Lingua galega. Cambios normativos
Información do curso
Lingua galega. Cambios normativos
Tipo | Curso de idiomas | ||||
Código | ANL00006 | ||||
Nome | Lingua galega. Cambios normativos |
|
|||
Modalidade | Virtual asíncrona | ||||
Horas | 15 | ||||
Descrición | Curso de información e de formación nos cambios na norma ortográfica e morfolóxica da lingua galega aprobados pola Real Academia Galega en xullo de 2003. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986 813 574 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
|
Páxina web do curso
http://apv.uvigo.es/cursos_centrolinguas/publico/publico.php?funcion=amosa_info_curso&tipo=1&idioma=4&id_curso=58Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 07/02/2011 00:00 - 18/02/2011 23:59 |
---|---|
Período de docencia | 01/03/2011 - 31/03/2011 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 10 |
---|---|
Número máximo de participantes | 35 |
Validación de libre elección | 1 |
Destinatarios/as
Membros da comunidade universitaria e público en xeral.
Criterios de selección
Por rigorosa orde de matriculación.
Calendario
O curso terá unha clase presencial que se celebrará o día 31 de marzo de 2011 de 18.00 a 20.00 horas na Facultade de Filoloxía e Tradución.
Programa
CONTIDOS DO CURSO DE CAMBIOS NORMATIVOS
Módulo I: Ortografía
- Introdución.
- O alfabeto.
- Grupos consonánticos -cc-, -ct-.
- Sufixos e terminacións.
4.1. -cia, -cio; -za, -zo.
4.2. -ble, -bel.
4.3. -eo, -eu; -ao, -au.
4.4. -tade, -dade.
4.5. -ería, -aría.
4.6. -us, -um, -o.
- Os signos de interrogación e exclamación.
- Acentuación dos pronomes interrogativos.
- O apóstrofo.
O tempo estimado para a explicación dos contidos, a súa asimilación e a realización dos exercicios e actividades propostas será de 7’5 horas.
Módulo II: Morfoloxía e léxico
- Introdución.
- A formación do feminino das palabras rematadas en -án e -ón.
- O artigo determinado.
3.1. Uso da segunda forma do artigo.
3.2. Contracción da preposición a artigo co artigo o/os.
3.3. Encontro da conxunción comparativa ca co artigo determinado.
- Os pronomes.
- O verbo.
- Adverbios, preposicións, conxuncións e locucións.
- Cuestións léxicas.
O tempo estimado para a explicación dos contidos, a súa asimilación e a realización dos exercicios e actividades propostas será de 7’5 horas.
Modo de pagamento
Gratis para os membros da comunidade universitaria e 30 euros para o público xeral.
A matrícula realizarase a través da plataforma Bubela (Área de Posgrao Virtual). Os membros da comunidade universitaria deberán acreditar a súa pertenza á Universidade presentando na Área de Normalización Lingüística, ben persoalmente, ben por correo postal, o resgardo de matrícula do curso 2010/2011 ou xustificante de ser membro do cadro de persoal. De non ser membro da comunidade universitaria, unha vez aceptada a inscrición terá un prazo de tres días para pagar e enviar por correo postal o correspondente xustificante á Área de Normalización Lingüística.
No caso de cancelación de matrícula, só se devolverán as taxas se se solicita por escrito como mínimo tres días
Impartido en
Facultade de Filoloxía e Tradución (Campus de Vigo), pavillón C, aula C1.
Sistema de avaliación
É obrigatorio realizar o 100 % das actividades propostas polo profesorado e segundo as normas que este estableza, das cales é necesario superar o 80 %. Ademais, para obter o diploma correspondente cómpre superar o exame final, que será presencial.