Técnicas de desenvolvemento intelectual

Información do curso

Técnicas de desenvolvemento intelectual


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPTEC221
Nome Técnicas de desenvolvemento intelectual
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Virtual síncrona
Horas 12
Descrición

Un dos problemas máis importantes aos que se enfronta o profesorado universitario consiste en promover o desenvolvemento das súas capacidades intelectuais e emocionais.
Neste curso proporciónanse as ferramentas precisas para desenvolver as capacidades mentais, e conseguir que o alumnado adapte a súa capacidade intelectual aos estudos superiores.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

Este curso insírese dentro do Programa de Formación Permanente do Profesorado da Universidade de Vigo para o ano 2022.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 08/04/2022 12:00 - 10/06/2022 23:59
Período de docencia 20/06/2022 - 28/06/2022

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 25

Destinatarios/as

Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo. Terá prefencia o profesorado que estea no POD deste ano académico.
Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.

Obxectivos

  • Utilizar técnicas concretas que contribúan a mellorar a aprendizaxe do profesorado e desenvolvemento intelectual do alumnado.
  • Potenciar as aptitudes mentais para aumentar a capacidade de razoamento e resolución de problemas na docencia.
  • Utilizar técnicas eficaces para aumentar a fluidez do pensamento aplicado a campos concretos de coñecemento intelectual.
  • Aplicar os coñecementos psicolóxicos actuais para facilitar o traballo intelectual, a potenciación da memoria e a xestión adecuada das nosas emocións.

Criterios de selección

Por orde de preinscrición.

Calendario

O curso desenvolverase en modalidade virtual síncrona os días 20, 21, 27 e 28 de xuño de 16 a 19 horas.

Programa

  1. Técnicas de aprendizaxe e desenvolvemento intelectual:
    - Métodos de aprendizaxe e desenvolvemento intelectual.
    - Concentración mental e capacidade de observación intelectual.
    - Optimización da memoria a curto, medio e longo prazo.
    - Asimilación intelectual e aprendizaxe de novos conceptos.
    - Novas técnicas de aprendizaxe mental e aplicacións intelectuais.
    - Taxonomía de Bloom e niveis de desenvolvemento mental na docencia.

  2. Técnicas de desenvolvemento persoal:
    - Motivación e actitude no estudo e reciclaxe profesional.
    - Desenvolvemento duns bos hábitos de traballo proactivo.
    - Control de emocións bloqueantes e intelixencia emocional.
    - Profesionalidade e consciencia das novas aprendizaxes.
    - Traballo intelectual cos compañeiros/as e traballo en equipo.
    - Curiosidade e desenvolvemento da capacidade de atención e observación.

    3. Métodos de optimización e xestión do tempo profesional:
    - Planificación de actividades a curto, medio e longo prazo.
    - Establecemento das prioridades e importancia das tarefas.
    - Distribución do tempo dispoñible e descansos mentais.
    - Optimización dos esforzos intelectuais para conseguir unha importante brillantez mental sen queimarse.
    - Niveis óptimos de activación mental en cada traballo e momento.

  3. Psicoloxía do traballo intelectual:
    - Novos estudos sobre a plasticidade e adaptación do noso cerebro.
    - A atención selectiva e a focalización mental.
    - Fluír para conseguir un rendemento mental óptimo.
    - Método de ancoraxe mental, primacía e recencia na aprendizaxe.
    - Emocións e regresión estatística segundo Daniel  Kahneman.
    - A aprendizaxe  socioemocional e desenvolvemento persoal.

Impartido en

A parte virtual síncrona desenvolverase no Campus remoto.

Profesorado

Ramiro Canal Martínez

Estudou Psicoloxía, Psicoloxía educativa e Psicoloxía empresarial pola UNED. É Experto en Planificación Estratéxica pola Universidade Complutense de Madrid, Experto en Xestión do Cambio Empresarial pola Harvard University e Dirección e Xestión de Centros Docentes pola Universidade de Zaragoza.

Ten experiencia en impartición de formación a profesorado universitario sobre competencias transversais.

Sistema de avaliación

  • Asistencia e participación no curso.
  • Superación dun cuestionario final composto por dez preguntas onde so unha é verdadeira. Haberá tres intentos para superar a proba e o aprobado será a partir do sete.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos