Contornos Virtuais como Soporte ao Proceso Docente (Campus de Ourense)

Información do curso

Contornos Virtuais como Soporte ao Proceso Docente (Campus de Ourense)


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPP0407
Nome Contornos Virtuais como Soporte ao Proceso Docente (Campus de Ourense)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Mixta (Presencial e virtual)
Horas 50
Descrición O Curso-Obradoiro “Contornos Virtuais como Soporte ao Proceso Docente” quere achegar o uso dos contornos virtuais á docencia presencial do profesorado.
Información de contacto:  
 · Teléfono 986813596
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

O Curso-Obradoiro "Contornos Virtuais como Soporte ao Proceso Docente" insírese dentro das accións formativas institucionais da Universidade de Vigo para o ano 2009. As devanditas accións formativas están organizadas pola Vicerreitoría de Formación e Innovación Educativa e a súa Área de Innovación Educativa.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 18/03/2009 17:00 - 21/04/2009 12:00
Período de docencia 22/04/2009 - 22/05/2009

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 20
Número máximo de participantes 35
Créditos ECTS 2

Destinatarios/as

O presente Curso-Obradoiro está destinado a todos os profesores e profesoras da Universidade de Vigo.

Obxectivos

A finalidade do curso é facilitar ao profesorado unha pauta de actuación sobre o que significa exercer a docencia nun contorno virtual como complemento a súa docencia presencial, situación coa que se deberán enfrontar a partir da aplicación do modelo de ensino-aprendizaxe xurdido do Espazo Europeo de Educación Superior (EEES).

¿Como se poden enfocar as titorías coa axuda dos contornos virtuais? ¿Como se debe elaborar e/ou presentar o material e os contidos cando o contacto presencial entre profesor/a e alumno/a se reduce? ¿Como podemos motivar ao alumnado nesta nova situación? ¿Que estratexias son aconsellables desenvolver para que o alumno/a poida asimilar os contidos sen a presenza do profesor/a?

O curso consta de dúas partes, un Seminario virtual e un Seminario presencial, que se complementan. Polo tanto, é imprescindible a presenza activa no seminario virtual para un adecuado aproveitamento da parte presencial. No primeiro, afróntanse as diferenzas básicas entre as dúas formas de docencia, que deben ser necesariamente distintas, a partir da reflexión sobre os cambios e da discusión sobre exemplos prácticos. No segundo, analizaranse e discutirán varios casos desde un enfoque eminentemente práctico.

Criterios de selección

Ofértanse 35 prazas que se irán cubrindo por rigorosa orde de preinscrición.

Calendario

Trátase dun curso semipresencial, cunha duración dun mes para a parte virtual (equivalente a 2 ECTS) e tres sesións presenciais de 4 horas cada unha.

Xornada de presentación por videoconferencia: O día 22 de abril de 10:00 a 11:00 horas na Sala de Audiovisuais da Biblioteca Central, no Campus de Ourense.

Parte virtual: Do 23 de abril ao 20 de maio.

Parte presencial:

Impartirase os días:

21 de maio de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas
22 de maio de 9:30 a 13:30 horas

Programa

Bloque 0: Videoconferencia

“Presentación”

( Sesión matinal )

A sesión de presentación do curso será realizada polos profesores do curso dende a UOC e poderá seguirse a través de videoconferencia dende a Sala de Videoconferencia da Biblioteca Central de 12:00 a 13:00 horas o 22 de abril de 2009.

Bloque 1: Seminario Virtual

“Enfrontarse á docencia virtual”

( 1 mes de docencia virtual )

Terá unha duración dun mes, e desenvolverase na plataforma Claroline (FaiTIC) da Universidade de Vigo, por medios asíncronos. Disporase dun material de lectura e consulta e estableceranse unha serie de actividades para realizar neste período de tempo, que serán moderadas, asesoradas e avaliadas por dous profesores da UOC. Os participantes compartirán espazos comúns de discusión e intercambio das súas experiencias.

Obxectivos

Os obxectivos deste seminario exprésanse nas seguintes competencias xerais que os participantes deberían ter adquirido ao finalizar o mesmo:

  • Capacidade para percibir o significado do cambio no rol e acción docente que requiren os procesos de ensino e aprendizaxe abordados coas novas tecnoloxías, tendo en conta o contexto, os medios e a modalidade de formación na que estes se enmarquen.
  • Habilidade para recoñecer e evitar os tópicos asignados a uns e outros modelos de ensino, segundo sexa o contorno no que se desenvolva o proceso e as ferramentas coas que se conta, para comprender que o uso das novas tecnoloxías non produce por si só metodoloxías docentes máis eficientes.
  • Coñecemento das competencias características da docencia con novas tecnoloxías, e tamén das súas tarefas e funcións, para desenvolvelas e poñelas en práctica de xeito adecuado segundo o modelo de ensinanza con novas tecnoloxías no que se participe.

Contidos

  1. Cambios na acción docente: da presencialidade á virtualidade.
  2. Funcións e tarefas da docencia con novas tecnoloxías: deseño e planificación da formación.
  3. As competencias docentes no uso formativo das novas tecnoloxías.
  4. Resistencias e expectativas do docente presencial cara a docencia virtual.


Bloque 2: Seminario Presencial

PROCESOS DOCENTES CON APOIO DE CONTORNOS VIRTUAIS

(12 horas)

Día: XOVES, 21 de maio do 2009.

Horario: de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas

Día: VENRES, 22 de maio do 2008.

Horario: de 9:30 a 13:30 horas

O seminario presencial consistirá en tres sesións (1 día e medio) de análise de casos e resolución de problemas vinculados a situacións reais na docencia, fundamentalmente semipresencial.

A metodoloxía será eminentemente participativa, de xeito que as inquietudes do profesorado queden reflectidas na análise e a solución dos casos formulados. Requirirase unha participación activa e unha máxima implicación no desenvolvemento do seminario.

Será conducido por dous profesores da UOC.

Obxectivos

Os obxectivos formularanse, de novo, en forma de competencias a adquirir:

  • Poder intervir, crítica e creativamente, na análise e desenvolvemento de propostas docentes que incorporen o uso do e-learning na docencia presencial.
  • Dispor dos criterios apropiados para identificar os factores críticos dun escenario formativo no que deben intervir as novas tecnoloxías.
  • Habilidade para deseñar accións formativas complementarias á presencialidade, a partir da análise de experiencias.

Contidos:

  • Caso 1: A transformación dunha proposta formativa presencial
  • Caso 2: O deseño dun curso en liña
  • Caso 3: A creación de contidos

Impartido en

A xornada inicial de presentación terá lugar na Sala de Audiovisuais da Biblioteca Central do Campus de Ourense

O 21 e o 22 de maio no Salón de graos do Edificio Facultades

Observacións

CERTIFICADO DE ASISTENCIA:

A asistencia ao curso será certificada pola Universidade de Vigo a todas aquelas persoas inscritas que asistan polo menos a seis sesións presenciais completas das sete que ten o curso (videoconferencia máis unha sesión cada dúas horas) e participen satisfactoriamente na parte virtual.

Profesorado

ALBERT SANGRÀ
Profesor da Universitat Oberta de Catalunya

LOURDES GUÀRDIA
Profesora da Universitat Oberta de Catalunya

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos