Avaliación de competencias transversais (Campus de Pontevedra)

Información do curso

Avaliación de competencias transversais (Campus de Pontevedra)


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPP5902
Nome Avaliación de competencias transversais (Campus de Pontevedra)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 4
Descrición O proxecto de construción do Espazo Europeo de Educación Superior puxo sobre a mesa o reto de formar titulados cun maior dominio de certas competencias transversais que se consideran imprescindibles para o seu exercicio profesional futuro. Falamos de competencias como a comunicación oral e escrita, o traballo en grupo, a aprendizaxe autónoma, o liderado, etc. O reto non é pequeno, porque se ben ninguén cuestiona a importancia destas habilidades e competencias, o debate sobre como poden desenvolverse e avaliar estivo practicamente ausente do mundo do ensino universitario, onde nos ocupamos ata agora, case exclusivamente dos contidos. A cuestión non está exenta de polémica, porque non son poucos os que opinan que os alumnos deberían adquirir esas habilidades antes (ou despois) da universidade. Por outra parte, se un acepta que a universidade (e máis concretamente, a súa materia) pode xogar un papel importante no desenvolvemento destas habilidades, entón enfróntase a cuestións nada doadas, como, por exemplo: Como lle poño eu a un alumno unha nota que reflicta a súa capacidade de traballo en equipo?
Información de contacto:  
 · Teléfono 986813596
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

O curso de "Avaliación de competencias transversais" insírese dentro das accións formativas institucionais da Universidade de Vigo para o ano 2010. A devandita acción formativa está organizada pola Vicerreitoría de Formación e Innovación Educativa.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 06/05/2010 17:00 - 04/07/2010 23:59
Período de docencia 06/07/2010 - 06/07/2010

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 0
Número máximo de participantes 50

Destinatarios/as

O presente curso está destinado a todo o profesorado da Universidade de Vigo.

Obxectivos

O obxectivo xeral do taller é facer reflexionar aos asistentes sobre a problemática do desenvolvemento e avaliación de competencias transversais ao longo do plan de estudos e achegar criterios e ferramentas para desenvolver esta tarefa de xeito eficiente. Aínda que o título do taller resalta a cuestión da avaliación, resulta inevitable considerar tamén cuestións relacionadas cos obxectivos específicos e os métodos axeitados para o desenvolvemento das competencias transversais (porque obxectivos, métodos e avaliación forman un paquete que hai que analizar de forma conxunta).

Ao finalizar o taller os participantes estarán en condicións de:

  1. Definir o concepto de competencia transversal e xustificar a súa importancia no contexto actual.
  2. Descompoñer unha competencia transversal en obxectivos específicos.
  3. Deseñar criterios de calidade en formato de rúbrica para avaliar produtos relacionados coas competencias transversais.
  4. Formular actividades para que os alumnos acaden os obxectivos relacionados coas competencias transversais de xeito progresivo.
  5. Describir o concepto de e-porfolio e como pode usarse no contexto da avaliación de competencias transversais.

Criterios de selección

Ofértanse 50 prazas que se irán cubrindo por rigorosa orde de preinscrición.

Calendario

6 de xullo de 15:00 a 19:00 horas.

Programa

1. Presentación do taller

2. Competencias transversais: Que son e por que agora?

   2.1 Formación de grupos

   2.2 Presentación (que son, Boloña, RD, ABET, a que nivel, para que avaliar competencias, un modelo)

   2.3 Debate

3. Competencias transversais: De que estamos a falar exactamente?

   3.1 Presentación de exemplos

   3.2 Elaboración dun exemplo en pequeno grupo

4. Criterios de calidade: Rúbricas

   4.1 Presentación, exemplos, recursos web

   4.2 Establecer criterios de calidade para exemplo en pequeno grupo

DESCANSO

5. Competencias transversais: Das palabras aos feitos

   5.1 Presentación de exemplos

   5.2 Debate

6. Avaliación de competencias transversais: O e-portfolio

   6.1 Presentación e exemplos

   6.2 Debate final

7. Avaliación do taller

Impartido en

Aula T3 da Facultade de Belas Artes

Campus de Pontevedra

Observacións

CERTIFICADO DE ASISTENCIA:

A asistencia a esta actividade formativa será certificada pola Universidade de Vigo a todas as persoas inscritas que asistan á sesión completa.

Profesorado

MIGUEL VALERO GARCÍA

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos