Comunicación escrita en español para enxeñeiros (Campus de Pontevedra)

Información do curso

Comunicación escrita en español para enxeñeiros (Campus de Pontevedra)


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPP4501
Nome Comunicación escrita en español para enxeñeiros (Campus de Pontevedra)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Mixta (Presencial e virtual)
Horas 12
Descrición O curso busca formar aos docentes e investigadores na redacción académica e normativa de documentos, fundamentalmente, informes, correos electrónicos e artigos. A comunicación escrita é unha ferramenta necesaria e de gran utilidade que todo docente precisa manexar con soltura. Repasaranse os aspectos máis importantes para conseguir unha comunicación eficaz.
Información de contacto:  
 · Teléfono 986813596
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

O curso "Comunicación escrita en español para enxeñeiros" insírese dentro das accións formativas institucionais da Universidade de Vigo para o ano 2009. As devanditas accións formativas están organizadas pola vicerreitoría de Formación e Innovación Educativa, a través da área de Innovación Educativa.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 23/04/2009 17:00 - 22/06/2009 12:00
Período de docencia 23/06/2009 - 07/07/2009

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 0
Número máximo de participantes 20

Destinatarios/as

O presente curso está destinado a todos os profesores e profesoras da Universidade de Vigo.

Obxectivos

  •   Aprender a recoñecer e correxir os erros máis comúns que se cometen nun texto.
  •   Facilitar a redacción das distintas seccións dun informe de investigación, un artigo científico, un correo electrónico, etc. en función do perfil e das necesidades específicas do docente ou do investigador.
  •   Ensinar a manexar as ferramentas útiles e esenciais para unha boa redacción.
  •   Practicar a redacción de diferentes tipos de texto.

Criterios de selección

Ofértanse 20 prazas que se irán cubrindo por rigorosa orde de preinscrición.

Calendario

O curso celebrarase os días:

23 e 30 de xuño e 7 de xullo de 16:30 a 19:30

Programa

Parte presencial

Tema 1. A capacidade de comunicación e a súa relación co éxito profesional no ámbito docente e investigador

   1.1 Esquema comunicativo

   1.2 As funcións da linguaxe

   1.3 Cuestións normativas

   1.4 Ferramentas útiles en Internet para unha correcta redacción

Tema 2. O texto.

   2.1 A elaboración do texto

     2.1.1 Organización en función do contido

     2.1.2 Coherencia e cohesión

   2.2 O correo electrónico e a carta

     2.2.1 Estrutura

     2.2.2 Tipoloxía

     2.2.3 Características

Tema 3. Redactar e organizar un texto científico ou técnico.

   3.1 Informes técnicos e artigos de investigación

     3.1.1 Fases de elaboración

     3.1.2 Estrutura

     3.1.3 Características

Parte virtual

Actividade proposta: Redacción dun texto académico breve

Impartido en

Aula de informática da E.U. de Fisioterapia

Campus de Pontevedra

Observacións

CERTIFICADO DE ASISTENCIA:
A asistencia ao curso será certificada pola Universidade de Vigo a todas aquelas persoas inscritas que asistan ás tres sesións presenciais completas e participen satisfactoriamente na parte virtual.

Profesorado

INMACULADA ANAYA REVUELTA

SUSANA RODRÍGUEZ BARCIA

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos