Introdución á Realidade Aumentada e Virtual en Educación

Información do curso

Introdución á Realidade Aumentada e Virtual en Educación


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPRA221
Nome Introdución á Realidade Aumentada e Virtual en Educación
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Virtual asíncrona
Horas 10
Descrición

A Realidade Virtual (RV) é unha contorna xerada a través das tecnoloxías para simular unha realidade e a Realidade Aumentada é un recurso tecnolóxico que ofrece experiencias interactivas ao alumnado combinando a dimensión virtual e física co emprego de dispositivos dixitais.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

Este curso insírese dentro do Programa de Formación Permanente do Profesorado da Universidade de Vigo para o ano 2022.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 12/05/2022 12:00 - 16/09/2022 23:59
Período de docencia 03/10/2022 - 03/11/2022

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 40

Destinatarios/as

Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo. Terá prefencia o profesorado que estea no POD deste ano académico.
Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.

Obxectivos

  • O obxectivo principal é achegar a realidade virtual e a realidade aumentada á aula universitaria, mediante unha aplicación correcta das TIC.

  • Coñecer a realidade aumentada e a realidade virtual como desde a xeración, deseño, innovación e pensamento.

  • Descubrir como estas ferramentas poden ser fonte de motivación e enriquecemento dos recursos para a aprendizaxe.

  • Coñecer áreas e momentos de aplicación na aula e fóra dela.

  • Proporcionar recursos ao profesorado para:

    • Crear Realidade Virtual baseada en fotos 360º.
    • Dotar de interactividade aos materiais de aula por medio da realidade aumentada.
    • Orientar e avaliar ao alumnado como creador de contido.
    • Fomentar o seu uso mediante dinámicas e propostas prácticas.

Criterios de selección

Por orde de preinscrición.

Calendario

O curso desenvolverase en modalidade virtual asíncrona do 3 de outubro ao 3 de novembro.
Terá unha sesión de presentación o día 3 de outubro de 18 a 20 horas.

Programa

  • Realidades estendidas: Concepto de realidade virtual e realidade aumentada (diferenzas e tipos).
  • Requisitos para visualizar RV e RA.
  • Posibles usos da  RV e  RA dentro e fose da aula.
  • Ferramentas para crear realidade virtual.
  • Ferramentas para crear realidade aumentada.

Impartido en

Desenvolverase na plataforma Moovi. A sesión de presentación desenvolverase a través do Campus virtual.

Profesorado

Raúl Santiago Campión

É doutor en Ciencias da Educación pola Universidade de Navarra e profesor titular da área de Didáctica e Organización Escolar da Universidad de La Rioja.

Escribiu e colaborou en libros coma:

The Flipped  Classroom: como converter a escola nun lugar de aprendizaxe.
Metodoloxías inductivas: O desafío de ensinar mediante o  cuestionamiento e os retos.
Tecnoloxía móbil e innovación en educación: novos retos e realidades na aula.
Learning Analytics: A narración da aprendizaxe a través dos datos.
The flipped  Classroom: 33 experiencias que poñen patas para arriba a aprendizaxe.
Aprender ao revés:  Flipped  Learning 3.0 e Metodoloxías  Indutivas na aula.

José Julián  Prieto

É licenciado en Historia pola Universidade de Navarra e posgrao en Dirección de Centros Escolares pola Universidade Autónoma de Madrid. É docente da ESO e Bacharelato no Colegio Santa Teresa de Pamplona e profesor axudante do Centro de Tecnoloxía Informática (C.T.I.) da Universidade de Navarra.

Impartiu máis de 60 formación sobre Flipped Learning, Aprendizaxe cooperativo, Popcast, Competencia dixital docente, Realidade Virtual e Aumentada e Avaliación.

Participou en libros como "Flipped Clasrrom 33 experiencias que ponen patas arriba el aprendizaje". De Raúl Santiago, Alicia Díez y Luis Andía. UOC 2017: "Aprender al revés": Flipped Learning 3.0 y metodologías activas en el aula" de Raúl Santiago y Jon Bergmann. Paidós 2018.

 

Sistema de avaliación

  • Asistencia a todo o curso.
  • Realización de exercicios e cuestionarios complementarios en cada tema.
  • Superación do cuestionario-test final de avaliación.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos