Atopa o teu curso

Información do curso

Trucos e boas prácticas na elaboración de documentos dixitais


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPCITRU22
Nome Trucos e boas prácticas na elaboración de documentos dixitais
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Virtual asíncrona
Horas 24
Descrición

LibreOffice é OpenOffice son proxectos licenciados en software libre, e están dispoñibles de balde para seren descargados en varias plataformas. Neste curso poderás atopar apuntes, vídeos e exercicios para aprender a dominar edición de documentos de texto.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

Este curso insírese dentro do Programa de Formación Permanente do Profesorado da Universidade de Vigo para o ano 2022.

Entidades organizadoras

Consorcio para o desenvolvemento de aplicación para a xestión universitaria (CIXUG).

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 17/02/2022 12:00 - 06/05/2022 23:59
Período de docencia 30/05/2022 - 30/06/2022

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 1
Número máximo de participantes 5

Destinatarios/as

Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo. Terá prefencia o profesorado que estea no POD deste ano académico.
Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.

Obxectivos

  • Ser quen de empregar as Suites Ofimáticas.
  • Empregar os atallos de teclado.
  • Xerar documentos enriquecidos.
  • Personalizar LibreOffice.
  • Instalar as extensións.

Criterios de selección

Por orde de preinscrición.

Calendario

O curso desenvolverase en modalidade virtual asíncrona a través do campus do CIXUG do 30 de maio ao 30 de xuño.

Programa

1. Introdución:
   - Software Libre e software non libre.
   - Cultura Libre e Creative Commons.
   - Obter recursos libres.
   - Formatos estándares.
   - Ofimática: paquetes ofimáticos.
   - Contorna de traballo do Sistema Operativo.

2. Creación dixital de documentos enriquecidos:
   - Estilos e formateado.
   - Modelos.
   - Tipografías e fontes libres.
   - Referencias bibliográficas.
   - Exportar a PDF de calidade.
   - Trucos e bos costumes.

3. Configuración e personalización de LibreOffice:
   - Configuración.
   - Personalizar.

4. Extensións:
   - Descarga de extensións.
   - Xestor de extensións.
   - Extensións engadidas por defecto.
   - Máis extensións.

Impartido en

Plataforma do CIXUG.

Observacións

Desenvolveranse videoconferencias voluntarias de aproximadamente dunha hora de duración nas que poder formular e solucionar dúbidas.

Profesorado

Óscar Fernández Carballo

É enxeñeiro Informático con ampla experiencia como relator e docente TIC a todos os niveis educativos. Creatividade, entusiasmo, entrega, planificación e unha correcta preparación didáctica son a base dos eventos impartidos.

Experiencia na coordinación de grupos, eventos e proxectos. Elaboración e direcciónde  multitude de cursos, relatoiros e obradoiros (ofimática, deseño gráfico, robótica, programación...…).

Sistema de avaliación

Cada un dos temas consta dunha parte teórica, onde se detallan os procedementos para traballar coas diferentes opcións de Writer. Ao final de cada tema hai unha proba de autoavaliación.

A plataforma mide o tempo de conexión de cada participante, criterio que será tido en conta:
- Participación (10 horas de conexión como mínimo).
- Avaliación continua, mediante realización de exercicios, consultas nos foros etc...
- Posibilidade dunha proba final.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos