Atopa o teu curso

Información do curso

Metodoloxía do Enfoque do Marco Lóxico (EML) aplicada aos Proxectos de Cooperación Internacional ao desenvolvemento presentados polas universidades galegas (Campus de Ourense)


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPEML23
Nome Metodoloxía do Enfoque do Marco Lóxico (EML) aplicada aos Proxectos de Cooperación Internacional ao desenvolvemento presentados polas universidades galegas (Campus de Ourense)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Mixta (Presencial e virtual)
Horas 24
Descrición

As universidades son actores clave en todo este proceso de axuda ao desenvolvemento e potentes impulsoras da innovación, o desenvolvemento económico e o benestar social, é por iso que teñen un papel fundamental para lograr o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e á vez, beneficiarse e comprometerse coa Axenda 2030.
Este curso insírese dentro do Programa de formación da Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento (RGUC) destinada á comunidade universitaria galega e está financiado con cargo ao convenio asinado polas tres universidades e a Xunta de Galicia.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

Este curso insírese dentro do Programa de Formación Permanente do Profesorado da Universidade de Vigo para o ano 2023.

O enfoque do curso adáptase á formación básica a partir das necesidades e tempos compartidos, sen esquecer o contexto actual, normativo e legal que acompaña unha formulación de proxectos de desenvolvemento. Así, enmárcase nas peculiaridades das convocatorias públicas da orde anual das bases publicadas pola Cooperación Galega da Xunta de Galicia, na declaración de Nacións Unidas “Transformando noso mundo: A Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible” que é un dos acordos globais máis ambiciosos e transcendentais da historia recente, na Lei 23/1998, do 7 de xullo, de cooperación internacional para o desenvolvemento (Goberno de España, 1998) e da actual Lei 10/2021, do 9 de marzo, reguladora da acción exterior e da cooperación para o desenvolvemento de Galicia, así coma na estratexia de resposta á COVID-19 da Cooperación Galega ou do IV Plan Director da Cooperación Galega (2018-2021).

Entidades organizadoras

A Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento (RGCUD), conformada polas Universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, ten como finalidade promover o traballo en rede entre as universidades galegas nos eidos da Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento (CUD), e a Educación para o desenvolvemento (EpD).

Área de Equidade e Diversidade (Vicerreitoría de Benestar, Equidade e Diversidade) da Universidade de Vigo.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 14/09/2023 12:00 - 03/10/2023 23:59
Período de docencia 04/10/2023 - 05/11/2023

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 20

Destinatarios/as

Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo. Terá prefencia o profesorado que estea no POD deste ano académico e que teñan solicitado proxectos de cooperación con anterioridade.
Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.

Obxectivos

  • Demostrar o coñecemento práctico da metodoloxía do Enfoque de Marco Lóxico.

  • Identificar erros comúns nas formulacións presentadas a subvencións públicas de convocatorias anteriores.

Criterios de selección

Por orde de preinscrición.

Calendario

O curso desenvolverase en modalidade virtual síncrona e presencial no Campus de Ourense.

Parte presencial (16 horas):
Os días 4, 11, 18 e 25 de outubro 16 a 20 horas.

Traballo autónomo (8 horas):
Desenvolvemento de tarefas de formulación de proxectos a realizar individualmente.
Ata o día 5 de novembro.

Programa

Parte presencial (16 horas):

Día 1. Teoría e práctica. 4 horas

Presentación e Introdución:

  • Presentación dos obxectivos do curso e da metodoloxía de traballo.
  • Exposición teórica sobre o Ciclo dun Proxecto de Desenvolvemento.
  • Ciclo do Proxecto e a Metodoloxía do Enfoque del Marco Lóxico.
  • Organización dos grupos de traballo. Posta en común do caso práctico.

Día 2_Traballo en Grupos. Teoría e práctica. 4 horas

Identificación do proxecto na Cooperación Universitaria_ O enfoque de desenvolvemento:

  • A misión de identificación do proxecto. Axenda no terreo.
  • Análise da Participación e concreción do colectivo beneficiario.
  • Árbore de problemas e árbore de obxectivos.
  • Posta en común do traballo dos diferentes grupos (mesas).

Día 3. Traballo en Grupos. Teoría e práctica.4 horas.

Formulación do proxecto segundo formularios da Cooperación Galega e da AECID:

  • Análise de alternativas. Xustificación da alternativa elixida.
  • Obxectivo Xeral e Obxectivo Específico.
  • Resultados, Actividades, Indicadores e Fontes de Verificación na cooperación universitaria.

Día 4. Traballo en Grupos. Teoría e práctica.4 horas.

Formulación do proxecto segundo formularios da Cooperación Galega e da AECID:

  • Matriz do Marco Lóxico.
  • Como pasar da identificación do proxecto ao Documento de Formulación: Pertinencia, coherencia, financiamento, recursos humanos e técnicos, análise da entidade solicitante e contraparte local, poboación beneficiaria, viabilidade, complementariedade e incorporación dos enfoques transversais, adecuación e contribución aos principios da Declaración de París e aos ODS.
  • Claves para cubrir os documentos de formulación de diferentes axencias de desenvolvemento.

Execución, Seguimento e Avaliación.

  • A execución e a xustificación a partir da formulación.
  • Seguimento e acompañamento das actividades
  • Recursos económicos, técnicos e humanos.
  • Avaliación do proceso e dos resultados.

 

Traballo autónomo 8 horas:
Desenvolvemento de tarefas de formulación de proxectos a realizar individualmente entregaranse a través de MOOVI.
Ata o 5  de novembro.

Impartido en

A parte presencial:
Seminario 0.1 da Facultade de Dereito, no edificio Xurídico-Empresarial do Campus de Ourense.
As tarefas asíncronas realizaranse a través de Moovi.

Observacións

IMPORTANTE:

Lembre que segundo as directrices aprobadas pola Comisión de Estudos Propios (CEP) do 26 de xullo de 2022:
“As persoas matriculadas nun curso poderán renunciar a el cunha antelación mínima de tres días hábiles da data de comezo do curso, para deste xeito permitir a asistencia a outra persoa que estea na listaxe de agarda.
No suposto de que a persoa non comunique a súa renuncia coa antelación indicada ou que asista a menos do 20% da formación, terá a menor prioridade de acceso aos cursos que se realicen nos seis meses posteriores, a non ser que presente unha causa xustificada da non asistencia.
De acordo coas características do curso establecerase un mecanismo de control da asistencia ou realización.” Pode consultalas na seguinte ligazón.

Profesorado

Virginia Romero Sobral

É licenciada en Ciencias Políticas e da Administración e ten un mestrado en Acción Solidaria Internacional, Axuda Humanitaria e Migración, Asilo e Refuxio.
Ten unha experiencia de máis de 20 anos na identificación, formulación, xestión, xustificación e avaliación de programas e proxectos de cooperación ao desenvolvemento financiados pola Unión Europea, AECID, Xunta de Galicia e Fondo Galego de Cooperación etc.

Esther Rodríguez López

É licenciada en Dereito e ten un mestrado en Asuntos da Unión Europea.
Ten unha experiencia de máis de 20 anos na identificación, formulación, xestión, xustificación e avaliación de programas e proxectos de cooperación ao desenvolvemento financiados pola Unión Europea, AECID, Xunta de Galicia e Fondo Galego de Cooperación etc.

Sistema de avaliación

  • Asistencia ao 80% das sesións presenciais e a realización dos traballos requiridos.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos