Curso obradoiro de creación de páxinas web persoais (Campus de Ourense)

Información do curso

Curso obradoiro de creación de páxinas web persoais (Campus de Ourense)


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPP0116
Nome Curso obradoiro de creación de páxinas web persoais (Campus de Ourense)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 20
Descrición Este curso pretende acadar a capacitación adecuada para a creación de páxinas web persoais que inclúa contidos relacionados coa docencia, información xeral, investigación, etc.. sen descoidar o aspecto básico do deseño, de tal xeito que o resultado final dunha publicación web sexa "estéticamente" aceptable.
Información de contacto:  
 · Teléfono 986813596
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

O Curso obradoiro "Creación de páxinas Web persoais" insírese dentro das accións formativas institucionais da Universidade de Vigo para o ano 2010. As devanditas accións formativas están organizadas pola Vicerreitoría de Formación e Innovación Educativa, a través da Área de Innovación Educativa.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 21/04/2010 17:00 - 17/06/2010 23:59
Período de docencia 21/06/2010 - 07/07/2010

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 0
Número máximo de participantes 20

Destinatarios/as

O presente curso está destinado a todos os profesores e profesoras da Universidade de Vigo.

Obxectivos

Preténdese acadar a capacitación adecuada para a creación de páxinas web persoais que inclúa contidos relacionados coa docencia, información xeral, investigación, etc..; sen descoidar o aspecto básico do deseño, de tal xeito que o resultado final dunha publicación web sexa “esteticamente” aceptable. Debido ao carácter dinámico dos contidos destas páxinas web tamén se amosará como poder manter as páxinas e a información asociada ás mesmas, así como a súa posterior publicación en buscadores.

Criterios de selección

Ofértanse 20 prazas que se irán cubrindo por rigorosa orde de preinscrición.

Calendario

O curso celebrarase os días:

21, 22, 23, 24, 28, 29 e 30 de Xuño e 5, 6 e 7 de Xullo de 10:00 a 12:00

Programa

    O programa do curso consistirá nas seguintes sesións de 2 horas de duración cada unha.

    • 1  Introdución a Internet, protocolo de transferencia de ficheiros (FTP) e linguaxes de marcado.
      1. Durante esta sesión o alumno/a terá unha visión global das posibilidades que pode aportar a comunicación a través das páxinas web, e coñecerá os elementos físicos que a permiten. Ademais, o alumno/a aprenderá a solicitar e configurar unha conta web e adquirirá as nocións precisas para saber de que xeito poder acceder a esa conta vía FTP. Tamén se introducirá ao alumno/a na programación (a nivel moi básico) da linguaxe HTML, facendo uso de exemplos moi simples e vendo de que xeito interpreta a máquina as ordes que se lle ditan.
    • 2  Introdución á ferramenta de desenvolvemento Dreamweaver.
      1. Nesta sesión o alumno/a entrará en contacto co Dreamweaver, comprenderá cal é a súa utilidade e terá unha idea clara da distribución do contorno de traballo. Despois desta sesión, o alumno/a poderá definir o seu propio sitio web e comprender como se estrutura e almacena.
    • 3  Normas básicas para crear sitios web e creación de elementos.
      1. Desta sesión o alumno/a deberá saír cun esquema en papel de como quere que sexan as súas páxinas, como navegará por elas e como estarán organizados os seus arquivos fisicamente para tal propósito.
    • 4  Conceptos básicos de deseño e maquetación.
      1. Nesta sesión o alumnado coñecerá as diferentes técnicas para trasladar o seu esquema inicial en papel a unha representación ou deseño en formato web (HTML).
    • 5  Estruturación e navegación dentro dun site.
      1. O alumno/a deberá ser capaz de crear os vínculos e hipervínculos necesarios para que o seu sitio “funcione” e se poida navegar entre as diferentes páxinas ou enlaces con recursos externos (buscadores, enviar correos, outras páxinas,...).
    • 6, 7 e 8   Creación de contidos para as páxinas dun docente universitario.
      1. O alumno/a debe ser capaz de inserir calquera contido que se axuste a unha páxina persoal co perfil de docente.
    • 9   Aplicando estilos ás nosas páxinas. Vantaxes do seu uso.
      1. O alumno/a poderá definir os seus propios estilos que lle servirán para cambiar a aparencia da páxina sen ter que tocar o deseño nin os elementos creados, tan só redefinir o estilo creado. Deste xeito tamén coñecerá as posibilidades máis amplas dos estilos fronte ao formateo en HTML.
    • 10  Mantemento do sitio.
      1. Preténdese que o alumno/a saiba como ter actualizado o seu sitio web e xestionalo de forma eficiente unha vez que o publique.

Impartido en

Aula de Informática 17 sita no 3º andar do Edificio Facultades

Campus de Ourense

Observacións

CERTIFICADO DE ASISTENCIA:

A asistencia ao curso será certificada pola Universidade de Vigo a todos aqueles inscritos que asistan, polo menos, a oito sesións completas das dez sesións que ten o curso.

Profesorado

JOSÉ LUIS MARTÍNEZ ORGE

Profesor da Escola Superior de Enxeñería Informática

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos