Deseño e creación de podcast educativos

Información do curso

Deseño e creación de podcast educativos


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPPR2POD22
Nome Deseño e creación de podcast educativos
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Virtual (síncrona e asíncrona)
Horas 20
Descrición

Este curso está orientado a descubrir e comprender as potencialidades do Podcast como ferramenta educativa. Ao longo do curso os participantes aprenderán a facer un guión, gravar os «audios» e montar e editar o seu propio podcast para compartir en servizos de distribución de podcasts ou nas ferramentas de teledocencia (Moodle, blog...).

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

Este curso insírese dentro do Programa de Formación Permanente do Profesorado da Universidade de Vigo para o ano 2022.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 19/04/2022 12:00 - 20/05/2022 23:59
Período de docencia 01/06/2022 - 30/06/2022

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 30

Destinatarios/as

Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo. Terá preferencia o profesorado que estea impartindo docencia no Grao de Dirección e Xestión Pública e despois que estea no POD deste ano académico.
Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.

Obxectivos

  • Coñecer as potencialidades dos podcast como ferramenta educativa.
  • Adquirir os coñecementos precisos para integrar con éxito as diversas tipoloxías de podcast na práctica docente tanto en modalidades de ensino presencial como virtuais e semipresenciais.
  • Deseñar, desenvolver e distribuir podcast empregando ferramentas e recursos accesibles tanto para o profesorado como para o alumnado.

Criterios de selección

Por orde de preinscrición.

Calendario

Do 1 ao 30 de xuño.

Programa

Módulo 1. Introdución
Unha aproximación ao concepto de podcast.
O emprego de podcast na academia. Da comunicación institucional á divulgación científica.
Os podcast como materiais para o ensino-aprendizaxe. Potencialidades.
Tipoloxías de podcast educativo.
Exemplos de podcasting no ensino universitario.

Módulo 2. Deseño de podcast educativo
Posibilidades de integración de podcast no deseño didáctico dunha materia.
Obxectivos.
Planificación.
Estrutura.
Guión. Escribir para escoitar.
Contidos.
Duración.

Módulo 3. Creación de podcast educativo
Ferramentas de gravación de audio.
Proceso de gravación.
Ferramentas de edición: Audacity, Garageband & Anchor.
Proceso de edición.

Módulo 4. Distribución
Repositorios de podcast.
Subir e distribuir podcast en ditas plataformas.
Integrar podcast en Moodle.

Impartido en

Moovi.

Observacións

Titorización:

Os venres de 10 a 11 horas desenvolveranse as sesións de titorías a través do Campus remoto. As titorías son optativas.

 

Titulación

A Vicerreitoría de Ordenación Académica e Profesorado emitirá un diploma ás persoas que superen a formación.

Profesorado

Teresa Piñeiro Otero

Profesora contratada doutora na Universidade da Coruña. Imparte docencia relacionada co son nas materias «Ambientación sonora e musical» e desenvolve grande parte da súa actividade académica ligada aos estudios radiofónicos e uso de voz e música en cine, videoxogos e outras estruturas narrativas.

 

Luis Xabier Martínez Rolán

Profesor Axudante doutor na Universidade de Vigo, especializado en comunicación dixital. Ten un podcast en activo chamado «Zona Wifi: Fóra de cobertura».

 

Sistema de avaliación

Superación das actividades de avaliación.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos