Atopa o teu curso

Información do curso

Dúbidas e erros máis frecuentes en lingua galega na docencia


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPGALPRIN22
Nome Dúbidas e erros máis frecuentes en lingua galega na docencia
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Virtual (síncrona e asíncrona)
Horas 25
Descrición

Este curso está dirixido á comunidade docente e investigadora universitaria. Aclarará as principais dúbidas xurdidas durante a súa práctica profesional canto ao uso escrito e oral da lingua galega; incrementará a súa seguridade no uso do galego formal oral e escrito, e, consecuentemente, mellorará as súas competencias comunicativas nesta lingua.

Ademais,  achegará os recursos e coñecementos necesarios para que sexa capaz de detectar e resolver por si mesma as dúbidas lingüísticas fundamentais na súa práctica profesional.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

Este curso insírese dentro do Programa de Formación Permanente do Profesorado da Universidade de Vigo para o ano 2022.

Entidades organizadoras

Área de Normalización Lingüística e Área de Formación e Innovación Educativa (Escola Aberta de Formación Permanente).

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 04/04/2022 12:00 - 27/05/2022 23:59
Período de docencia 06/06/2022 - 11/07/2022

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 35

Destinatarios/as

Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo. Terá preferencia o profesorado que estea no POD deste ano académico.
Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.

Obxectivos

  • Achegar os coñecementos e materias precisos para resolver de xeito autónomo e independente calquera das dúbidas lingüísticas principais da lingua galega que poidan xurdir na praxe docente.
  • Achegar os coñecementos e recursos necesarios para poder detectar e corrixir de xeito autónomo e independente os erros lingüísticos orais e escritos xurdidos na praxe docente.
  • Sensibilizar á comunidade educativa sobre a necesidade do uso da norma estándar culta do galego fronte a outras variedades.

Condicións de acceso

Posuír un coñecemento previo en lingua galega medio, semellante a un CELGA 3 ou a un B2 do Marco europeo común de referencia para as linguas (MECRL) do Consello de Europa.

Criterios de selección

Por orde de preinscrición.

Calendario

Parte virtual asíncrona 1: do 6 de xuño ao 10 de xullo.
Proba final síncrona: 11 de xullo de 16 a 17 horas.
Traballo autónomo do alumnado: 24 horas.
Titorías ou sesións virtuais síncronas voluntarias (1 hora), que se poderían solicitar para ser realizadas nalgún dos días comprendidos entre:
- a semana do 20 ao 24 de xuño
- a semana  o 4 ao 8 de xullo

Programa

Unidade 1 – A acentuación e o acento diacrítico. (1 hora)
Unidade 2 – O xénero gramatical e a formación do plural (2 horas)
Unidade 3 – As principais dúbidas co artigo, os demostrativos e os posesivos. As contraccións (2 horas)
Unidade 4 – As principais dúbidas cos relativos, os numerais, os indefinidos, os exclamativos e os interrogativos (1 hora)
Unidade 5 – As principais dúbidas co pronome persoal (2 horas)
Unidade 6 – As principais dúbidas coas preposicións, coas conxuncións e coas comparativas (1 hora)
Unidade 7 – Usos e formas verbais erradas (2 horas)
Unidade 8 – Repaso dos contidos estudados (1 hora) 
Unidade 9 – Algunhas consideracións sobre os adverbios e os marcadores discursivos (1 hora)
Unidade 10 – As principais dúbidas ortotipográficas (3 horas) 
Unidade 11 – Cuestións léxicas (3  horas)
Unidade 12 – O rexistro culto na docencia I: os erros máis frecuentes na oralidade e recomendacións (1 hora)
Unidade 13 – O rexistro culto na docencia II: algunhas melloras na redacción e no estilo (1 hora)
Unidade 14 – O rexistro culto na docencia III: a linguaxe non discriminatoria (2 horas)
Unidade 15 – Repaso final dos contidos (2 horas)

Impartido en

A través da plataforma Moovi e do Campus virtual.

Observacións

Titorización:

Desenvolverase fundamentalmente mediante a corrección das tarefas e dos exercicios achegados mediante a plataforma Moovi.

Após a realización e corrección de cada unha das tarefas e exercicios, achegarase o solucionario correspondente para que o alumnado sexa capaz de exercitar o aprendido de xeito autónomo.

A(s) titoría(s) virtuai(s) síncrona(s) será(n) de carácter voluntario e será(n) impartida(s)s individualmente ou en grupo mediante o campus remoto, despois dun consenso da aula. A duración total das titorías individuais non superaría a hora por cada alumno/a. For individual ou for grupal, a(s) titoría(s) debería(n) ser realizada(s) nalgún dos días comprendidos entre:

  • a semana laboral do 20 ao 24 de xuño
  • a semana laboral do 4 ao 8 de xullo

Para poder solicitar e asistir á(s) titoría(s) será un requisito esencial ter as tarefas e exercicios ao día.

Titulación

A superación da actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo.

Profesorado

Luís López Alonso

Graduado en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios, mestrado en Lingüística Aplicada pola Universidade de Vigo e licenciado en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente, é docente dalgúns dos cursos ofertados pola Área de Normalización Lingüística e desenvolve o seu labor investigador no Departamento de Tradución e Lingüística Xeral da Facultade de Filoloxía e Tradución da UVigo.

Sistema de avaliación

Para poder presentarse a proba final é preciso entregar nos prazos prescritos a totalidade de tarefas e exercicios propostos. Estas entregas terán un valor porcentual dun 20 % da cualificación final.

A proba final síncrona terá un valor porcentual do 80 % da cualificación final.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos