Técnicas de comunicación oral en galego

Información do curso

Técnicas de comunicación oral en galego


Tipo Curso de idiomas
Código ANL00015
Nome Técnicas de comunicación oral en galego
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 40
Descrición

Curso presencial de 40 horas validable por 2 créditos de libre elección destinado a todas as persoas interesadas en mellorar a súa expresión oral.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986 813 574
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 07/02/2011 00:00 - 18/02/2011 23:59
Período de docencia 01/03/2011 - 23/05/2011

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 35
Validación de libre elección 2

Destinatarios/as

Membros da comunidade universitaria e público en xeral.

Criterios de selección

Por rigorosa orde de matriculación.

Calendario

As clases impartiranse na Facultade de Filoloxía e Tradución (aula C7), do 3 de marzo ao 23 de maio de 2011, os luns e xoves de 16.00 a 18.00 horas.    

Programa

TÉCNICAS DE COMUNICACIÓN ORAL EN GALEGO Obxectivo xeral: mellorar no posible as presentacións orais e a capacidade de transmitir información ou ideas e afondar no coñecemento dos pasos e da estrutura dunha presentación –exposición oral. 1. Os elementos da comunicación e as funcións comunicativas: 5 h 2. O dominio da linguaxe: corrección lingüística e recursos expresivos: 5 h a. Pronuncia dos distintos fonemas e sons do galego 3. O discurso elaborado: 18 h a. Tipos: 8 h i. Descrición: 2 h ii. Narración: 2 h iii. Exposición: 2 h iv. Argumentación: 2 h b. Pasos: a árbore da retórica: 10 h i. Inventio: preparación previa e selección de contidos: 1,5 h ii. Dispositio: organización do discurso: 2 h iii. Elocutio: escolla dos procedementos retóricos e redacción do discurso: 1,5 h iv. Memoria: asimilación do discurso: 1 h v. Actio: exposición do discurso (a improvisación): 4 h 4. A relación cos receptores: captar a atención, motivar, responder preguntas... 2 h 5. A lectura en público: dicción, volume, velocidade, entoación: 2,5 h 6. As distintas situacións comunicativas: presentación, entrevista, diálogo, debate... 4 h 7. Aproximación á linguaxe non verbal: os xestos e a postura do corpo: 1,5 h 8. Prexuízos e actitudes lingüísticas: 2 h (Resumo da temporalización: apartado 1: 5 h; apdo. 2: 5 h; apdo. 3: 18 h; apdos. 4 a 5: 12 h. Total: 40 h) Nota: o programa poderase modificar lixeiramente para atender as necesidades particulares do alumnado. O curso é de carácter presencial e é obrigatoria a asistencia para poder aprobar. A data de comezo é o 13 de outubro de 2010 e a de remate o 15 de decembro de 2010. O horario das clases é o seguinte: luns e mércores de 18.00 a 20.30 horas.

Modo de pagamento

Gratis para os membros da comunidade universitaria e 60 euros para o público xeral.

A matrícula realizarase a través da plataforma Bubela (Área de Posgrao Virtual). Os membros da comunidade universitaria deberán acreditar a súa pertenza á Universidade presentando na Área de Normalización Lingüística, ben persoalmente, ben por correo postal, o resgardo de matrícula do curso 2010/2011 ou xustificante de ser membro do cadro de persoal (cabeceira da nómina). De non ser membro da comunidade universitaria, unha vez aceptada a inscrición terá un prazo de tres días para pagar e enviar por correo postal o correspondente xustificante á Área de Normalización Lingüística.

No caso de cancelación de matrícula, só se devolverán as taxas se se solicita por escrito como mínimo tres días hábiles antes do inicio do curso.

Impartido en

Facultade de Filoloxía e Tradución (Campus de Vigo). Poderán realizarse no Campus de Pontevedra e Ourense de reunirse un número mínimo de 10 persoas. A data de comezo é o 3 de marzo e a de remate o 23 de maio. O horario das clases é o seguinte: luns e xoves de 16.00 a 18.00 horas, no Campus de Vigo, Facultade de Filoloxía e Tradución, pavillón C, aula C7.

Sistema de avaliación

Para obter o diploma correspondente, requírese a asistencia ao 80 % das clases presenciais, ademais de superar a proba de avaliación establecida polo profesor.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos