Atopa o teu curso

Información do curso

Microsoft Excel para a docencia (Avanzado)


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPEXAC22
Nome Microsoft Excel para a docencia (Avanzado)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Mixta (Presencial e virtual)
Horas 21
Descrición

A formación está dirixida ao profesorado que ou ben posúe coñecemento básico da ferramenta con anterioridade ou ben participou no curso de iniciación que serve de introdución a este.

Ao finalizar o curso os/as participantes na formación coñecerán en profundidade as posibilidades que lles ofrece Excel para a importación e o tratamento de datos: cadros de mando, importación desde fontes de datos externas, conexión a bases de datos remotas etc.

Ademais, introducirase o concepto e utilidade do modelo de datos, permitindo, entre outros, a creación de táboas e gráficos dinámicos de múltiples fontes ao mesmo tempo. Así mesmo, analizaranse as posibilidades que ofrece Excel no campo da estatística introducindo as principais ferramentas dispoñibles neste campo.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

Este curso insírese dentro do Programa de Formación Permanente do Profesorado da Universidade de Vigo para o ano 2022.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 28/04/2022 12:00 - 31/05/2022 23:59
Período de docencia 07/06/2022 - 28/06/2022

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 30

Destinatarios/as

Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo. Terá preferencia o profesorado que estea no POD deste ano académico.
Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.

Obxectivos

  • Ser quen de importar, filtrar e tratar información de diferentes fontes de datos.
  • Definir o modelo de datos de Excel e algúns dos seus principais casos de uso.
  • Describir as funcionalidade das táboas dinámicas de Excel.
  • Describir  as funcionalidades os gráficos dinámicos en Excel.
  • Analizar os gráficos 3D e a súa utilización con información xeolocalizada.
  • Analizar as ferramentas estatísticas que nos facilita a ferramenta.

Condicións de acceso

O alumnado deberá estar familiarizado con:
- Os conceptos de referencias relativas, mixtas e absolutas.
- O concepto e a diferenza entre un rango, unha táboa e unha táboa dinámica e os seus casos de uso principais.
- As funcionalidades básicas que ofrece Excel no campo da creación de gráficos.
- O uso xeral das funcións e o aniñamento destas.

Criterios de selección

Por orde de preinscrición.

Calendario

O curso desenvolverase en modalidade virtual síncrona a través do Campus remoto os días 7, 9, 14, 16, 21, 23 e 28 de xuño de 16 a 19 horas.

Programa

Tema 1: Táboas dinámicas avanzadas. Uso de múltiples fontes. Uso do modelo de datos.
Tema 2: Gráficos dinámicos avanzados. Creación de cadros de mando. Segmentación e  filtros comúns.
Tema 3: Outros tipos de gráficos. Gráficos con información xeolocalizada.
Tema 4: Importación, validación e tratamento de ficheiros de datos.
Tema 5: Conexión a diferentes fontes de datos: bases de datos, web, ficheiros  CSV etc.

Impartido en

Campus remoto e Moovi.

Observacións

Titorización:
O alumnado poderá formular as súas dúbidas por correo electrónico ao longo do curso e no caso de que algunha persoa necesite atención presencial establecerase unha sesión síncrona de titoría.

Titulación

A Vicerreitoría de Ordenación Académica e Profesorado emitirá un diploma ás persoas que superen a formación.

Profesorado

Guillermo Rey González

É doutor pola Universidade de Vigo e imparte docencia no Grao de Enxeñaría Espacial. Posúe ampla experiencia na impartición de cursos de formación sobre Excel: desde o programa eDestrezas, cursos de verán e formacións especializadas para departamentos e unidades da Universidade de Vigo.

Sistema de avaliación

  • Asistencia ao 80 % das sesións síncronas do curso.
  • Superación de catro exercicios prácticosnos que o alumnado amose a súa asimilación dos principais conceptos desenvolvidos.
  • Superación do cuestionario-test final de avaliación. Estará composto por 10 preguntas, con catro posibles respostas e unha correcta.
    O estudantado deberá obter un 7 en cada unha das probas para aprobar o curso.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos