Gamificación e Escape Rooms Educativos
Información do curso
Gamificación e Escape Rooms Educativos
Tipo | Curso de formación do PDI | ||||
Código | PFPPGA22 | ||||
Nome | Gamificación e Escape Rooms Educativos |
|
|||
Modalidade | Virtual síncrona | ||||
Horas | 15 | ||||
Descrición | A gamificación educativa é unha técnica docente para mellorar a motivación do alumnado no seu proceso de aprendizaxe. Non debe confundirse coa introdución de xogos na aula, pois é unha transformación máis fonda, que implica a aplicación de elementos, técnicas, mecánicas, ata deseño de xogos nunha contorna educativa. Unha destas técnicas é o Escape Room, que é un dos escenarios máis complexos de gamificación. Neste curso preténdese explicar estes conceptos, comprender o porqué gamificar e como facelo correctamente. Veranse tamén algunhas leccións aprendidas para entender que facer e que non facer para non cometer erros frecuentes á hora de implementar estas técnicas na aula. Combinaranse conceptos e sesións teóricas con outras máis prácticas e participativas. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986812035 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Descrición
Este curso insírese dentro do Programa de Formación Permanente do Profesorado da Universidade de Vigo para o ano 2022.
Entidades organizadoras
Área de Formación e Innovación Educativa (Escola Aberta de Formación Permanente).
Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 09/03/2022 12:00 - 26/05/2022 23:59 |
---|---|
Período de docencia | 06/06/2022 - 15/06/2022 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 10 |
---|---|
Número máximo de participantes | 30 |
Destinatarios/as
Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo. Terá preferencia o profesorado que estea no POD deste ano académico.
Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.
Obxectivos
- Describir as distintas técnicas de gamificación.
- Analizar as vantaxes de gamificar unha actividade ou materia.
- Aplicar técnicas de gamificación na docencia.
- Describir as técnicas para implantar un Escape Room Educativo.
Criterios de selección
Por orde de preinscrición.
Calendario
O curso desenvolverase os días 6, 8, 10, 13 e 15 de xuño de 10 a 13 horas.
Programa
- Que é a gamificación educativa.
- Por que gamificar a clase.
- Como aplicar a gamificación na aula.
- Leccións aprendidas: que facer e que non facer.
- Escape Room Educativo.
Impartido en
Campus remoto.
Profesorado
César Cáceres Taladriz
É profesor titular na Universidade Rey Juan Carlos, onde imparte docencia desde 2003 na ETSI Informática. Desde 2018 é Director do Centro de Innovación Docente e Educación Dixital (CIED) da devandita universidade.
Recibiu varios premios e recoñecementos ás súas propostas de innovación docente e impartiu varios cursos e seminarios en diversas universidades sobre flipped learning e sobre gamificación e Escape Rooms Educativos.
Sistema de avaliación
- Asistencia ao 80 % do curso.
- Deseño dun Escape Room Educativo.