A Unión Europea da era dixital: unha alternativa para os investigadores mozos

Información do curso

A Unión Europea da era dixital: unha alternativa para os investigadores mozos


Tipo Outros cursos
Código AUEED
Nome A Unión Europea da era dixital: unha alternativa para os investigadores mozos
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Virtual síncrona
Horas 3
Descrición

En xeral, desde numerosas e diversas perspectivas académicas, a UE proporciona alternativas para a realización de TFG, TFM ou teses de doutoramento. Esta actividade pretende presentar opcións e, así, estimular a realización de investigacións sobre a temática europea.    

Información de contacto:  
 · Teléfono 986 801973
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

Presentación

O desenvolvemento acadado pola UE en diversos aspectos é considerable. Cada vez é máis necesario incorporar a dimensión europea nas distintas áreas de investigación. A UE constitúe, pois, unha fonte de inspiración e orientación para calquera universitario que inicie a súa carreira investigadora coa elaboración dunha tese de doutoramento ou que pretenda redactar un TFM ou TFG.

 

Entidades organizadoras

Cátedra Jean Monnet Institucións e cidadáns europeos: Adaptar a UE aos retos da dixitalización (EICAEUD)

Páxina web do curso

https://cutt.ly/rwrg0OON

Información sobre o calendario (datas)

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 5
Número máximo de participantes 25

Destinatarios/as

Estudantado universitario interesado

Obxectivos

Obxectivos

Ademais de estimular a investigación en xeral, o obxectivo desta actividade consiste na presentación de posibles obxectos de estudo e investigación vinculados coa UE por parte daqueles estudantes de grao, mestrado ou doutoramento interesados na materia.

Condicións de acceso

Realización da inscrición

Criterios de selección

Orde de inscrición na plataforma Bubela

Calendario

Data: Mércores, 28 de xuño de 2023.

Horario: 16:30 a 19:30 h.

 

Programa

Contidos

  1. Achegamento xeral á UE
  2. De que se ocupa a UE? Posibles campos de investigación
  3. Fontes de información
  4. Estudantes e investigadores en contacto directo coa UE: bolsas e axudas

Modo de pagamento

De balde

Impartido en

Campus Remoto da UVigo.

Salón de Actos da Facultade de Xestión e Xestión Pública https://campusremotouvigo.gal/access/public/meeting/925276772

Titulación

Todas as titulacións da Universidade de Vigo

Profesorado

Prof. Celso Cancela Outeda

Sistema de avaliación

Asistencia ao 80% das sesións e entrega dunha tarefa titorizada

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos