III Seminario de Alfabetización contra a Desinformación

Información del curso

III Seminario de Alfabetización contra a Desinformación


Tipo Actividades recoñecidas coma formación permanente do profesorado
Código ARFP23
Nombre III Seminario de Alfabetización contra a Desinformación
  Recuerde que para acceder o matricularse en los cursos debe entrar en el sistema por el menú de Acceso (a la izquierda de la ventana). Si todavía no está registrado pulse aquí.
Modalidad Virtual síncrona
Horas 10
Descripción

A desinformación e os efectos das noticias falsas na sociedade xeran actualmente unha gran preocupación a nivel global. A cuestión, máis alá de ser tema habitual nos medios de comunicación e no debate político, foi abordada por distintos organismos e informes a nivel internacional que propoñen distintos enfoques para abordar o problema.  Dentro destes ámbitos de actuación –e da necesaria diversidade das frontes desde os que loitar contra a desinformación– destaca como elemento diferencial da alfabetización o seu carácter preventivo en lugar de reactivo, o que diferencia a esta estratexia de calquera outra.

A alfabetización mediática céntrase no coñecemento e as habilidades específicas que favorecen a comprensión crítica e o uso consciente dos medios de comunicación o que implica unha maior capacidade de detección e análise da desinformación.

Esta actividade está destinada ao profesorado e ao alumnado. Os diplomas serán realizados pola Vicerreitoría de Titulacións e Innovación docente.

 

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Correo electrónico
Compartir:

Descripción

Esta actividade formativa está recoñecida coma formación permanente do profesorado da Universidade de Vigo para o ano 2023.

Información sobre el calendario (fechas)

Período de matrícula 20/07/2023 12:00 - 18/09/2023 23:59
Período de docencia 19/09/2023 - 03/10/2023

Plazas y créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 100

Destinatarios/as

Esta actividade está destinada  principalmente ao profesorado da Universidade de Vigo e tamén poderá participar alumnado.

Objetivos

O obxectivo do seminario é mellorar a competencia dixital e mediática da cidadanía como estratexia de loita contra a desinformación. Para isto é preciso: comprender o fenómeno da desinformación, os seus efectos na sociedade e os seus mecanismos de propagación, así como os principais recursos para loitar contra ela.

Criterios de selección

Por orde de preinscrición.

Calendario

A actividade desenvolverase en modalidade virtual síncrona os días 19, 26 de setembro e 3 de outubro de 17.30 a 19 horas a través do Campus remoto.

A cuestionario estará dispoñible en Moovi data o 15 de outubro.

Programa

O seminario consta de 3 sesións síncronas en liña a través de Campus Remoto complementadas por material adicional en Moovi. As sesións online son as seguintes:

Martes 19/09/2023 ás 17:30. Charo Sábada. Catedrática da Universidade de Navarra.
“Los jóvenes ante la desinformación".

Martes 26/09/2023  ás 17:30. Carlos Elías. Profesor da Universidad Carlos III.
"El método científico como herramienta contra la desinformación".

Martes 03/10/2023 ás 17:30. Berta García Orosa. Profesora da Universidade de Santiago de Compostela.
"Algoritmos, periodismo y desinformación”.

As persoas participantes terán acceso a todo o material xerado e á proba en liña en Moovi para certificar a superación do curso ata o 15 de outubro.

Impartido en

A parte síncrona virtual desenvolverase a través do Campus remoto. Uns días antes recibirá os contrasinais para poder entrar.
A parte asíncrona (cuestionario) empregarase a plataforma Moovi.

Observaciones

Titorización:

Seguimento a través do foro e mensaxería de Moovi.

Profesorado

Charo Sábada Chalezquer

Catedrática de Comunicación da Universidade de Navarra. É unha referente na investigación sobre o impacto da tecnoloxía nas crianzas e nos/as adolescentes.

Carlos Elías

Catedrátido de Periodismo da Universidade Carlos III de Madrid. No ano 2019 obtivo a Cátedra Jean Monnet centrada na Desinformación e noticias falsas. O seu último libro escrito en inglés aborda o problema do futuro de Europa como consecuencia do auxe do pensamento máxico na poboación, a irrupción das narrativas fake news e o declive das voacións STEM entre a mocidade ocidental.

Berta García Orosa

Profesora titular da Facultade de Periodismo da Universidade de Santiago de Compostela. Pertence ao Grupo de Investigación Novos Medios.

O seminario está coordinado por María Isabel Míguez González, Alberto Dafonte e Jabier Abuín Penas (Grupo de Innovación Docente) DIXITAIS.

Sistema de evaluación

Asistencia ao 80 % das sesións presenciais e a superación dos exercicios propostos.

Asistencia ás sesións e realización dun cuestionario en liña sobre as conferencias e o material dispoñible en Moovi.

Cualquier duda acerca de los detalles de un curso debe dirigirla a la dirección de dicho curso. Por favor, consulte el apartado Información de contacto del curso.

Dirección electrónica (únicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos