Atopa o teu curso

Información do curso

Aulas virtuais para uso docente 1


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPAAP22MOO
Nome Aulas virtuais para uso docente 1
  Non está habilitada a opción de preinscrición en liña para este curso.
Modalidade Virtual síncrona
Descrición

Este curso insírese dentro do Programa de Autoformación do Profesorado da Universidade de Vigo. Nesta fase de proba a superación dos cursos non suporá a emisión dun diploma acreditativo. Máis adiante, establecerase un sistema de avaliación presencial das formacións e a superación conlevará a obtención dun diploma.

Acceso ao curso: https://moovi.uvigo.gal/course/view.php?id=9391

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

O uso das aulas virtuales constitúe un importante recurso de apoio á docencia presencial, semipresencial ou en liña, sendo o espazo a través do que o profesorado deseña a súa docencia, facilita materiais e actividades aos seus alumnos, ademais de comunicarse e realizar avaliacións. Este curso aborda cuestións básicas sobre a configuración e xestión dun aula virtual para uso docente.

Pola súa condición de software libre, Moodle está en constante actualización. Neste curso traballaremos coas versións dispoñibles na Universidade, que son a 3.8 en Campus Remoto e a 3.9 en MooVi. Para participar neste curso non se requiren coñecementos previos, xa que se trata dun curso que empeza cos coñecementos básicos sobre Moodle e que che permitirá ir avanzando a conceptos máis avanzados para lograr configurar un aula virtual con fins docentes, colgar ou enlazar contidos, configurar actividades e corrixilas, ou xestionar a comunicación cos alumnos/as.

Entidades organizadoras

Área de Formación e Innovación Educativa

Escola Aberta de Formación Permanente

Destinatarios/as

Esta actividade está destinada exclusivamente ao profesorado da Universidade de Vigo que estea no POD do ano académico 2021-22.

Obxectivos

  • Coñecer os aspectos claves no deseño e creación dun curso en Moodle.
  • Coñecer a distintos niveis, ata dominar, as ferramentas de creación de contido máis utilizadas en Moodle.
  • Coñecer a distintos niveis, ata dominar, os distintos tipos de actividades máis utilizadas en Moodle.
  • Aprender a avaliar mediante Moodle e empregar axeitadamente o libro de cualificacións.

Programa

  • Primeiros pasos.
  • Introdución aos recursos e actividades en Moodle.
  • Emprego dos grupos.
  • O libro de cualificacións:
    - Categorías e elementos.
    - Copia, exportación e importación de cursos.
  • Repositorio arquivos.
  • O editor HTML.

Profesorado

O material do curso foi elaborado por José Carlos López Ardao.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos