LibreOffice Calc Avanzado

Información do curso

LibreOffice Calc Avanzado


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPCICAL22
Nome LibreOffice Calc Avanzado
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Virtual asíncrona
Horas 24
Descrición

Un dominio profesional da folla de cálculo require afondar nos temas que se tratan no curso de Iniciación a Calc, así como adquirir novas habilidades en ferramentas para a análise de datos e dominar as ferramentas gráficas que ofrece LibreOffice en todos os programas que integran a suite ofimática.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

Este curso insírese dentro do Programa de Formación Permanente do Profesorado da Universidade de Vigo para o ano 2022.

Entidades organizadoras

Consorcio para o desenvolvemento de aplicación para a xestión universitaria (CIXUG).

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 17/02/2022 12:00 - 06/05/2022 23:59
Período de docencia 23/05/2022 - 23/06/2022

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 1
Número máximo de participantes 5

Destinatarios/as

Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo. Terá prefencia o profesorado que estea no POD deste ano académico.
Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.

Obxectivos

  • Definir e modificar os estilos de cela para aplicar formatos con elegancia e produtividade.
  • Aplicar nomes de intervalos de celas.
  • Elixir os diferentes tipos de funcións segundo as necesidades.
  • Combinar diferentes funcións nunha fórmula.
  • Empregar os formatos condicionais para a mellora da presentación de valores.
  • Planificar proxeccións de datos a través do “solucionador”.
  • Elaborar táboas dinámicas para analizar e resumir grandes cantidades de datos.
  • Dominar diferentes tipos de protección de datos.

Criterios de selección

Por orde de preinscrición.

Calendario

O curso desenvolverase en modalidade virtual asíncrona a través do campus do CIXUG do 23 de maio ao 23 de xuño.

Programa

  1. Traballo con estilos.

  2. Formulación avanzada:
    - Uso de asistentes.
    - Funcións CONTARSE e SUMARSE.
        - Funcións de cálculo con datas.
        - Funcións de texto.
        - Función SE.
        - Función PROCV.
        - Referencia  mixtas.

  3. Formatos condicionais:
    - Estilos de cela.
    - Iconas, barras de datos e escala de cores.
        - Baseado en fórmulas.

  4. Táboas dinámicas:
    - Creación de táboas dinámicas.
    - Modificación de táboas dinámicas.
        - Agrupación de datos en táboas dinámicas.
  5. Protección de documentos.

  6. Traballar con hipóteses.

Impartido en

Plataforma do CIXUG.

Observacións

Na formación en liña teráse acceso aos contidos teóricos e laboratorios prácticos. Os laboratorios poderán visualizarse a través das sesións gravadas e que as persoas participantes poderán replicar nos seus equipos.

Para o acceso aos contidos, as persoas  participantes deben dispoñer dun navegador web e conexión a Internet. Para poder realizar as entregas de exercicios é necesario contar cun acceso a unha instalación de LibreOffice Calc, versión 6.3 ou superior. Ademais, é aconsellable ter configurada a interface en lingua galega.

Desenvolveranse videoconferencias voluntarias de aproximadamente dunha hora de duración nas que poder formular e solucionar dúbidas.

Profesorado

Rafael Rodríguez Gayoso

É enxeñeiro en Informática pola Universidade da Coruña. Foi coordinador da Oficina de Software Libre (OSL) no período 2013-25. Na actualidade é coordinador de proxectos no Consorcio para o desenvolvemento de aplicacións de xestión universitaria de Galicia (CIXUG).

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos