Metodoloxías didácticas para a docencia virtual

Información do curso

Metodoloxías didácticas para a docencia virtual


Tipo Curso de formación do PDI
Código PDPPDID22
Nome Metodoloxías didácticas para a docencia virtual
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Virtual síncrona
Horas 15
Descrición

Os procesos de ensino e aprendizaxe co soporte plataformas en liña suscita actualmente un enorme interese entre o profesorado universitario.
Os/as docentes son conscientes da progresiva implantación e uso deste tipo de contornas dixitais para o ensino-aprendizaxe, que deberían ser percibidos como unha gran oportunidade para o desenvolvemento de competencias profesionais e académicas. As plataformas dixitais ou contornas virtuais de ensino e aprendizaxe requiren unhas competencias específicas para poder desenvolverse como docente e atender as necesidades do estudantado universitario actual. Este curso achega estratexias e ferramentas de deseño instrucional para a participación, comunicación, seguimento, moderación e avaliación, así como recursos metodolóxicos para ser aplicados nas contornas en liña. A finalidade do curso é que o profesorado poida observar oportunidades para desenvolver a súa competencia docente con mellores garantías nas contornas en liña.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

Este curso insírese dentro do Programa de Formación Permanente do Profesorado da Universidade de Vigo para o ano 2022.

Entidades organizadoras

Área de Formación e Innovación Educativa (Escola Aberta de Formación Permanente).

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 26/04/2022 12:00 - 13/05/2022 23:59
Período de docencia 24/05/2022 - 14/06/2022

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 25

Destinatarios/as

Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo. Terá prefencia o profesorado que estea no POD deste ano académico.
Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.

Obxectivos

  • Definir as características principais da docencia en contornas virtuais.
  • Detallar os recursos diversos para a mellora da docencia na súa modalidade virtual ou híbrida.
  • Analizar estratexias de participación, seguimento, orientación e avaliación usando ferramentas dixitais na contorna virtual de ensino e aprendizaxe.
  • Deseñar dinámicas e actividades poñendo en prácticas os recursos e estratexias anteriormente aprendidas en calquera das contornas docentes.

Criterios de selección

Por orde de preinscrición.

Calendario

O curso desenvolverase en modalidade virtual síncrona a través do Campus remoto os días 24, 31 de maio e 14 de xuño de 12 a 14 horas.

 

Programa

- Características da docencia en liña en contornas virtuais e híbridas.
- Estratexias para a mellora docente co uso de ferramentas e contornas dixitais.
- Estratexias e ferramentas para mellorar a participación, a atención e a motivación nas clases virtuais.
- Estratexias para mellorar as actividades didácticas de aprendizaxe individual e colaborativa mediante as posibilidades das contornas virtuais.
- Estratexias para mellorar a aprendizaxe activa en contornas en liña (gamificación, aula investidas, proxectos, casos etc.).
- A avaliación nunha contorna en liña. Estratexias e recursos de seguimento e avaliación do estudantado.

Impartido en

Campus remoto.

Profesorado

Guillermo Bautista Pérez

É doutor en Pedagoxía, profesor e investigador da Universitat Oberta Catalunya (UOC). Impartiu cursos de formación sobre a docencia virtual e híbrida en diferentes universidades nacionais e internacionais. É autor de diferentes libros e artigos sobre a materia. Entre eles pódese citar a publicación Didáctica Universitaria en Contornas Virtuais de Ensino e Aprendizaxe (Narcea Edicións).

Así mesmo, participa como investigador Grupo Smart Classroom Project (www.smartclassroomproject.com) e realiza asesoramento en diversos centros, concellos e institucións para mellorar os seus espazos de aprendizaxe.

Sistema de avaliación

  • Asistencia ao 80 % do curso.
  • Superación de tres actividades.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos