Atopa o teu curso

Información do curso

Formación do profesorado universitario novel


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPFOR22
Nome Formación do profesorado universitario novel
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Virtual (síncrona e asíncrona)
Horas 70
Descrición

A actividade formativa está destinada para que o profesorado novel  mellore as súas competencias docentes relacionadas coas metodoloxías, recursos didácticos tecnolóxicos, comunicación, acción titorial e avaliación por competencias.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986 812 035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

O curso Formación do profesorado universitario novel (modalidade virtual) insírese dentro do Programa de Formación Permanente do PDI da Universidade de Vigo para o ano 2022. A actividade formativa está organizada pola Área de Formación e Innovación Educativa.

Entidades organizadoras

Área de Formación e Innovación Educativa (Escola Aberta de Formación Permanente).

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 18/03/2022 12:00 - 31/03/2022 23:59
Período de docencia 01/04/2022 - 30/07/2022

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 20
Número máximo de participantes 20

Destinatarios/as

Esta actividade está destinada fundamentalmente ao persoal investigador con carga docente e profesorado axudante e axudante doutor de recente incorporación.
Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.

Obxectivos

  • Comprender as competencias, coñecementos e habilidades necesarias para desenvolver a profesión docente universitaria.
  • Identificar as diferentes metodoloxías activas.
  • Xerar recursos didácticos co apoio da tecnoloxía.
  • Aplicar diferentes tipos de acción titorial.
  • Desenvolver unha comunicación educativa eficaz.
  • Avaliar por competencias.
  • Deseñar un recurso didáctico.

Criterios de selección

Por orde de preinscrición.

Calendario

Modalidade virtual asíncrona: desenvolverase do 1 de abril ao 26 de xullo.

Modalidade virtual síncrona: 22 e 23 de xuño de 10 a 12.30 horas e 28 de xuño e 14 de xullo de 16.30 a 20.30 horas.

 

Programa

  1. Coñecementos e competencias do profesorado universitario:
    -Aproximación conceptual segundo a lexislación vixente.
    -As competencias específicas disciplinares, profesionais e académicas.
    -As competencias transversais: instrumentais, persoais e sistemáticas.
    -Reflexionar e investigar sobre o ensino.

Docente: Margarita Pino Juste.
Duración:  5 horas. Modalidade virtual asíncrona.
Actividade de avaliación: Proba obxectiva de 10 ítems.
Do 1 ao 17 de abril.

  1. Deseño dun sistema metodolóxico:
    -As competencias na educación superior.
    -Determinación de obxectivos e resultados de aprendizaxe.
    -Os contidos curriculares: selección e secuenciación.
    -Definición da metodoloxía.
    -Actividades e recursos.
    -Avaliación.

    Docente: Margarita Pino Juste.
    Duración:  5 horas. Modalidade virtual asíncrona.
    Actividade de avaliación: Proba obxectiva de 10 ítems.
    Do 18 de abril 1 de maio.

  2. Metodoloxías activas e innovadoras na aula:
       -Vantaxes da utilización de metodoloxías activas na educación superior.
       -Aprendizaxe baseada en proxectos.
       -Técnicas de grupo.
       -Aprendizaxe cooperativa.
       -A dramatización.
       -Aprendizaxe-Servizo.

Docente: Margarita Pino Juste.
Duración:  5 horas. Modalidade virtual asíncrona.
Actividade de avaliación: Proba obxectiva de 10 ítems.
Do 2 ao 15 de maio.

  1. Recursos didácticos e apoia da tecnoloxía:
    -Tipoloxía de recursos didácticos.
    -Papel da tecnoloxía na formación universitaria.
    -Xestión e condicións para o aproveitamento dos recursos da aula.
    -Orientacións para o deseño de prácticas de aula.
    -Aproveitamento metodolóxico da plataforma de teledocencia.
    -Pautas para a avaliación de recursos educativos.
    -Funcionalidades, xestión e aproveitamento docente na Secretaría virtual.

    Docente: María Carmen Ricoy Lorenzo.
    Duración:  10 horas. Modalidade virtual asíncrona.
    Actividade de avaliación: Proba obxectiva de 10 ítems.
    Do 16 de maio ao 5 de xuño.

  2. Acción titorial:
    -Papel da titoría na universidade.
    -Modelos de titorización no contexto universitario.
    -O plan de acción titorial.
    -Metodoloxía das reunións do PAT.
    -Orientacións para o desenvolvemento das sesións de titoría.
    -Cuestións sobre a titoría que preocupan ao profesorado.

Docente: María Carmen Ricoy Lorenzo.
Duración:  5 horas. Modalidade virtual asíncrona.
Actividade de avaliación: Proba obxectiva de 10 ítems.
Do 6 ao 19 de xuño.

  1. Comunicación co alumnado e dinámicas de grupo:
    -Claves para unha comunicación educativa eficaz.
    -Ferramentas para acadar unha comunicación didáctica na aula.
    -A comunicación non verbal na aula.
    -Obstaculizar vs. favorecer a comunicación.
    -Dinámicas de grupo.

Docente: Fernando Melgosa.
Duración:  5 horas. Modalidade virtual síncrona.
Desenvolverase en modalidade virtual síncrona os días 20 e 23 de xuño de 10 a 12.30 horas.

  1. Avaliación por competencias:
    -Introdución.
    -Aclaración conceptual: avaliar e cualificar.
    -Tipos de avaliación: inicial, formativa e continua.
    -Técnicas e instrumentos de avaliación.
    -Procedementos de avaliación.

Docente: Margarita Pino Juste.
Duración:  5 horas. Modalidade virtual asíncrona.
Actividade de avaliación: Proba obxectiva de 10 ítems.
Do 20 ao 3 de xullo.

  1. Seminario práctico: Deseño dun recurso didáctico.
    -Orientacións para o deseño de recursos didácticos.
    -Pautas para a presentación e divulgación docente.
    -Outros medios de difusión do material didáctico.
    -Exposicións e debate (sesión presencial).
     
    Docente: María Carmen Ricoy Lorenzo.
    Duración: 30 horas. (8 horas de docencia virtual síncrona e 22 horas de traballo autónomo).
    Actividade de avaliación: elaboración dun recurso didáctico.
    Desenvolverase en modalidade virtual síncrona os días 28 de xuño e o 14 de xullo de 16.30 a 20.30.
    28 de xuño de 16.30 a 20.30 asistirán as persoas cuxos apelidos estean entre a A e a G.
    14 de xullo de 16.30 a 20.30 asistirán as persoas cuxos apelidos estean entre a H e a Z.

Impartido en

Moovi e Campus remoto.

Profesorado

Margarita Pino Juste

Catedrática do Departamento de Didáctica, Organización Escolar e Métodos de Investigación da Universidade de Vigo.

María del Carmen Ricoy

Profesora titular do Departamento de Didáctica, Organización Escolar e Métodos de Investigación da Universidade de Vigo.

Fernando J. Melgosa Rodríguez

Profesor do Departamento de Ciencias Históricas e Xeografía da Universidade de Burgos.

Sistema de avaliación

  • Asistencia ás sesións virtuais síncronas.
  • Superación dos cuestionarios de cada tema.
  • Superación da actividade final de elaboración dun recurso didáctico.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos