Seminario Dixitalización, Servizos Públicos e a Unión Europea

Información do curso

Seminario Dixitalización, Servizos Públicos e a Unión Europea


Tipo Outros cursos
Código DSPUE
Nome Seminario Dixitalización, Servizos Públicos e a Unión Europea
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Virtual síncrona
Descrición

A dixitalización implica a conversión de obxectos físicos ou procesos analóxicos a formato dixital. É un proceso que afecta a empresas privadas e institucións públicas. Neste proceso tamén están inmersas as distintas administracións públicas. A aplicación das tecnoloxías dixitais supón o redeseño da xestión dos servizos públicos segundo unha serie de criterios (accesibilidade, eficacia, eficiencia, sustentabilidade, responsabilidade ética, igualdade, seguridade ou equidade...). Diferentes niveis de goberno (europeo, estatal e autonómico) puxeron en marcha iniciativas que promoven a dixitalización e que, ao mesmo tempo, xeran oportunidades e suscitan demandas políticas, sociais, organizativas ou legais.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986 801973
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Entidades organizadoras

Prof. Celso Cancela Outeda

Cátedra Jean Monnet Institucións e cidadáns europeos: Adaptar a UE aos retos da dixitalización (EICAEUD)

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 31/01/2023 11:32 - 13/02/2023 14:00
Período de docencia 13/02/2023 - 15/02/2023

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 25

Destinatarios/as

Estudantes universitarios, empregados públicos e interesados en xeral na materia de dixitalización dos servizos públicos.

Obxectivos

Ofrecer unha aproximación á dixitalización das administracións e servizos públicos

Aumentar as habilidades e competencias profesionais dos participantes.

Criterios de selección

Orde de realización da preinscrición en Bubela

Calendario

Datas: luns 13, martes 14 e mércores 15 de febreiro de 2023.

Horario: 16:00 a 18:30 h.

Programa

Presentación

  1. A dixitalización: política, economía e sociedade
  2. Políticas públicas no ámbito dixital
  3. Un caso práctico: políticas sociais e dixitalización. A inclusión social na era dixital

Modo de pagamento

Non requirido

Impartido en

Modalidade virtual síncrona a través do Campus Remoto da Universidade de Vigo

Observacións

Diploma de participación (acreditación de 10h.): requisito de asistencia ao 80% das sesións e entrega dunha tarefa práctica titorizada

Titulación

Rama xurídico-social

Profesorado

Prof. Celso Cancela Outeda, Área de Ciencia Política e da Administración, Universidade de Vigo

Profa. Mónica López Viso, Área de Ciencia Política e da Administración, Universidade de Vigo

Prof. Bruno González Cacheda, Área de Ciencia Política e da Administración, Universidade de Vigo

Sistema de avaliación

Entrega de tarefa práctica titorizada

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos