Atopa o teu curso

Información do curso

Elaboración de documentos accesibles para alumnado cego


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPAAP22AU
Nome Elaboración de documentos accesibles para alumnado cego
  Non está habilitada a opción de preinscrición en liña para este curso.
Modalidade Virtual asíncrona
Descrición

Este curso insírese dentro do Programa de Autoformación do Profesorado da Universidade de Vigo. Nesta fase de proba a superación dos cursos non suporá a emisión dun diploma acreditativo. Máis adiante, establecerase un sistema de avaliación presencial das formacións e a superación conlevará a obtención dun diploma.

Acceso ao curso: https://moovi.uvigo.gal/course/view.php?id=9488

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

Esta formación breve proporciona os recursos básicos para crear documentos accesibles para o alumnado cego. Deste xeito, o profesorado poderá elaborar materiais docentes accesibles.

Entidades organizadoras

Área de Formación e Innovación Educativa (Escola Aberta de Formación Permanente)

Destinatarios/as

Esta actividade está destinada exclusivamente ao profesorado da Universidade de Vigo que estea no POD do ano académico 2021-22.

Obxectivos

  • Formar ao profesorado no uso de documentos accesibles a persoas cegas nas aulas.
  • Sensibilizar á comunidade educativa sobre as necesidades específicas do estudantado cego.

Programa

1. Procesadores de texto:

  • Vista de documentos.
  • Tipos de letra e tamaños.
  • ingua dos documentos.
  • Táboas.
  • Texto alternativo en imaxes.
  • Uso de columnas.
  • Uso da tipografía negra, itálica e subliñado.
  • Uso de información baseada en cores.

2. Follas de cálculo:

  • Creación de cadros uniformes.
  • Distribución de datos nun libro.
  • Combinación de celas.
  • Creación dun índice.

3. Presentacións en PowerPoint:

  • Orde de lectura dun revisor de pantalla.
  • Texto alternativo en imaxes.

4. Arquivos pdf:

  • Como crear documentos pdf accesibles.
  • Conversión de texto a son.

Profesorado

O material do curso foi elaborado por Pablo Vilariño Otero. É Enxeñeiro en informática de xestión pola UNED, realizou formación en técnicas especializadas en tiflotecnoloxía e braille para persoas con discapacidade visual e traballa como instrutor en tiflotecnoloxía e braille no Centro de Recursos Educativos da ONCE en Pontevedra desde 2016.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos