Introdución aos sistemas de información xeográfica con software libre (GvSIG): aplicacións para a análixe da flora e da vexetación (Campus de Vigo)

Información do curso

Introdución aos sistemas de información xeográfica con software libre (GvSIG): aplicacións para a análixe da flora e da vexetación (Campus de Vigo)


Tipo Actividade de formación
Código PFPP5401
Nome Introdución aos sistemas de información xeográfica con software libre (GvSIG): aplicacións para a análixe da flora e da vexetación (Campus de Vigo)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 30
Descrición O Curso de "Introdución aos sistemas de información xeográfica con software libre (gvSIG): aplicacións para a análixe da flora e da vexetación" insírese dentro das accións formativas institucionais da Universidade de Vigo para o ano 2010. En particular, este curso está a ser coorganizado pola Vicerreitoría de Formación e Innovación Educativa a través da Área de Innovación Educativa e polo Departamento de Bioloxía Vexetal e Ciencias do Solo.
Información de contacto:  
 · Teléfono 986813596
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

O gvSIG é un programa informático para o manexo de información xeográfica con precisión cartográfica que se distribúe baixo licenza GNU GPL. Permite acceder a información vectorial e raster así como a servidores de mapas que cumpran as especificacións do OGC (Open Geospatial Consortium). Unha das principais características do gvSIG respecto doutros Sistemas de Información Xeográfica é a importante implementación de servizos OGC: WMS (Web Map Service), WFS (Web Feature Service), WCS (Web Coverage Service), Servizo de Catálogo e Servizo de Nomenclátor.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 22/12/2009 12:00 - 28/01/2010 23:59
Período de docencia 01/02/2010 - 05/02/2010

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 20
Número máximo de participantes 20

Destinatarios/as

O presente curso está destinado a todos os profesores e profesoras da Universidade de Vigo.

Obxectivos

  1. Instalar e facer operacións básicas co gvSIG.
  2. Representar a información dun xeito espacial.
  3. Realizar aplicaciones de análise ráster.

Criterios de selección

Ofértanse 20 prazas que se irán cubrindo por rigorosa orde de preinscrición.

Calendario

O curso celebrarase os días 1, 2, 3, 4 e 5 de Febreiro:

1 e 5 de febreiro de 09:00 a 14:00

2 de febreiro de 10:00 a 14:00

3 e 4 de febreiro de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00

Programa

  1. BLOQUE I. CONCEPTOS BÁSICOS DE CARTOGRAFÍA E SISTEMAS DE INFORMACIÓN XEOGRÁFICA
    • 1.1   Escala dos mapas.
    • 1.2   Sistemas de coordenadas.
    • 1.3   Proxeccións.
    • 1.4   Elipsoide, o xeoide e o datum.
    • 1.5   Sistemas de información xeográfica.
  2. BLOQUE II. SOFTWARE gvSIG
    • 2.1   Introdución gvSIG.
    • 2.2   Instalación gvSIG.
    • 2.3   Operacións básicas.
  3. BLOQUE III. CREACIÓN DE MAPAS
    • 3.1   Documentos tipo mapa.
    • 3.2   Preparar páxina.
    • 3.3   Inserir elementos nun mapa.
    • 3.4   Ferramentas de edición e navegación dentro do mapa.
    • 3.5   Equipos.
    • 3.6   Impresión.
    • 3.7   Exportación a outros formatos.
  4. BLOQUE IV. ANÁLISE VECTORIAL
    • 4.1   Representación da información espacial.
    • 4.2   Introdución de datos espaciais.
  5. BLOQUE V. ANÁLISE VECTORIAL II
    • 5.1   Modelo de estrutura de datos vectorial de gvSIG.
    • 5.2   Ferramentas de edición gráfica.
    • 5.3   Geoprocesamento.
  6. BLOQUE VI. ANÁLISE RASTER I
    • 6.1   Representación e estrutura dos datos raster.
    • 6.2   Tratamento básico de datos raster.
    • 6.3   Análise do relevo.
  7. BLOQUE VII. ANÁLISE RASTER II
    • 7.1   Análise de cambios.
    • 7.2   Extracción de información de capas raster.
    • 7.3   Aplicacións en ecoloxía da paisaxe.
  8. CASOS PRÁCTICOS
    • 8.1   Cartografía temática.
    • 8.2   Aplicacións de análise vectorial.
    • 8.3   Dixitalización de puntos, liñas e polígonos a partires de imaxes.
    • 8.4   Aplicacións de análise raster.

Impartido en

Laboratorio 12 da E.T.S.E. de Minas

Campus de Vigo

Observacións

CERTIFICADO DE ASISTENCIA:
A asistencia ao curso será certificada pola Universidade de Vigo a todos aqueles inscritos que asistan polo menos, a doce sesións presenciais completas das catorce que ten o curso (cada sesión equivale a dúas horas).

Profesorado

RAMÓN ALBERTO DÍAZ VARELA

MARÍA SILVIA CALVO IGLESIAS

GONZALO MÉNDEZ MARTÍNEZ

EDUARDO GARCÍA

EMILIO RAFAEL DÍAZ VARELA

SVEN D. ADLER

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos