Meditación de atención plena no proceso de ensino-aprendizaxe (Campus de Pontevedra)

Información do curso

Meditación de atención plena no proceso de ensino-aprendizaxe (Campus de Pontevedra)


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPP3003
Nome Meditación de atención plena no proceso de ensino-aprendizaxe (Campus de Pontevedra)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 20
Descrición A finalidade do curso é facilitar ao profesorado unhas habilidades para afrontar con éxito a súa adaptación ao EEES e saber manexar a síndrome xeral de adaptación (estrés), situacións que producen trastornos de ansiedade e en xeral, calquera tipo de emoción aflitiva. De este xeito un profesor emocionalmente funcional poderá detectar o conflito emocional nos seus alumnos e facilitar a mellora de actitudes cara a súa materia.
Información de contacto:  
 · Teléfono 986813596
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

O Curso de "Meditación de atención plena no proceso de ensino-aprendizaxe" insírese dentro das accións formativas institucionais da Universidade de Vigo para o ano 2010. As devanditas accións formativas están organizadas pola vicerreitoría de Formación e Innovación Educativa, a través da Área de Innovación Educativa.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 18/12/2009 12:00 - 31/01/2010 23:59
Período de docencia 02/02/2010 - 20/04/2010

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 0
Número máximo de participantes 20

Destinatarios/as

O presente curso está destinado a todos os profesores e profesoras da Universidade de Vigo.

Obxectivos

  1. Obxectivos xerais:
    • 1   Aprender a desentenderse do poder das emocións destrutivas e a cultivar emocións máis sas e positivas. Aprender a reducir a síndrome xeral de adaptación (estrés), a ansiedade, e en xeral minimizar/neutralizar os efectos de calquera emoción aflitiva.
  2. Obxectivos específicos:
    • 2.1   Conceptos: (saber) Comprender os elementos básicos da reacción emocional. Comprender o mecanismo de funcionamento da síndrome xeral de adaptación e do trastorno de ansiedade.
      1. Concepto de emocion. Funcions das emocións. Tipos de emocion.
      2. Neurociencia da emoción.
      3. Repercusións psíquicas e físicas das emocions: ansiedade e estrés (Síndrome xeral de adaptación).
      4. Fisioloxía respiratoria.
      5. Fisioloxía do sistema nervoso.
      6. Coñecer diferentes métodos de relaxación.
      7. Coñecer os métodos cognitivo-condutuais.
      8. Comprender o papel da unidade corpo-mente no enfrontamento do estrés e da ansiedade.
      9. Comprender o método meditación de atención plena.
    • 2.2   Procedementos: (saber facer) Saber aplicar técnicas para enfrontar unha situación de estrés ou de ansiedade, no proceso de ensino e aprendizaxe.
      1. Distinguir de forma práctica o mecanismo respiratorio e as suas fases.
      2. Aprender a fisioloxia respiratoria básica: abodominal, intercostal, clavicular e completa.
      3. Saber utilizar diferentes métodos de relaxación.
      4. Aprender a aplicar os principios do ioga físico en situacións cotiás.
      5. Aprender os métodos de meditación de atención plena.
    • 2.3   Actitudes: (saber estar) Favorecer o desenvolvemento de actitudes emocionalmente positivas para asumir os novos roles docentes-investigadores dentro do EEES. Mellora das actitudes ante o proceso de ensino e aprendizaxe.
      1. Saber dar resposta ás situacions emocionais evitando a reacción conflitiva: aplicación específica á síndrome xeral de adaptación (estrés) e a ansiedade.
      2. Apreciar o valor das actitudes no proceso de ensino e aprendizaxe.

Criterios de selección

Ofértanse 20 prazas que se irán cubrindo por rigorosa orde de preinscrición.

Calendario

O curso celebrarase os días:

2, 9 e 23 de febreiro, 2, 9, 16 e 23 de marzo, 6, 13 e 20 de abril de 18:00 a 20:00

Programa

  1. Introdución ás técnicas de meditación:
    • 1.1   Introdución.
    • 1.2   Respiración.
  2. Relaxación e emocións:
    • 2.1   Relaxación.
    • 2.2   Emocións.
  3. Ioga e meditación de atención plena:
    • 3.1   Ioga.
    • 3.2   Meditación de atención plena.
  4. O estrés no contexto laboral:
    • 4.1   Causas e condicións.
    • 4.2   Afrontamento do estrés.
  5. A ansiedade no proceso de ensino-aprendizaxe:
    • 5.1   Causas e condicions.
    • 5.2   Afrontamento da ansiedade.

Impartido en

Casa das Campás

Campus de Pontevedra

Observacións

CERTIFICADO DE ASISTENCIA:

A asistencia ao curso será certificada pola Universidade de Vigo a todas aquelas persoas inscritas que asistan, polo menos, a oito sesións completas das dez que ten o curso.

Profesorado

JOSÉ VICENTE NOVEGIL SOUTO

Profesor titular da Universidade de Vigo

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos