Hot Potatoes: Unha ferramenta para a creación de exercicios interactivos (Campus de Ourense)

Información do curso

Hot Potatoes: Unha ferramenta para a creación de exercicios interactivos (Campus de Ourense)


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPP4105
Nome Hot Potatoes: Unha ferramenta para a creación de exercicios interactivos (Campus de Ourense)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 15
Descrición Trátase dun curso que pretende dar a coñecer aos profesores das distintas áreas as aplicacións no ensino que ten o programa Hot Potatoes.
Información de contacto:  
 · Teléfono 986813596
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

O Curso "Hot Potatoes: Unha ferramenta para a creación de exercicios interactivos" insírese dentro das accións formativas institucionais da Universidade de Vigo para o ano 2010. As devanditas accións formativas están organizadas pola vicerreitoría de Formación e Innovación Educativa, a través da área de Innovación Educativa.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 16/04/2010 12:00 - 14/06/2010 23:59
Período de docencia 16/06/2010 - 23/06/2010

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 0
Número máximo de participantes 20

Destinatarios/as

O curso está destinado a todo o profesorado da Universidade de Vigo.

Obxectivos

Os asistentes aprenderán a empregar o programa Hot Potatoes, o que lles permitirá deseñar e poñer en práctica actividades interactivas de cinco tipos diferentes.

Criterios de selección

Ofértanse 20 prazas que se irán cubrindo por rigorosa orde de preinscrición.

Calendario

O curso celebrarase os días:

16, 17, 21, 22 e 23 de Xuño de 10:00 a 13:00

Programa

  1. Hot Potatoes.
    • 1.1   Características básicas
    • 1.2   Instalación
    • 1.3   Rexistro
    • 1.4   Interface
    • 1.5   Tipos de exercicios
  2. Elaboración dun exercicio.
    • 2.1   Introducción de datos
    • 2.2   Configuración
    • 2.3   creación dunha páxina web
  3. Tipos de exercicios.
    • 3.1   JQuiz
      1.   Selección múltiple
      2.   Resposta curta
      3.   Modalidade híbrida
      4.   Respostas múltiples
    • 3.2   JCloze: Encher ocos
    • 3.3   JMatch: Emparellamentos
    • 3.4   JCross: Encrucillados
    • 3.5   JMix: Ordear elementos
  4. Creación de unidades didácticas.
  5. Publicación na Web.
  6. Ligazóns e enderezos electrónicos de interese.

Impartido en

Aula de informática da Biblioteca Central

Campus de Ourense

Observacións

CERTIFICADO DE ASISTENCIA:

A asistencia a esta actividade formativa será certificada pola Universidade de Vigo a todas aquelas persoas inscritas que asistan, polo menos, a catro sesións completas das cinco que ten o curso.

Profesorado

MARÍA VICTORIA FERNÁNDEZ CARBALLO-CALERO

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos