XORNADA DE FORMACIÓN SOBRE CAPTACIÓN DE RECURSOS FINANCEIROS NO EIDO DA COOPERACIÓN UNIVERSITARIA AO DESENVOLVEMENTO

Información do curso

XORNADA DE FORMACIÓN SOBRE CAPTACIÓN DE RECURSOS FINANCEIROS NO EIDO DA COOPERACIÓN UNIVERSITARIA AO DESENVOLVEMENTO


Tipo Actividades de Voluntariado e Cooperación
Código XFCRF-202201
Nome XORNADA DE FORMACIÓN SOBRE CAPTACIÓN DE RECURSOS FINANCEIROS NO EIDO DA COOPERACIÓN UNIVERSITARIA AO DESENVOLVEMENTO
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Virtual síncrona
Horas 3
Descrición

Curso organizado no marco das actividades da Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento (RGCUD) e destinado á Comunidade Universitaria das tres Universidades  do SUG. Neste curso proporcionaranse pautas de mellora na formulación de propostas de cooperación así como un panorama as principais convocatorias no eido da cooperación.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986 130261
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

Curso organizado no marco das actividades da Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento e destinado á Comunidade Universitaria das tres Universidades  do SUG. Neste curso proporcionaranse pautas de mellora na formulación de propostas de cooperación así como un panorama as principais convocatorias no eido da cooperación.

Presentación: A Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento RGCUD: Presentación programa de actividades para 2022.

1:Explicación das feblezas detectadas nas solicitudes presentadas ao abeiro das convocatoria de axudas e subvencións para a execución de proxectos no exterior e pautas para a mellora nas próximas formulacións en: Pertinencia, coherencia, financiamento, recursos humanos e técnicos, análise da entidade solicitante e contraparte local, poboación beneficiaria, viabilidade, complementariedade e incorporación dos enfoques transversais, adecuación e contribución aos principios da Declaración de París e aos ODS.

2: Convocatorias de subvencións existentes no eido autonómico, estatal e internacional para a Cooperación Universitaria ao desenvolvemento.

Entidades organizadoras

Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento RGCUD

Información sobre o calendario (datas)

Período de preinscrición 08/04/2022 00:00 - 25/04/2022 23:59
Período de matrícula 25/04/2022 10:58 - 26/04/2022 09:30
Período de docencia 26/04/2022 - 26/04/2022

Prazas e créditos

Número máximo de participantes 150
Créditos teóricos 0
Créditos prácticos 0

Destinatarios/as

Principalmente PAS e PDI involucrado en proxectos de cooperació ou con interese neste eido. Tamén poderán participar estudantes interesados/as nesta materia.

Obxectivos

Mellorar as capacidades en materia de cooperación no eido Universitario.

Condicións de acceso

Por orde de preinscrición.

Criterios de selección

Por orde de preinscrición.

Calendario

Martes 26 de abril de 10:00 a 13:00 horas.

Programa

Presentación: A Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento RGCUD: Presentación programa de actividades para 2022.

1:Explicación das feblezas detectadas nas solicitudes presentadas ao abeiro das convocatoria de axudas e subvencións para a execución de proxectos no exterior e pautas para a mellora nas próximas formulacións. 

2: Convocatorias de subvencións existentes no eido autonómico, estatal e internacional para a Cooperación Universitaria ao desenvolvemento.

Impartido en

Curso virtual síncrono

Realizado na aula virtual de Responsabilidade Social e Cooperación

https://campusremotouvigo.gal/access/public/meeting/535682276

O contrasinal de acceso será proporcinada unha vez confirmada a matrícula.

 

Profesorado

 

  • Virginia Romero Sobral Licenciada en CC Políticas e da Admón.

Máster en Acción Solidaria Internacional de Europa: Cooperación Internacional, Axuda Humanitaria e Migración, Asilo e Refuxio. Diploma de Estudos Avanzados en América Latina, e estudante de doutoramento en “Análise comparada dos modelos de formación en Cooperación internacional ao Desenvolvemento no Sistema Universitario Galego e a súa contribución real ao alcance da Axenda 2030 en Galicia”

Experta con mais de 20 anos de experiencia na identificación, formulación, xestión, xustificación e avaliación de programas e proxectos de cooperación ao desenvolvemento financiados pola Unión Europea, AECID, Xunta de Galicia e Fondo Galego de Cooperación (cooperación municipal) Ampla experiencia na prestación de servizos de avaliación ex-ante para a Subdirección Xeral de Cooperación Exterior da Xunta de Galicia, a -antiga- Obra Social Caixa Galicia, Concello de Santiago, etc.

  • Esther Rodríguez López. Licenciada en Dereito e Máster en Asuntos da Unión Europea.

Experta con mais de 20 anos de experiencia na identificación, formulación, xestión, xustificación e avaliación exante e ex-post de convenios, programas e proxectos de cooperación ao desenvolvemento financiados pola Unión Europea, BID, AECID, Xunta de Galicia e outros doantes. Ampla experiencia na prestación de servizos de avaliación ex-ante para a Subdirección Xeral de Cooperación Exterior da Xunta de Galicia, a –antiga- Obra Social Caixa Galicia, o Concello de Santiago e o Concello de Lugo e ex-post (múltiples doadores) de convocatorias públicas de subvencións dirixidas a ONGDs e outros axentes.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos