Atopa o teu curso

Información do curso

DIDÁCTICA DA FICCIÓN E CREACIÓN LITERARIA


Tipo Diplomado de curso Avanzado de Posgrao
Código DCAP1052201
Nome DIDÁCTICA DA FICCIÓN E CREACIÓN LITERARIA
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Información de contacto:  
 · Teléfono 988387146 / 636694616
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Entidades organizadoras

Ana Iglesias Álvarez

Información sobre o calendario (datas)

Período de preinscrición 01/02/2022 00:00 - 31/08/2022 23:59
Período de matrícula 01/03/2022 00:00 - 02/09/2022 23:59
Período de docencia 05/09/2022 - 21/11/2022

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 22
Número máximo de participantes 35
Créditos teóricos 4
Créditos prácticos 4
Créditos ECTS 8

Destinatarios/as

1. Persoas que cumpran os requisitos de acceso ao título de mestrado propio (artigo 26 do Regulamento dos
Programas de Formación Permanente da Uvigo).
2. Persoas que teñan superado un mínimo de 120 créditos ECTS nunha titulación universitaria oficial dentro
do EEES.

Obxectivos

1. Comprender os trazos da literatura e a súa singularidade como forma específica de coñecemento.
2. Identificar e saber empregar os elementos estruturais da narrativa.
3. Exercitarse no recoñecemento do subtexto na ficción e en calquera discurso escrito.
4. Apreciar a dialéctica entre tradición e renovación no discurso narrativo.
5. Valorar o xénero do conto literario.
6. Adquirir ou recuperar o pracer da escritura como expresión creativa.
7. Contrastar o propio punto de vista co dos outros diante da mensaxe literaria.

Condicións de acceso

1. Membros da comunidade universitaria que teñan superado un mínimo de 120 créditos ECTS.
2. Graduados universitarios.

Criterios de selección

1. Estudantes e graduados do Campus de Ourense
2. Estudantes e graduados pola universidade de Vigo.
3. Estudantes e graduados doutras universidades.

As persoas aceptadas por orde de preinscrición poderán facer a matrícula unha vez aberto o prazo.

A fin de que non queden prazas libres, se unha vez feita a matrícula non se fai o pagamento correspondente no prazo de sete días hábiles, a dirección do curso pode anular esa matrícula impagada e dar entrada a outra persoa preinscrita.

As persoas que non poidan facer o curso debido a que haxa máis solicitudes que prazas, poden enviar un correo a ramong@uvigo.es para que se teña en conta a súa preferencia nunha edición posterior deste curso de posgrao.

Calendario

Duración do Curso: do 5 de setembro ao 21 de novembro de 2022
Días: luns, martes e mércores.
Horario: de 19 a 21,30 h.

Titorías:
Días: xoves 8 e 22 de setembro e 6 e 20 de outubro
Horario: de 19 a 21,30 h.


Programa

MÓDULOS TEÓRICOS:
A literatura. Elementos narrativos. Temas, motivos e estilos literarios.
A singularidade da linguaxe literaria.
As formas naturais de literatura.
Elementos estruturais da narrativa 1: argumento, trama, modalización, enfoque.
Elementos estruturais da narrativa 2: personaxes.
Elementos estruturais da narrativa 3: o espazo e o tempo.
Elementos estruturais da narrativa 4: narración, descrición e diálogo.
Elementos estruturais da narrativa 5: visibilidade e construción dunha escena.
Elementos estruturais da narrativa 6: figuras retóricas e estilo.
Revisión inicial e revisión final dun texto literario
O mundo medieval e o mito.
Narración e ideoloxía. A visión da historia no espello do relato.
A eficaz plasmación das emocións no texto narrativo.
O engado do misterio como motivo literario.
O conto realista como forma de autocoñecemento.
Parodia, ironía e intertextualidade.
A radiografía social no texto narrativo.
A irrupción do elemento fantástico na narrativa

Didáctica da narración e creatividade
O retrato, a descrición, análise de retratos e descricións no conto e na novela.
O diálogo, a transformación, análise do diálogo e a transformación na novela.
A ligazón de recordos, a experiencia.
Comentario de textos narrativos que recollen a ligazón de recordos e a experiencia.
O relato a partir de palabras clave.
Análise de relatos breves a partir de palabras clave.
Comentario de personaxes e conflitos nas novelas.
Creación de conflitos e creación de personaxes.
Análise de relatos marabillosos, fantásticos e realistas.
MÓDULOS PRÁCTICOS:
Práctica da creación literaria
Práctica da creación literaria 1: o retrato.
Práctica da creación literaria 2: a descrición.
Práctica da creación literaria 3: o diálogo.
Práctica da creación literaria 4: a transformación.
Práctica da creación literaria 5: a ligazón dos recordos.
Práctica da creación literaria 6: a experiencia.
Práctica da creación literaria 7: o relato a partir de palabras clave.
Práctica da creación literaria 8: a creación de conflitos e personaxes.
Práctica da creación literaria 9: a construción de relatos marabillosos e fantásticos.
Práctica da creación literaria 10: a construción de relatos realistas.

Lectura, corrección e comentarios de exercicios narrativos
Creación a partir da singularidade da voz narradora. (I)
Creación a partir da singularidade da voz narradora. (II)
Creación a partir da contextualización do relato. Tempo, espazo e ambientación. (I)
Creación a partir da contextualización do relato. Tempo, espazo e ambientación. (II)
Creación a partir do conflito. Punto de xiro. (I)
Creación a partir do conflito. Punto de xiro. (II)
Creación a partir dos personaxes: caracterización directa e indirecta. O diálogo. (I)
Creación a partir dos personaxes: caracterización directa e indirecta. O diálogo. (II).
A Revisión: comentario e avaliación dos textos elaborados. Lectura en voz alta (I).
A Revisión: comentario e avaliación dos textos elaborados. Lectura en voz alta (II).

Modo de pagamento

O pagamento dos prezos públicos efectuarase a través da plataforma Bubela mediante tarxeta bancaria:

- Matrícula curso completo (tarifa xeral): 75 Euros

- Matrícula curso completo (comunidade alumni): 67.50 Euros

Para poder obter o desconto “ALUMNI”, é necesario que se rexistren no seguinte enlace: https://alumni.webs.uvigo.es/register/ 

- Matrícula curso completo (desempregados): 63.75 Euros. Debe enviar a acreditación da situación de desemprego a prezospublicos@uvigo.gal

- Matrícula curso completo (comunidad universitaria): 63.75 Euros

Observacións

1. O curso ten carácter presencial.
2. Levarase a cabo online mentres siga sendo obrigatorio o uso de máscara nas aulas, se ben pode celebrarse algunha sesión na Facultade, se o estima oportuno algún dos docentes, . En caso de que cese a obriga antes mencionada, o Curso celebraríase nunha aula da Facultade de Educación e Traballo social do Campus de Ourense.
3. Para a obtención do diploma requírense as seguintes condicións:
a) asistencia dun mínimo do 85% das clases.
b) o regular cumprimento dos puntos 1. e 2. descritos na Avaliación, así como o punto 3 alí indicado: elaboración dun relato breve (2 folios por unha cara) que debe enviarse en PDF o máis tardar o día 16 de novembro de 2022 de acordo cos protocolos de presentación que se lles darán por escrito aos asistentes (tipo de letra, interliñado, xustificación, sangrado, etc.).

Titulación

A  superación dos estudos dará dereito a obter o  diploma de "Curso avanzado de posgrao pola Universidade de Vigo"

Sistema de avaliación

1. Constatación das lecturas diarias dos textos breves que previamente se porán a disposición dos asistentes para o seguimento das clases.
2. Creación de textos breves elaborados polos participantes para as sesións prácticas.
3. Presentación dun relato breve (2 folios por unha cara) o día 16 de novembro de 2022.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos