Atopa o teu curso

Información do curso

Iniciación a GNU Octave


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPCIOC22
Nome Iniciación a GNU Octave
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Virtual asíncrona
Horas 24
Descrición

GNU Octave e un software liberado baixo unha licenza libre. Considérase unha alternativa real ás distintas solucións privativas utilizadas na realización de estudos de cálculo numérico. O curso vai dende a instalación de Octave, ata o manexo de datos, creación de gráficos, ou a instalación de librerías e complementos.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

Este curso insírese dentro do Programa de Formación Permanente do Profesorado da Universidade de Vigo para o ano 2022.

Entidades organizadoras

Consorcio para o desenvolvemento de aplicación para a xestión universitaria (CIXUG).

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 17/02/2022 12:00 - 06/05/2022 23:59
Período de docencia 30/05/2022 - 30/06/2022

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 1
Número máximo de participantes 5

Destinatarios/as

Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo. Terá prefencia o profesorado que estea no POD deste ano académico.
Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.

Obxectivos

  • Manexar datos.
  • Crear gráficos.
  • Elaborar scripts.
  • Facer operacións con ficheiros.
  • Instalar complementos.

Criterios de selección

Por orde de preinscrición.

Calendario

O curso desenvolverase en modalidade virtual asíncrona a través do campus do CIXUG do 30 de maio ao 30 de xuño.

 

Programa

  1. Comezando con GNU Octave.
    - Introdución.
    - Que é GNU Octave?
    - Instalación.

  2. Operacións básicas:
    -Tipos de datos.
    -Variables.
    - Estrutura de datos (matrices e vectores).

  3. Programación:
    - Condicións, bifurcacións e bucles.
    - Funcións e scripts.
    - Operacións con ficheiros.
  4. Gráficos:
    - 2D.
    - 3D.

  5. Complementos e librarías.

  6. GNU Octave avanzado.

Impartido en

Plataforma do CIXUG.

Observacións

Desenvolveranse videoconferencias voluntarias de aproximadamente dunha hora de duración nas que poder formular e solucionar dúbidas.

Profesorado

Miguel Ángel Rodríguez Muíños

Técnico Informático da Dirección Xeral de Saúde Pública da Xunta de Galicia.
É formador con ampla experiencia en software científico e de análise de datos. É membro fundador da Comunidade R-Hispano (Asociación de usuarios/as de R de España)e
das Xornadas de Usuarios de R en Galicia; e administra  R-Help-es (listaxe de correo de R en castelán).
Tamén coordina o Proxecto EpiLinux (distribución científica de Linux) e do Proxecto BioStatFLOSS (recompilación de software libre de uso bioestatístico).

Sistema de avaliación

Cada un dos temas consta dunha parte teórica, onde se detallan os procedementos para traballar coas diferentes opcións de GNU Octave. Ao final de cada tema hai unha proba de autoavaliación. E ao final do curso existe unha proba final.

A plataforma mide o tempo de conexión de cada participante, criterio que será tido en conta á hora da avaliación final:
   - Participación (10 horas de conexión como mínimo) – 10 %.
   - Probas de autoavaliación por tema – 60 %.
   - Proba final – 30 %.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos