Obradoiro para a elaboración de guías docentes ECTS (Campus de Ourense)

Información do curso

Obradoiro para a elaboración de guías docentes ECTS (Campus de Ourense)


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPP1006
Nome Obradoiro para a elaboración de guías docentes ECTS (Campus de Ourense)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Mixta (Presencial e virtual)
Horas 20
Descrición O curso pretende preparar ao profesorado na elaboración de guías docentes adaptadas aos créditos ECTS, prestando especial atención á súa estrutura xeral, e a aspectos como definición das competencias, cronograma das horas de aprendizaxe dos estudantes, metodoloxía docente e sistemas de avaliación.
Información de contacto:  
 · Teléfono 986813596
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 13/02/2009 12:00 - 12/03/2009 12:00
Período de docencia 13/03/2009 - 27/03/2009

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 0
Número máximo de participantes 20

Destinatarios/as

O curso está destinado a todo o profesorado da Universidade de Vigo que careza ou teña escasa experiencia na elaboración das guías ECTS.

Obxectivos

Iniciar ao profesorado no proceso de deseño de guías docentes adaptadas ao Sistema Europeo de Transferencia de Créditos (ECTS).

Criterios de selección

Ofértanse 20 prazas que se irán cubrindo por rigorosa orde de preinscrición.

Calendario

13 de marzo, venres, sesións presenciais de 11:00-13:00 e de 16:00-18:00
Do 14 ao 23 de marzo traballo autónomo titorizado.
27 de marzo, venres, sesións presenciais de 11:00-13:00 e de 16:00-18:00

Programa

Bloque 1: Obradoiro presencial “Cómo elaborar guías docentes”
4 horas
A sesión será fundamentalmente práctica, contando cunha breve introdución teórica en cada grupo de actividades.
Obxectivos: Adquirir dende a práctica as competencias básicas para o deseño das guías docentes
Contidos:
1. Sobre o crédito europeo:
Concepto
Equivalencias
Cálculo por materias
2. Sobre os obxectivos da titulación e as materias
Definición de obxectivos en termos de competencias
Do Libro Blanco da titulación (correspondente ao profesorado asistente) á definición de competencias por materia
Clasificacións das competencias
Elaborando un borrador de competencias por materia
3. Sobre o traballo dos estudantes
Novo concepto do traballo dos estudantes. Actividades presenciais e non presenciais
Proceso de titorización: presencial (obrigatoria e voluntaria) e virtual
Elaborando un plan de traballo para os estudantes, especificando tempos de aprendizaxe
4. Sobre a metodoloxía
Ampliación da variedade das actividades de ensino/aprendizaxe
Inclusión de diferentes agrupamentos de traballo
Algúns exemplos de actividades
5. Sobre a avaliación
Incorporación de diversos criterios e ponderacións
Avaliación da experiencia piloto
Actividades:
Equivalencia dos créditos actuais dunha materia dada aos créditos ECTS
Selección e clasificación de competencias
Organización da materia a partir do traballo dos estudantes
Elaboración dun cronograma de tempo de aprendizaxe dos estudantes
Establecemento de novos eixos metodolóxicos
Revisión do sistema de avaliación
Bloque 2: Obradoiro virtual: “Deseñando e revisando as guías”
12 horas
Este bloque levaráse a cabo en dúas partes diferenciadas.
Na primeira delas, cunha duración aproximada de 8 horas, cada profesor ou profesora deseñará, se é preciso co asesoramento axeitado, a guía docente dunha materia ao seu cargo, tomando como base o borrador realizado no bloque anterior. A guía enviaráse por correo electrónico ás persoas responsables do obradoiro, quenes, unha vez revisadas, devolveranas comentadas aos seus autores/as .
Na segunda parte do obradoiro virtual, cunha duración aproximada de 4 horas, cada docente tentará revisar a súa guía, elaborando unha proposta sólida e estruturada de tal xeito que poida xa ser levada á práctica.
Bloque 3: Obradoiro presencial: “Puntos críticos no deseño das guías”
4 horas
Obxectivo: Analizar os puntos fortes e débiles que o profesorado asistente percibe tanto no deseño como na posta en práctica das guías ECTS.
Contidos:
1. Intercambio de experiencias
2. Cambios no ensino/aprendizaxe derivados da implantación do sistema ECTS
3. Dificultades na implantación
4. Experiencias innovadoras

Impartido en

O día 13 de marzo na Aula de informática da Biblioteca Central.

O día 27 de marzo no Salón de Graos do Edificio de Ferro.

Campus de Ourense

Observacións

CERTIFICADO DE ASISTENCIA:
A asistencia ao curso será certificada pola Universidade de Vigo a todos aqueles inscritos que asistan ás catro sesións presenciais completas e participen satisfactoriamente na parte virtual.

Profesorado

Carmen Ricoy Lorenzo
Mercedes Suárez Pazos

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos