algunha das seguintes certificacións obtidas nos últimos 3 anos. Os estudantes deberán entregar copia delas aos docentes do curso o primeiro día do curso:
-
Curso de intensivo de inglés para alumnos de intercambio e outros interesados do Centro de Linguas
-
Básico 1 da EOI (1º curso do plano vello)
-
Curso de grao 3 do Trinity College
-
Curso KET de Cambridge University
-
Puntuación de 120 no exame do TOEIC (Test of English for International Communication)
Para o nivel B1.1:
O requisito para acceder a este nivel é que os solicitantes teñan coñecementos elementais de inglés. Aqueles que non cursaran o nivel anterior (A2) no Centro de Linguas terán que facer a proba de acceso. Quedarán exentos da realización da devandita proba aqueles solicitantes que posúan algunha das seguintes certificacións obtidas nos últimos 3 anos. Os estudantes deberán entregar copia delas aos docentes do curso o primeiro día do curso:
-
Básico 2 ou Intermedio 1 da EOI (2º curso do plano vello)
-
Curso de grao 6 do Trinity College
-
Curso PET de Cambridge University
-
Puntuación de 3.0 no exame do IELTS (International English Language Testing System)
-
Puntuación de 225 no exame do TOEIC (Test of English for International Communication)
Para o nivel B2.1:
O requisito para acceder a este nivel é que os solicitantes teñan coñecementos intermedios de inglés. Aqueles que non cursaran o nivel anterior (B1) no Centro de Linguas terán que facer a proba de acceso. Quedarán exentos da realización da devandita proba aqueles solicitantes que posúan algunha das seguintes certificacións obtidas nos últimos 3 anos. Os estudantes deberán entregar copia delas aos docentes do curso o primeiro día do curso:
-
Intermedio 2 ou Avanzado 1 da EOI (3º curso do plano vello)
-
Curso de grao 6 do Trinity College
-
Curso PET de Cambridge University
-
Puntuación de 4.0 no exame do IELTS (International English Language Testing System)
-
Puntuación de 550 no exame do TOEIC (Test of English for International Communication)
Para o nivel C1.1:
O requisito para acceder a este nivel é que os solicitantes teñan un nivel intermedio alto de inglés. Aqueles que non cursaran o nivel anterior (B2) no Centro de Linguas terán que facer a proba de acceso. Quedarán exentos da realización da devandita proba aquelas solicitantes que posúan algunha das seguintes certificacións obtidas nos últimos 3 anos. Os estudantes deberán entregar copia delas aos docentes do curso o primeiro día do curso:
-
Avanzado 2 da EOI (5º curso do plano vello)
-
Curso de grao 9 do Trinity College
-
Curso First Certificate de Cambridge University
-
Puntuación de 5.0 no exame do IELTS (International English Language Testing System)
-
Puntuación de 785 no exame do TOEIC (Test of English for International Communication)
Calendario
CAMPUS DE VIGO:
PROBA DE ACCESO: 21/09/2011 ás 10.00 horas na Facultade de Filoloxía e Tradución, pavillón A, aulas A2 e A3
- Grupo 1: luns e mércores de 13.00 a 15.00
- Grupo 2: luns e mércores de 16.00 a 18.00
Nivel B1.1:
- Grupo 1: martes e xoves de 16.00 a 18.00
- Grupo 2: luns e mércores de 13.00 a 15.00
Nivel B2.1:
- Grupo 1: martes e xoves de 13.00 a 15.00
- Grupo 2: luns e mércores de 16.00 a 18.00
Nivel C1.1: martes e xoves de 18.00 a 20.00
CAMPUS DE PONTEVEDRA:
Nivel B1.1: martes e xoves de 18:30 a 20:30
CAMPUS DE OURENSE:
PROBA DE ACCESO: 21/09/2011 ás 19.30 horas na Facultade de Dereito, aula 2.1
Nivel A2.1: CANCELADO
Nivel B1.1:
- Grupo 1: CANCELADO
- Grupo 2: xoves de 10:00 a 14:00
- Grupo 3: luns de 12.00 a 14.00 e xoves de 16.00 a 18.00 (MATRÍCULA HABILITADA ATA O 23/09/2011)
Nivel B2.1: CANCELADO
Programa
Nivel A2
Ao final do nivel A2, o alumno deberá ser capaz de
Listening
- entender o suficiente como para participar en intercambios lingüísticos simples da vida cotiá, satisfacer necesidades básicas e manexar situacións e conversacións sinxelas en tendas, bancos ou oficinas de correos sempre e cando a fala sexa lenta e clara.
- identificar o asunto do que se está a falar nunha debate sempre e cando este se produza de forma pausada e clara.
- entender a fala sobre cuestións coñecidas aínda que nunha situación real precise dalgunha repetición ou reformulación.
- comprender direccións e instrucións simples para chegar dun punto da cidade a outro, ben sexa a pé ou en transporte público.
- identificar de forma parcial a información principal nun informativo de televisión, axudándose das imaxes para comprender o comentario falado.
- extraer a información que precisa de mensaxes e anuncios curtos, claros e sinxelos.
Reading
- comprender textos curtos e sinxelos que conteñan as palabras máis comúns (linguaxe cotián) e as expresións internacionais máis utilizadas.
- atopar información a específica que precise en textos cotiáns como anuncios, folletos, menús e horarios.
- comprender instrucións simples sobre o uso de equipamentos da vida diaria como, por exemplo, un teléfono público.
- entender cartas persoais curtas e simples.
- entender sinais e anuncios no día a día en lugares públicos como rúas, restaurantes, estacións de tren e lugares de traballo.
Speaking
- usar técnicas sinxelas para comezar, manter ou rematar unha conversa.
- facerse entender con contribucións curtas aínda que precise facer pausas, falsos comezos e reformulacións de maneira evidente.
- realizar e responder a funcións básicas da linguaxe, como intercambio de información e peticións ademais de expresar opinións de forma sinxela.
- socializar de maneira simple mais efectiva, usando as expresións máis sinxelas e comúns e seguindo rutinas básicas.
- manexarse en intercambios sociais moi curtos, empregando expresións formais de saúdo e tratamento, así como facer e responder a invitacións, suxestións, desculpas, etc.
- pronunciar de forma clara e intelixible, aínda que o seu acento sexa evidente e precise repetir algunha expresión para facerse entender nunha conversa.
Writing
- describir de forma curta e básica acontecementos no pasado ou actividades por facer.
- escribir cartas persoais sinxelas expresando agradecementos ou desculpas.
- escribir notas e mensaxes curtas e simples relacionadas con asuntos da vida cotiá.
- describir plans e preparativos.
- explicar o que lle gusta e o que lle desgusta sobre unha cuestión específica.
- describir a súa familia, condicións de vida, estudos realizados, profesión, etc.
- describir actividades realizadas no pasado e experiencias persoais.
Nivel B1
Ao final do nivel B1, o alumno deberá ser capaz de:
Listening
- comprender a información nunha entrevista sinxela
- seguir o argumento e a opinión dun falante na descrición dunha película.
- entender información básica nunha conversa curta.
- comprender conversas sinxelas e de forma natural en espazos públicos, por exemplo, unha tenda.
- comprender opinións sinxelas sobre cuestións controvertidas.
- comprender chistes sinxelos de contextos coñecidos.
Reading
- comprender a finalidade dunha páxina web.
- atopar información sobre un programa nunha guía de televisión.
- aplicar a información dun artigo sinxelo para os seus intereses.
- entender un pasatempo dunha revista.
- entender textos relativamente complexos en información sobre cuestións sinxelas
- entender unha carta sinxela dirixida á súa persoa por compañías (de teléfonos, por exemplo).
- entender extractos curtos e sinxelos de novelas.
- entender as ideas básicas dunha información exposta nun taboleiro.
Speaking
- facer plans cun amigo
- contribuír a unha discusión sinxela.
- facer preguntas de maneira educada.
- intercambiar opinións cun amigo.
- responder a preguntas sinxelas nunha entrevista de traballo.
- preguntar e responder sobre accións no pasado.
- facer comentarios sobre características culturais en xeral.
- falar sobre plans futuros.
- facer descricións de un mesmo no pasado
- describir o aspecto físico dunha persoa.
- facer predicións sobre o futuro.
- facer xeneralizacións sobre costumes.
- dicir o que faría nunha situación hipotética.
Writing
- escribir unha carta informal a un amigo.
- escribir notas de agradecemento.
- escribir un perfil persoal.
- escribir unha historia simple a partires de algunha información dispersa.
- escribir un articulo curto a partires de información visual.
- escribir sobre unha viaxe que realizara no pasado.
- escribir unha carta sinxela e formal pedindo mais información.
Nivel B2
Ao final do nivel B2, o alumno deberá ser capaz de:
Listening
- comprender discursos e conferencias de longa duración, sempre que o tema sexa razoablemente familiar.
- seguir o argumento das películas en inglés estándar.
- entender a maioría dos informativos de televisión, así como programas de actualidade
Reading
- comprender artigos e reportaxes sobre asuntos de actualidade.
- entender prosa literaria contemporánea.
- atopar información sobre un programa nunha guía de televisión.
- aplicar a información dun artigo para os seus intereses.
- entender textos complexos sobre cuestións diversas.
Speaking
- interactuar cun certo grao de fluidez e espontaneidade que permita unha comunicación normal con falantes nativos.
- participar nunha discusión nun contexto familiar, explicando e defendendo o seu punto de vista con naturalidade.
- facer descricións claras e detalladas dunha gran variedade de temas de interese.
- explicar o seu punto de vista ofrecendo explicacións sobre as vantaxes e desvantaxes das diversas opcións.
Writing
- escribir textos claros e detallados sobre unha ampla variedade de asuntos relacionados cos seus intereses.
- escribir ensaios ou informes ofrecendo información ou razóns a favor e en contra sobre un punto de vista determinado.
- escribir unha carta destacando a repercusión de eventos e experiencias no seu ámbito persoal.
Nivel C1
Ao final do nivel C1, o alumno deberá ser capaz de:
Listening
- entender discursos e conferencias e mesmo razoamentos complexos, sempre que o tema sexa familiar ata un certo punto.
- comprender a maioría dos informativos de televisión e dos programas de actualidade.
- entender películas en inglés estándar.
- entender discursos longos mesmo cando non estean claramente estruturados e cando as relacións sexan implícitas en vez de estar sinaladas explicitamente.
- entender programas de televisión e películas sen moito esforzo.
Reading
- ler artigos e reportaxes sobre temas de actualidade nos que o autor adopta unha certa actitude ou punto de vista.
- entender prosa literaria contemporánea.
- entender textos informativos e literarios, recoñecendo as diferenzas estilísticas entre os dous.
- comprender artigos especializados e instrucións técnicas longas, mesmo cando non estean familiarizados coa materia da que traten.
Speaking
- falar de maneira fluída e espontánea, permitindo unha comunicación normal con falantes nativos.
- participar en un debate en contextos familiares, xustificando as súas opinións.
- presentar descricións claras e detalladas sobre unha gran variedade de temas de interese.
- explicar a súa opinión sobre un tema, indicando as vantaxes e desvantaxes das distintas opcións.
- expresarse de forma fluída e espontánea sen que sexa obvia a busca mental de expresións.
- empregar o idioma de maneira flexible e efectiva para fins sociais e profesionais.
- formular ideas e opinións con precisión e relacionar axeitadamente as súas contribucións coas dos outros interlocutores.
- presentar descricións claras e detalladas de temas complexos, desenvolvendo puntos particulares e rematando cunha conclusión apropiada.
Writing
- escribir textos claros e detallados nun amplo rango de temas relacionados cos seus intereses.
- escribir redaccións e artigos expresando as razóns a favor ou en contra dun punto de vista determinado.
- escribir cartas destacando a importancia persoal de sucesos e experiencias.
- redactar un texto claro e ben estruturado que conteña opinións.
- escribir cartas, redaccións ou artigos sobre temas complexos, destacando o que se consideren as ideas principais.
- seleccionar o estilo adecuado en cada momento.
Modo de pagamento
Prezo:
- Membros da comunidade universitaria de Vigo: 155€
- Público xeral: 200€
O pagamento realizarase no Banco Santander, no número de conta 0049 6141 98 2510007984 indicando o código do curso: 906
Impartido en
-
Campus de Vigo, Facultade de Filoloxía e Tradución:
-
Nivel A2.1: aula C4B, pavillón C
-
Nivel B1.1 (grupo 1): aula 13, Edificio Newton, pavillón C / aula A7, pavillón A
-
Nivel B1.1 (grupo 2): aula 13, Edificio Newton, pavillón C / aula B4A, pavillón B
-
Nivel B2.1: aula 13, Edificio Newton, pavillón C
-
Nivel C1.1: aula 11, Edificio Newton, pavillón C
-
- Campus de Pontevedra, Facultade de CC. Sociais e da Comunicación, seminario 10 (martes) e seminario 14 (xoves)
- Campus de Ourense, Edificio de Ferro, aula 3.2
Observacións
Pasos para matricularse:
1. Rexistrarse en https://bubela.uvigo.es . Se xa estás rexistrado, só é necesario facer a inscrición online no curso.
2. Facer a inscrición online no curso, seguindo os pasos que se indican.
3. Pagar as taxas no Banco Santander, indicando o código do curso (Número de conta: 0049 6141 98 2510007984).
4. Facer chegar ao Centro de Linguas a documentación requirida (véxase máis abaixo) escaneada ao correo electrónico centrodelinguas@uvigo.es , por fax ao número 986 81 86 49, ou ben en persoa na oficina do Centro de Linguas da Facultade de Filoloxía e Tradución (Pavillón Central). En ningún caso se entregará a documentación por Rexistro.
5. A matrícula confírmase a través dunha mensaxe de correo electrónico. Se non se recibe antes da finalización do período de matrícula, cómpre poñerse en contacto co Centro de Linguas.
*Documentación requirida:
- Impreso de matrícula xerado unha vez feita a inscripción online.
- Fotocopia do DNI.
- Xustificante de ingreso bancario.
- No seu caso, xustificante de ser membro da comunidade universitaria (impreso de matrícula universitaria ou copia de contrato).
IMPORTANTE: As prazas asignaranse por estricta orde de matrícula (momento en que reciba a documentación no Centro de Linguas).
Devolución de taxas (descargar impreso aquí)
Para a devolución de taxas séguense os seguintes criterios:
- Cancelación do curso no que o estudante se matriculou
- Limitación de prazas
- Incompatibilidade por causa sobrevida que se xustificará documentalmente. A xustificación presentarase xunto co impreso de solicitude de devolución de taxas por Rexistro Xeral na primeira semana do curso, comunicándoo nesta mesma data ao Centro de Linguas.
Titulación
Diploma de asistencia no que se especifica o número de horas e créditos. Para a súa obtención, é necesario asistir a un 85% das clases como mínimo. O diploma acreditativo de nivel (A2, B1, B2 e C1, segundo corresponda) acadarase ao final do segundo cuadrimestre tras superar o exame correspondente.