Iniciación á Terminoloxía e á Neoloxía

Información do curso

Iniciación á Terminoloxía e á Neoloxía


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPGALIN22
Nome Iniciación á Terminoloxía e á Neoloxía
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Virtual síncrona
Horas 20
Descrición

Na docencia e na investigación utilizamos termos especializados de áreas de coñecemento específicas e elaboramos glosarios ou, cando menos, definicións de conceptos especializados para introducir o alumnado nas disciplinas científicas. Facernos entender implica compartir información conceptual a través desas terminoloxías e definicións, que reflicten a complexidade do coñecemento en constante evolución. No noso labor diario enfrontámonos ás veces a vacilacións nas denominacións (varios termos para un mesmo concepto), a denominacións estranxeiras ou a un baleiro denominativo cando non existe un termo adecuado na lingua meta. Este curso pretende presentar as ferramentas e métodos para contribuír a solucionar estas dificultades desde a disciplina terminolóxica, a Terminografía e a Neoloxía.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

Este curso insírese dentro do Programa de Formación Permanente do Profesorado da Universidade de Vigo para o ano 2022.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 29/04/2022 12:00 - 27/05/2022 23:59
Período de docencia 30/05/2022 - 30/06/2022

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 35

Destinatarios/as

Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo. Terá preferencia o profesorado que estea no POD deste ano académico.
Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.

Obxectivos

  • Coñecer as principais fontes e consulta terminográfica: dicionarios, glosarios, léxicos, bancos de datos, etc.
  • Coñecer os métodos do traballo terminolóxico puntual e sistemático.
  • Aprender a elaborar definicións terminográficas de conceptos especializados e a compilalos en glosarios.
  • Activar a competencia instrumental no referido á Terminoloxía e á Neoloxía.

Criterios de selección

Por orde de preinscrición.

Calendario

Desenvolverase os días 30 de maio, 2, 9, 16, 23 e 30 de xuño de 16 a 19 horas. Quedarían por determinar dúas horas de titorización.

Programa

- Introdución á terminoloxía, terminografía e neoloxía
- Que é termo?  Principais problemas terminolóxicos
- Fontes documentais para a Terminoloxía e o seu rendemento: dicionarios, fichas terminográficas, definicións etc.
- Proceso de decisión terminolóxica: variación terminolóxica e neoloxismos
- Neoloxía e neoloxismos
- Terminoloxía puntual: elaboración de dossier terminográfico

Impartido en

A través do Campus remoto.

Observacións

Titorización:

A través do campus remoto nos días e horas que se sinalen.

Titulación

A  superación da actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo.

Profesorado

Iolanda Galanes Santos

Doutora en Filoloxía Galega (1999) con estudos de posgrao na Université de Laval (Quebec, Canadá) e posdoutorais no Observatoire linguistique Sens-Texte (Univ. de Montréal). Conta con experiencia profesional en tradución e como documentalista no Consello da Cultura Galega. Ademais de participar periodicamente en congresos e publicar artigos e monografías, é autora de varios dicionarios especializados e profesora titular de Terminoloxía e Tradución no Departamento de Tradución e Lingüística da Universidade de Vigo.

Sistema de avaliación

Será necesario asistir a polo menos o 80 % das sesións síncronas e desenvolver un proxecto terminolóxico.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos