Elaboración de documentación electrónica de forma fácil (Campus de Ourense)
Información do curso
Elaboración de documentación electrónica de forma fácil (Campus de Ourense)
Tipo | Curso de formación do PDI | ||||
Código | PFPP0803 | ||||
Nome | Elaboración de documentación electrónica de forma fácil (Campus de Ourense) |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Horas | 20 | ||||
Descrición | O curso vai abordar os problemas da creación, fluxo, manexo e organización da información documental electrónica, o seu uso didáctico e os medios, ideas e programas para xestionar de forma simple e correcta a documentación electrónica. Como aplicación práctica, verase unha forma fácil e sinxela de publicar programas de materias, apuntamentos e outros documentos nunha páxina web, sen necesidade de saber programación informática, nin utilizar ningunha aplicación complexa para crear páxinas web. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986813596 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Descrición
O curso “Elaboración de documentación electrónica de forma fácil” insírese dentro das accións formativas institucionais da Universidade de Vigo para o ano 2008. As devanditas accións formativas están organizadas pola Vicerreitoría de Formación e Innovación Educativa e a súa Área de Innovación Educativa.Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 11/09/2008 17:00 - 12/11/2008 12:00 |
---|---|
Período de docencia | 13/11/2008 - 16/12/2008 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 0 |
---|---|
Número máximo de participantes | 20 |
Destinatarios/as
O curso está destinado a todo o profesorado da Universidade de Vigo con coñecementos de nivel medio de Windows 98/Me/XP/NT, de Internet e dalgún programa de aplicación (procesador de textos, xestor de bases de datos, programas de ilustración, de deseño asistido por ordenador, etc.).
Obxectivos
Ao finalizar o curso o alumnado debe ser capaz de:
- Familiarizarse cos diferentes formatos e soportes utilizados habitualmente nos documentos electrónicos.
- Aprender a crear de forma fácil e rápida documentos en formato PDF, vendo as posibilidades que este formato nos aporta.
- Crear documentos a partir de información escrita en papel ou a partir doutros documentos electrónicos (PDF).
- Abordar satisfactoriamente o uso didáctico dos documentos en soporte electrónico con diversos medios (CD-ROM, web, etc.).
- Publicar, facilmente, apuntamentos e documentos en páxinas web.
- Coñecer e manexar algunhas das ferramentas informáticas máis importantes para a xestión de documentación electrónica.
Criterios de selección
Ofértanse 20 prazas que se irán cubrindo por rigorosa orde de preinscrición.
Calendario
Datas: 13, 18, 20, 25, 27 de novembro e 2, 4, 9, 11 e 16 de decembro de 2008Horario: 17:00-19:00 horas
Programa
1. Contorno de traballo:- Equipamento informático. Hardware.
- Estrutura dos soportes de arquivos. Unidades, Carpetas, Ficheiros.
- Unidades Físicas. Unidades Lóxicas.
- Os Sistemas Informáticos. O contorno de traballo.
- Tipos de Ficheiros. As Extensións.
- Seguridade Informática.
- Organización da información.
- Copias de Seguridade. Copia Hard e copia Soft. Medidas e hábitos seguros.
- Firma electrónica.
- Formato PDF de Acrobat.
- Como Ler PDF.
- Como Crear PDF.
- Posibilidades multimedia dos PDF (audio, vídeo, interacción, etc.).
- Protección de ficheiros PDF. USER e OWER. Niveis de seguridade.
- Publicación e divulgación de información en formato PDF: Web, CD, etc.
- Os Metadatos.
- Utilidades. Ver Metadatos. Editar Metadatos. Previsualizar. Procurar información.
- Xestión de Metadatos de Ficheiros.
- Buscadores no ordenador. Aplicacións.
- Dixitalización de documentación.
- Formatos raster e formato carácter.
- Recoñecemento óptico de caracteres (OCR).
- Formatos e conversión de formatos (conversión de PS a PDF, etc.).
- Enxeñaría inversa, do dixitalizado ao documento (conversión dun PDF a Word, Excel, etc.).
- Programas de creación e xestión de ficheiros PDF.
- Programas de xestión de metadatos (Catalogue).
- Programas de xestión de bibliografía (End Notes).
- Buscadores de Escritorio (Copernic).
- Compresores e conversores de formatos.
Impartido en
Aula de Informática da Biblioteca CentralCampus de Ourense
Observacións
CERTIFICADO DE ASISTENCIA:A asistencia ao curso será certificada pola Universidade de Vigo a todos aqueles inscritos que asistan, alomenos, a oito sesións presenciais completas das dez que ten o curso.
Profesorado
José A. Alonso Rodríguez
José C. Troncoso Saracho