Elaboración do Informe de Sostibilidade Empresarial

Información do curso

Elaboración do Informe de Sostibilidade Empresarial


Tipo Evento
Código ESG
Nome Elaboración do Informe de Sostibilidade Empresarial
  Non está habilitada a opción de preinscrición en liña para este curso.
Modalidade Presencial
Horas 4
Descrición

As empresas precisan profesionais que coñezan as novas obrigas dos informes anuais de sostibilidade ESG, de acordo coa nova directiva europea vinculada aos obxetivos do “Green Deal”. Para tal fin, a Xunta de Galicia e a Universidade de Vigo promoven a realización dun curso de formación gratuíto dirixido ao PDI, profesionais, e estudantes de calquera rama de coñecemento, nunha única sesión de 4h.

ACTUALIZACIÓN: AFORO COMPLETO para as 3 edicións

Información de contacto:  
 · Teléfono 988368706
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

Nos próximos anos moitas empresas galegas (1.800 empresas) estarán obrigadas a publicar informes anuais de sostibilidade ESG (ambiental, social, bo goberno), de acordo cunha nova directiva europea vinculado aos obxectivos do “Green Deal”.

As empresas precisan profesionais que coñezan estas novas obrigas. Para tal fin, a Xunta de Galicia e a Universidade de Vigo promoven a realización dun curso de formación que terá lugar nunha única sesión de 4h (3h con actividades prácticas).

Dirixido ao PDI interesado nos contidos do curso, profesionais da empresa ou doutro ámbito, e mais estudantes de calquera rama de coñecemento (enxeñerías, ciencias naturais, dereito, economía e finanzas, etc.).

Un curso gratuíto, no que se entregará aos participades un certificado da formación recibida.

Entidades organizadoras

Grupo de investigación GEN da Universidade de Vigo, Xunta de Galicia e Ministerio de Trabajo y Economía Social.

Destinatarios/as

PDI interesado nos contidos do curso, profesionais da empresa ou doutro ámbito, e mais estudantes de calquera rama de coñecemento (enxeñerías, ciencias naturais, dereito, economía e finanzas, etc.).

Obxectivos

Ser capaz de deseñar e avialiar os contidos do Informe de Sostibilidade Empresarial.

Criterios de selección

O límite de prazas de cada sesión é de 27. A admisión farase por orde de rexistro ata completar aforo.

Estado do aforo:

Xoves 19 de outubro, Ourense: 27/27 - AFORO COMPLETO

Venres 20 de outubro, Torrecedeira: 27/27 - AFORO COMPLETO

Luns 23 de outubro, Cuvi: 27/27 - AFORO COMPLETO

Calendario

Realizaranse tres edicións do curso de xornada única en tres Facultades distintas, nas seguintes datas:

Xoves 19 de outubro, de 16h a 20h, Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo (Ourense) - AFORO COMPLETO

Venres 20 de outubro, de 9:30h a 13:30h, Facultade de Comercio (Torrecedeira) - AFORO COMPLETO

Luns 23 de outubro, de 16h a 20h, Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais (cuvi) - AFORO COMPLETO

Programa

Sesión Introdutoria (1h): Contextualización e descrición do deseño xeral do informe de sostibilidade dunha empresa, prestando especial atención ao concepto de dobre materialidade, e ás necesidades de información comúns para cada bloco ESG:

  • Análise de impactos, riscos e oportunidades
  • Políticas
  • Accións e recursos
  • Métricas e obxectivos
  • Efectos financeiros previstos asociados aos riscos e oportunidades

 

Sesión Práctica (3h): Analizar os contidos dos informes publicados por empresas galegas baixo o modelo de informe non financeiro, e identificar a información adicional que debe ser incluída nos novos informes de sostibilidade:

  • Información ambiental (5): cambio climático, contaminación, auga e recursos mariños, uso de recursos e economía circular, biodiversidade e ecosistemas.
  • Información social (3): traballadores, consumidores, comunidades afectadas.
  • Información de gobernanza (1): ética.
  • Discusión final e conclusións

Modo de pagamento

Gratuíto

Profesorado

Miguel Rodríguez Méndez, Catedrático de Economía, experto e Economía de la Energía y Economía Circular.

Ernesto López Valeiras, Profesor Titular en Economía Financeira e Contabilidade, experto en Sistemas de Medición do Rendemento.

Belén Fernández-Feijoo Souto, Catedrática de Economía Financiera y Contabilidad, trabaja en temas de Reporting de Sostenibilidad.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos