Atopa o teu curso

Información do curso

COLOREADO DIXITAL DA ILUSTRACIÓN


Tipo Curso de Formación
Código CFP0007
Nome COLOREADO DIXITAL DA ILUSTRACIÓN
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade presencial
Descrición Partindo dun coñecemento básico da teroría da cor e o manexo de Photoshop, o obxectivo do curso é amosar ó alumno diversas opcións de coloreado dixital utilizando Photoshop, partindo de exemplos de coloreado de cómic e ilustración. Tamén se darán durante o curso nocións para o uso de Photoshop con outros programas, ou técnicas de coloreado mixtas, que inclúan o uso de técnicas tradicionais en combinación co Photoshop. O software Photoshop non só é estándar en retoque fotográfico, senón unha ferramenta cada vez máis usada por ilustradores, tanto para retocar ilustracións con técnicas tradicionais como para crear imaxes directamente.
Información de contacto:  
 · Teléfono
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Entidades organizadoras

Vicerreitoría do Campus de Pontevedra

Información sobre o calendario (datas)

Período de preinscrición 02/03/2009 08:46 - 03/03/2009 23:59
Período de matrícula 04/03/2009 00:00 - 06/03/2009 23:59
Período de docencia 09/03/2009 - 16/03/2009

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 0
Número máximo de participantes 0

Obxectivos

Dotar ao alumnado de opcións básicas para o uso de Photoshop no coloreado dixital. Informar ao alumno acerca de alternativas ao Photoshop para o coloreado dixital e ferramentas complementarias. Capacitar ao alumno para que coas ditas nocións básicas poida profundizar na investigación e no desenvolvemento das súas capacidades.

Criterios de selección

O alumnado será seleccionado por rigorosa orde de solicitude, previo pago das taxas de matrícula.

Calendario

9, 11, 12 e 16 de marzo, de 16.00 a 20.00 horas.

Programa

Axustes en Photoshop para o coloreado dixital. Información sobre hardware adicional ao equipo. As tabletas gráficas. Tipos de coloreado só con Photoshop. Uso de técnicas tradicionais en combinación con Photoshop. Uso doutros programas en combinación con Photoshop (só exemplos). Ferramentas adicionais.

Modo de pagamento

As taxas de matrícula son de 10 euros. Poderán facer o ingreso en calquera sucursal de Caixanova indicando o código do curso, dende o 2 ao 3 de marzo, facendo chegar o resgardo de pagamento á secretaría da Vicerreitoría do Campus de Pontevedra, ben por correo electrócnico, por fax ou persoalmente. Unha vez confirmada a inscrición, procederase á matrícula no curso.

Impartido en

Aula Tecnolóxica da Casa das Campás de Pontevedra.

Profesorado

Javier Montes

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos