Curso Cuadrimestral de Árabe 1º C - 2011/12

Información do curso

AVISO: Os cursos de idiomas organizados polo Centro de Linguas no curso 2013/2014 están dispoñibles nova web do Centro de Linguas.

Curso Cuadrimestral de Árabe 1º C - 2011/12


Tipo Curso de idiomas
Código 913
Nome Curso Cuadrimestral de Árabe 1º C - 2011/12
  Non está habilitada a opción de preinscrición en liña para este curso.
Modalidade Presencial
Horas 45
Descrición

Curso de árabe impartido en Vigo

Información de contacto:  
 · Teléfono 986 81 22 50
 · Fax 986 81 86 49
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

Curso para principiantes que queiran adquirir coñecementos básicos da lingua árabe.

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 20
Créditos ECTS 1
Validación de libre elección 2

Destinatarios/as

Persoas maiores de 16 anos interesadas en iniciarse no idioma árabe.

Obxectivos

O curso de iniciación á lingua árabe persegue, como obxectivo xeral, que ao finalizar o mesmo os alumnos sexan quen de empregar expresións básicas que lles servan en situacións comunicativas sinxelas. Para isto, desenvolveranse as seguintes destrezas:

-Comprensión oral: entender frases sinxelas relacionadas coa súa identificación, datos persoais, contorno, etc.

-Expresión oral: expresar frases simples sobre a vida cotiá, así como formular preguntas sinxelas aos demáis. 

-Comprensión lectora: leer e entender palabras e frases sinxelas

-Expresión escrita: escribir palabras e frases simples.

Calendario

Horario: martes e xoves de 18.00 a 20.00 horas

Programa

Contidos gramaticais

  • Introdución.
  • O alfabeto árabe (alifato).
  • Consoantes.
  • Vogais curtas e longas.
  • Pronomes persoais.
  • As letras solares e lunares.
  • O artigo determinado.
  • O adxectivo cualificativo.
  • O verbo ser.
  • Algunhas partículas interrogativas.

Contidos léxico-semánticos

  • Saúdos, presentación e despedida.
  • Frases curtas.
  • A familia.
  • Formular preguntas sinxelas
  • Exercicios de comprensión e expresión oral.

Metodoloxía 

Baéase nun enfoque comunicativo-participativo, que proporciona aos alumnos a posibilidade de utilizar ferramentas para comunicarse de manera efectiva en situacións sinxelas. Para isto, o alumno intervirá de maneira activa no desenvolvemento do curso, sexa a través de exercicios escritos ou orais, para acadar adecuadamente as competencias comunicativas básicas.

Bibliografía 

  • Fotocopias do material proporcionado polo profesor.
  • Corriente, F.: Gramática árabe, Barcelona, Editorial Herder, 2006 (con cassete.).
  • Waleed, S.: Curso práctico de lengua árabe I . Madrid, Grupo Industrial de Artes Gráficas, IBERSAF INDUSTRIAL, S. L., 2001 (con cassete).

Modo de pagamento

Prezo:

  • Membros da comunidade universitaria de Vigo: 135€
  • Público xeral: 180€

O pagamento realizarase no Banco Santander, no número de conta 0049 6141 98 2510007984 indicando o código do curso: 913

Impartido en

Vigo: Facultade de Filoloxía e Tradución. Aula por determinar

Observacións

Pasos para matricularse:

1. Rexistrarse en https://bubela.uvigo.es . Se xa estás rexistrado, só é necesario facer a inscrición online no curso.
2. Facer a inscrición online no curso, seguindo os pasos que se indican.
3. Pagar as taxas no Banco Santander, indicando o código do curso (Número de conta: 0049 6141 98 2510007984).
4. Facer chegar ao Centro de Linguas a documentación requirida (véxase máis abaixo) escaneada ao correo electrónico centrodelinguas@uvigo.espor fax ao número 986 81 86 49, ou ben en persoa na oficina do Centro de Linguas da Facultade de Filoloxía e Tradución (Pavillón Central). En ningún caso se entregará a documentación por Rexistro.
5. A matrícula confírmase a través dunha mensaxe de correo electrónico. Se non se recibe antes da finalización do período de matrícula, cómpre poñerse en contacto co Centro de Linguas. 

*Documentación requirida:

  • Impreso de matrícula xerado unha vez feita a inscripción online.
  • Fotocopia do DNI.
  • Xustificante de ingreso bancario.
  • No seu caso, xustificante de ser membro da comunidade universitaria (impreso de matrícula universitaria ou copia de contrato).

IMPORTANTE: As prazas asignaranse por estricta orde de matrícula (momento en que reciba a documentación no Centro de Linguas).

Devolución de taxas (descargar impreso aquí

Para a devolución de taxas séguense os seguintes criterios:

  1. Cancelación do curso no que o estudante se matriculou
  2. Limitación de prazas
  3. Incompatibilidade por causa sobrevida que se xustificará documentalmente. A xustificación presentarase xunto co impreso de solicitude de devolución de taxas por Rexistro Xeral na primeira semana do curso, comunicándoo nesta mesma data ao Centro de Linguas.

Titulación

Diploma de asistencia no que se especifica o número de horas e créditos. Para a súa obtención, é necesario asistir a un 85% das clases como mínimo.

Profesorado

Nativo, titulado e cunha grande experiencia docente.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos