Habilidades oratorias para a docencia (Campus de Vigo)
Información do curso
Habilidades oratorias para a docencia (Campus de Vigo)
Tipo | Curso de formación do PDI | ||||
Código | PFPP6803 | ||||
Nome | Habilidades oratorias para a docencia (Campus de Vigo) |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Horas | 20 | ||||
Descrición | Trátase dun curso eminentemente práctico para profesores e profesoras que necesitan dirixirse a un público e polo tanto desexan gañar confianza e mellorar a súa expresión vocal e corporal sacando o máximo desenvolvemento ás súas exposicións. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986813596 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
|
Descrición
O Curso de "Habilidades oratorias para a docencia" insírese dentro das accións formativas institucionais da Universidade de Vigo para o ano 2011. As devanditas accións formativas están organizadas pola vicerreitoría de Alumnado, Docencia e Calidade, a través da área de Formación e Innovación Educativa.
Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 13/06/2011 17:00 - 08/09/2011 23:59 |
---|---|
Período de docencia | 12/09/2011 - 23/09/2011 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 0 |
---|---|
Número máximo de participantes | 20 |
Destinatarios/as
O presente curso está destinado a todos os profesores e profesoras da Universidade de Vigo.
Obxectivos
- Detectar e superar as dificultades e inseguridades que se presentan ao falar en público favorecendo unha comunicación eficaz.
- Toma de conciencia dos hébitos posturais e exploración das posibilidades expresivas do corpo.
- Adestramento da voz. Técnicas de emisión e proxección vocal. Traballo de artellamento e dicción textual.
- Análise e manexo do espazo de acción.
- Saber amosar seguridade, convicción e credibilidade ante o grupo de persoas aos que nos diriximos. Construír un discurso con eficacia.
Criterios de selección
Ofértanse 20 prazas que se irán cubrindo por rigorosa orde de preinscrición.
Calendario
O curso celebrarase os días:
12, 13, 14, 15 e 23 de setembro de 16:00 a 20:00
Programa
- A presenza e o corpo no espazo.
- A linguaxe corporal.
- A voz e o xesto.
- Xogos dramáticos e de improvisación
- A comunicación co público. A creación do discurso.
Impartido en
Salón de Graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Campus de Vigo
Observacións
CERTIFICADO DE ASISTENCIA:
A asistencia a esta actividade formativa será certificada pola Universidade de Vigo a todas aquelas persoas inscritas que asistan, polo menos, a oito sesións completas das dez que ten o curso. (Cada sesión equivale a dúas horas).
Profesorado
ALFONSO RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ