Metodoloxías PBL e Design Thinking e avaliación con rúbricas (Presencial)

Información do curso

Metodoloxías PBL e Design Thinking e avaliación con rúbricas (Presencial)


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPPBL22
Nome Metodoloxías PBL e Design Thinking e avaliación con rúbricas (Presencial)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 20
Descrición

A utilización de metodoloxías activas no ensino superior responde á necesidade de implicar e responsabilizar ao estudantado no seu proceso de aprendizaxe.

Fundamentalmente útiles determináronse as metodoloxías: a Aprendizaxe Baseada en Proxectos ou Problemas (PBL) e o denominado Design Thinking xa que permiten que o alumnado busque, analice e estruture de forma crítica, construtiva e innovadora as respostas a un problema real.

Estas metodoloxías permiten organizar o proceso de ensino-aprendizaxe combinando o necesario traballo individual do alumnado co traballo colaborativo para a consecución das diferentes competencias descritas nas diferentes materias. A súa eficacia radica fundamentalmente no aumento da motivación do alumnado ao ter que aplicar os coñecementos adquiridos a problemas reais da súa futura actividade laboral.

Os/as docentes da formación posúen anos de experiencia aplicando estas metodoloxías tamén tratarán sobre como se avalía a través dunha rúbrica. Esta é unha ferramenta de avaliación obxectiva que facilita a aprendizaxe do alumnado e do profesorado.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

Este curso insírese dentro do Programa de Formación Permanente do Profesorado da Universidade de Vigo para o ano 2022.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 10/03/2022 12:00 - 06/05/2022 23:59
Período de docencia 23/05/2022 - 30/05/2022

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 20

Destinatarios/as

Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo. Terá prefencia o profesorado que estea no POD deste ano académico.
Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.

Obxectivos

  • Recoñecer e diferenciar as principais características das metodoloxías  PBL e  Design  Thinking.
  • Deseñar un proceso didáctico para implantar estas metodoloxías na educación superior.
  • Aplicar as rúbricas como instrumento de avaliación.

Criterios de selección

Por orde de preinscrición.

Calendario

Parte presencial:  23, 25 e 30 de maio de 16 a 20 horas.
Traballo autónomo: 4 horas.
Titorías a través do Campus remoto: 4 horas a elixir co alumnado.

Programa

  • Aprendizaxe Baseada en Proxectos (PBL):
    - En que consiste a PBL?
    - Definición de obxectivos.
    - Implementación do PBL na aula. Formulación do proxecto.

  • Design Thinking:
    - En que consiste o Design Thinking?
    - Exemplo práctico de Design Thinking.
    - Implantación na aula do Design Thinking, simplificación do modelo.
    - Pautas para realizar as presentacións.
    - Avaliacións dos traballos: rúbricas, avaliacións interpares, exames etc.

Impartido en

Sala 4 do edificio Miralles do Campus de Vigo.

Profesorado

Margarita Pino Juste

É catedrática do Departamento de Didáctica, Organización Escolar e Métodos de Investigación da Universidade de Vigo.
A súa ampla traxectoria profesional conta coa participación en numeroso proxectos coma ACTIVATE sobre Diseño y evaluación de proyectos por competencias para la mejora de habilidades cognitivas y Psicomotoras, Aprendizaje-Servicio y empleabilidad de los/as estudiantes universitarios/as en España: competencias para la inserción laboral, Escuelas que caminan hacia la inclusión educativa, trabajar con la comunidad local, la voz del alumnado y el apoyo educativo para promover el cambio. A elaboración de libros como  Diseño y desarrollo del curriculum, Organización de centros educativos en la sociedad del conocimiento, Diseño y evaluación de programas educativos en el ámbito social, Neuroeducación o las nuevas coordenadas del éxito educativo, Metodologías activas como clave en los procesos de innovación en la escuela ou Competencia para ejercer una ciudadanía activa y comprometida. E a presentación de múltiples comunicacións a congresos.


José Antonio Alonso Rodríguez

É profesor titular do Departamento de Deseño na Enxeñaría da Universidade de Vigo.  Coordina o Grupo de Innovación Docente ReD-IS (Red Educativa Docente Innovación en la Sociedad). Ten un Mestrado en Lingua e Comunicación nos Negocios. Ten experiencia traballando con metodoloxías de Aprendizaxe Baseada en Proxectos (PBL), Design Thinking e outras técnicas de innovación educativa.

José Luis González Cespón

É profesor titular do Departamento de Deseño na Enxeñaría da Universidade de Vigo.  Participa no Grupo de Innovación Docente ReD-IS (Red Educativa Docente Innovación en la Sociedad). Ten experiencia traballando con metodoloxías de Aprendizaxe Baseada en Proxectos (PBL), Design Thinking e outras técnicas de innovación educativa.

Lucía Díaz Vilariño

É posdoutoral Xunta de Galicia Modalidade B na Área de Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría da Universidade de Vigo. Participa no Grupo de Innovación Docente ReD-IS (Red Educativa Docente Innovación en la Sociedad). Ten experiencia traballando con metodoloxías de Aprendizaxe Baseada en Proxectos (PBL), Design Thinking e outras técnicas de innovación educativa.

Sistema de avaliación

  • Requerirase un mínimo de asistencia do 80 %. 
  • Realización de todos os traballos propostos.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos