Publicacións dixitais profesionais: deseño, autoedición, maquetación e diagramación con Scribus

Información do curso

Publicacións dixitais profesionais: deseño, autoedición, maquetación e diagramación con Scribus


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPCISC22
Nome Publicacións dixitais profesionais: deseño, autoedición, maquetación e diagramación con Scribus
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Virtual asíncrona
Horas 24
Descrición

Scribus é un programa multiplataforma de maquetación, atópase dispoñible e de balde para ser descargado na seguinte URL https://www.scribus.net/downloads/stable-branch/ liberado baixo a licenza GNU GPL de software libre. Nesta formación atoparanse apuntes, vídeos e exercicios para aprender e comezar a dominar a maquetación.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

Este curso insírese dentro do Programa de Formación Permanente do Profesorado da Universidade de Vigo para o ano 2022.

Entidades organizadoras

Consorcio para o desenvolvemento de aplicación para a xestión universitaria (CIXUG).

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 17/02/2022 12:00 - 06/05/2022 23:59
Período de docencia 23/05/2022 - 23/06/2022

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 1
Número máximo de participantes 5

Destinatarios/as

Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo. Terá prefencia o profesorado que estea no POD deste ano académico.
Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.

Obxectivos

  • Enumerar distintos tipos de software DTP (Publicación de escritorio e autoedición).
  • Manexar a contorna do Scribus.
  • Aplicar coñecementos de maquetación avanzada.
  • Exportar traballos en distintos formatos.

Criterios de selección

Por orde de preinscrición.

Calendario

O curso desenvolverase en modalidade virtual asíncrona a través do campus do CIXUG do 23 de maio ao 23 de xuño.

Programa

1. Introdución ao curso:
   - Software Libre e software non libre.
   - Cultura Libre e Creative Commons.
   - Obter recursos libres.
   - Formatos estándares.
   - Software DTP.

 2. Introdución a Scribus:
    - Espazo de traballo.
    - Configurar un novo documento.
    - Ferramentas de texto.
    - Inserción básica de imaxes.
    - Inserción de texto doutros documentos.
    - Estilos de parágrafos.
    - Xestión de ficheiros e do proxectos.
    - Inserción de novas páxinas.
    - Configuración básica da contorna.
    - Menús contextuais.
    - Panel de propiedades.
    - Control do fluxo de textos.
    - Historial de accións.
    - Traballo con capas.
    - Formas xeométricas.

3. Maquetación avanzada:
    - Esquema.
    - Aliñar e distribuír.
    - Ordenado de páxinas.
    - Medidas.
    - Álbum de recortes.
    - Formas complexas.
    - Guías e táboas de maquetación.
    - Editor interno e estilos.
    - Modelos de traballo.
    - Xestión da cor.
    - Creación de índices.
    - Configuración avanzada.
    - Formularios.

 4. Finalización e entrega:
    - Recolección para a saída.
    - Exportación a PDF.
    - Exportación a formatos de imaxe.
    - Exportación a outros formatos.
    - Opcións avanzadas de impresión.

Impartido en

Plataforma do CIXUG.

Observacións

Desenvolveranse videoconferencias voluntarias de aproximadamente dunha hora de duración nas que poder formular e solucionar dúbidas.

Profesorado

Óscar Fernández Carballo

É enxeñeiro Informático con ampla experiencia como relator e docente TIC a todos os niveis educativos. Creatividade, entusiasmo, entrega, planificación e unha correcta preparación didáctica son a base dos eventos impartidos.

Experiencia na coordinación de grupos, eventos e proxectos. Elaboración e direcciónde  multitude de cursos, relatoiros e obradoiros (ofimática, deseño gráfico, robótica, programación...…).

Sistema de avaliación

Cada un dos temas consta dunha parte teórica, onde se detallan os procedementos para traballar coas diferentes opcións de Scribus. Ao final de cada tema hai unha proba de autoavaliación.

A plataforma mide o tempo de conexión de cada participante, criterio que será tido en conta:
- Participación (10 horas de conexión como mínimo).
- Avaliación continua, mediante realización de exercicios, consultas nos foros etc...
- Posibilidade dunha proba final.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos