Atopa o teu curso

Información do curso

A neurociencia educativa na universidade I


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPNEE22
Nome A neurociencia educativa na universidade I
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Virtual síncrona
Horas 12
Descrición

A actividade formativa céntrase na comprensión e entendemento da neurociencia educativa nas aulas universitarias como unha realidade tendo presente a esencia cognitiva do cerebro do alumnado universitario. Desde a neuroeducación defínense todos os conceptos necesarios para comprender o mecanismo cognitivo da aprendizaxe e se aportan ferramentas básicas para poder implantar a neurodidáctica na aula universitaria. Isto axudará a que as persoas participantes adquiran competencias teórico-prácticas para dinamizar as súas clases.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

Este curso insírese dentro do Programa de Formación Permanente do Profesorado da Universidade de Vigo para o ano 2022.

Entidades organizadoras

Área de Formación e Innovación Educativa (Escola Aberta de Formación Permanente).

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 05/04/2022 12:00 - 29/04/2022 23:59
Período de docencia 06/05/2022 - 27/05/2022

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 25

Destinatarios/as

Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo. Terá preferencia o profesorado que estea no POD deste ano académico.
Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.

Obxectivos

  • Recoñecer o verdadeiro alcance da neurociencia educativa para a docencia universitaria.
  • Saber como aplicar a neuroeducación e neurodidáctica na aula universitaria.
  • Potenciar as capacidades e habilidades cognitivas do alumnado universitario por medio do deseño e aplicación de actividades baseadas na neuroeducación acordes a súa esencia cognitiva.
  • Dinamizar a aula universitaria de forma significativa para o seu alumnado.
  • Describir o concepto de neuroeducación desde a neurociencia educativa.
  • Analizar os compoñentes da aprendizaxe para saber por que aprendemos.
  • Detectar a neurodidáctica e saber ubicala na metodoloxía da aula universitaria.

Criterios de selección

Por orde de preinscrición.

Calendario

O curso desenvolverase en modalidade virtual síncrona os días 6, 13, 20 e 27 de maio de 16 a 19 horas.

Programa

  1. Definición de neuroeducación e neurociencia educativa: coñeces esta parella?
  2. O camiño da aprendizaxe desde a neuroeducación.
  3. Os compoñentes da aprendizaxe: partindo da emoción chegamos ao cerebro.
  4. Os tres alicerces da aprendizaxe: funcións executivas, atención e memoria.
  5. Defición e concepto de neurodidáctica.
  6. Unha realidade por acabar de descubrir: a neurodidáctica na aula universitaria.

Impartido en

Campus remoto.

Profesorado

María Luisa Regadera Pineda

É licenciada en Psicopedagoxía, posgraduada en Neuropsicoloxía e posgraduada en Rehabilitación Neurocognitiva.
Dirixe o Mestrado de Neuroeducación no Instituto Superior de Estudos Psicolóxicos (ISEP) e coordina a Delegación de Barcelona. Asimesmo, dirixe e coordina o Centro ISEP Clínic Mallorca.

Ten unha longa experiencia na avaliación e diagnóstico, tratamento e neurorehabilitación para a aprendizaxe e os seus trastornos.

Sistema de avaliación

  • Asistencia ao 80 % do curso.
  • Superar un cuestionario final de 10 preguntas.
  • Traballo voluntario: poderá presentarse unha actividade de aula orixinal que recolla todas as aprendizaxes do curso.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos