Obradoiro de introdución á Aprendizaxe-Servizo na universidade - Campus de Vigo

Información

Miguel A. Santos Rego
Doutor en Filosofía e Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). É coordinador do Grupo de Investigación Esculca e profesor na USC.
Ao longo da súa traxectoria académica desenvolveu diferentes cargos como o de subdirector xeral de Universidades e Investigación na Xunta de Galicia, Vicerreitor de Profesorado da USC ou Director do Centro Asociado da UNED na Coruña.
No ano 2003 recibiu o Premio Nacional de Investigación Educativa.
As súas liñas de investigación relacionadas coa temática son abundantes. Por exemplo os proxectos educativos na emigración; a dimensión social e educativa da emigración en América e Europa; a aprendizaxe cívica e as competencias transversais na universidade ou o lado socio-educativo da integración.

Mar Lorenzo Moledo
Doutora en Filosofía e Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). É membro do Grupo de Investigación Esculca e profesora na USC.
Na súa actividade investigadora destacan catro liñas: educación intercultural e aprendizaxe cooperativa; inmigración e proxectos educativos na familia e na escola; educación, competencias e desenvolvemento da sociedade civil; e educación e pedagoxía en contextos penitenciarios.

Alejandro Sotelino Losada
Doutor en Ciencias da Educación e Licenciado en Pedagoxía (premio extraordinario) pola Universidade de Santiago de Compostela. É membro do Grupo de Investigación Esculca da USC e profesor na Universidade de Vigo.
A súa actividade investigadora lévase centrado no desenvolvemento da metodoloxía aprendizaxe-servizo, con especial énfase na educación superior, publicando diversos artigos, capítulos e libros nesta liña.

Javier Agrafojo Fernández
Doutor en Educación e coordinador do Servizo de Participación e Integración  Universitaria da USC desde a súa creación en setembro de 1996. Director académico e relator en múltiples cursos sobre participación social e voluntariado e membro fundador da Rede Galega de Aprendizaxe-Servizo. Tamén é membro da Red APS-Universitario e colaborador do Grupo de Investigación ESCULCA.

 

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos