Edición sinxela de vídeo, son e publicación e difusión web

Información do curso

Edición sinxela de vídeo, son e publicación e difusión web


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPVI23
Nome Edición sinxela de vídeo, son e publicación e difusión web
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Virtual síncrona
Horas 20
Descrición

A actividade formativa busca fornecer ao profesorado de técnicas de produción de vídeo a través do emprego de ferramentas libres e recursos de publicación web da Universidade de Vigo.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

Este curso insírese dentro do Programa de Formación Permanente do Profesorado da Universidade de Vigo para o ano 2023.

Entidades organizadoras

Área de Formación e Innovación Educativa (Escola Aberta de Formación Permanente).

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 11/01/2023 12:00 - 30/01/2023 23:59
Período de docencia 01/02/2023 - 16/02/2023

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 30

Destinatarios/as

Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo. Terá prefencia o profesorado que estea no POD deste ano académico.
Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.

Obxectivos

  • Poñer en práctica técnicas relacionadas coa edición de vídeo.

  • Realizar pezas audiovisuais para colgar na web.

Condicións de acceso

Será necesario instalar o programa OBS:

  • Interfaz de usuario/a.
  • Configuración básica.
  • Creación de escenas e fontes.
  • Emprego dos periféricos (webcam, Smartphone, micrófono e auriculares/altofalantes).
  • Gravación, cámara virtual e streaming.

Criterios de selección

Por orde de preinscrición.

Calendario

O curso desenvolverase os días 1, 6, 8, 13 e 15 de febreiro de 16 a 20 horas.

Programa

1. Parámetros básicos da imaxe e son dixital.
2. Gravación, cámara virtual e streaming con OBS (Windows/Linux/iOS).
3. Edición e retoque de vídeo con Kdenlive (Windows/Linux/iOS).
4. Edición, captura e retoque de audio con Audacity (Windows/Linux/iOS).
5. Transcodificación e reproducción de vídeo con VLC.
6. Transcodificación e queimado de subtítulos con HandBrake.
7. Podcast con Audacity.
8. Plataformas web de publicación de vídeo e streaming.
9. Bancos de recursos audiovisuais (imaxes, vídeos, música e efectos son) libres, en liña.

Impartido en

Impartirase a través do Campus remoto.

Observacións

IMPORTANTE:

Segundo a directriz aprobada pola Comisión de Estudos Propios (CEP) do 26 de xullo de 2022:
“As persoas matriculadas nun curso poderán renunciar a el cunha antelación mínima de tres días hábiles da data de comezo do curso, para deste xeito permitir a asistencia a outra persoa que estea na listaxe de agarda.
No suposto de que a persoa non comunique a súa renuncia coa antelación indicada ou que asista a menos do 20% da formación, terá a menor prioridade de acceso aos cursos que se realicen nos seis meses posteriores, a non ser que presente unha causa xustificada da non asistencia.
De acordo coas características do curso establecerase un mecanismo de control da asistencia ou realización.”

Pode consultar máis información na seguinte ligazón.

Titulación

A superación desta actividade formativa será acreditada pola Vicerreitoría de Titulacións e Innovación Docente da Universidade de Vigo nun prazo de 15 días desde a súa finalización.

Profesorado

Luis Pena Morandeira

Licenciado en Comunicación Audiovisual e Publicidade e RR.PP. pola Universidade de Vigo. É responsable de produción en UVigo-TV. Ocúpase da dirección de persoal, da formación, xestión, compra, realización multicámara, edición, gravación ENG, PTZ e DSLR, son e produción de vídeo. Coordinou o servizo de videoconferencia da Universidade de Vigo, foi realizador para Canal Vía e operador de cámara.

Sistema de avaliación

Para a superación da actividade formativa será necesaria:

  • A asistencia ao 80 % das sesións virtuais síncronas.
  • A realización das tarefas do curso.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos